Acordo do goberno vilagarcián co BNG para aprobar os orzamentos, que ascenden a 41,6...

Vilagarcía sacará adiante os seus orzamentos para este 2026 grazas a un acordo entre o goberno local e o BNG. As contas ascenden a 41,6 millóns de euros, máis dun 5% máis que o ano pasado. Inclúen un préstamo de 4 millóns de euros. No capítulo de investimentos salienta unha partida de 1,2 millóns de euros para a compra dunha parcela para a construción dunha residencia e centro de día. O alcalde fala dos presupostos máis ambiciosos da historia da cidade.

O 30% das vivendas públicas de Marxión serán para persoas de entre 36 e...

O 30% das dez vivendas públicas que se van construír en Marxión, en Vilagarcía, serán para persoas de entre 36 e 45 anos con fillos. Tamén se reserva outro 25% para menores de 36 anos. Avanzouno dende a propia parcela a conselleira de Vivenda. Este mércores saíron a licitación as obras destes fogares, que se van construír nunha parcela cedida polo concello. Conta cun investimento próximo aos dous millóns de euros.

O Salnés pon o foco na desestacionalización turística cun foro especializado

A Mancomunidade organiza o vindeiro luns en Sanxenxo un foro centrado na estratexia a seguir para seguir atraendo visitantes á comarca fóra da tempada alta. O programa inclúe catro mesas con temáticas clave para O Salnés: Xacobeo 2027, Turismo Deportivo, Turismo Náutico e Enogastronomía. O foro estará conducido polo xornalista Pedro Piqueras. Das 80 prazas dispoñibles xa se cubriron a metade.

O Hospital do Salnés cumpre 25 anos convertido nun referente asistencial

O Hospital do Salnés celebrou por todo o algo o seu cuarto de século de historia. O auditorio de Vilagarcía acolleu o acto conmemorativo, que congregou a numerosos representantes institucionais, entre eles o presidente da Xunta Alfonso Rueda, e veciñais da comarca. Dende a área sanitaria puxeron en valor o traballo realizado polos profesionais do centro nestes 25, converténdoo nun referente asistencial.

Seguimento masivo na segunda xornada de folga no sector do metal na provincia de...

Segunda das seis xornadas de folga no sector do metal na provincia de Pontevedra, reclamando melloras no seu convenio. Os sindicatos falan dun seguimento practicamente do 100%, como no primeiro dos paros o pasado xoves. A terceira xornada de folga está prevista para este xoves.

Santa Rita 2026 en Vilagarcía: concerto homenaxe a Alejandro Sanz e as orquestras Kubo...

Santa Rita 2026 en Vilagarcía. As festas prolongaranse do 21 ao 24 de maio. Verbenas, a Feira Celta, actividades para a rapazada e propostas deportivas compoñen a programación deste ano. Na parte musical destaca unha homenaxe a Alejandro Sanz da man de Fran Valenzuela e as actuacións das orquestras Kubo ou Capitol.

O BNG esixe unha ‘folla de ruta’ para asinar co goberno vilagarcián un novo...

O BNG de Vilagarcía condiciona o seu apoio aos orzamentos de 2026 a que o goberno local deseñe unha folla de ruta que garanta o cumprimento dos acordos co goberno local. Os nacionalistas din que algunhas das súas achegas en anos anteriores non rematan de materializarse, polo que instan aos socialistas a que se recolla por escrito un calendario cos distintos proxectos e obras.

50.000 euros para a rehabilitación da balaustrada e posta a punto do paseo do...

Portos de Galicia executa, por fin, a recuperación da balaustrada do paseo de Vilaxoán. Trátase dunha vella demanda dos veciños da zona, que levan anos denunciando o mal estado da contorna da praia do Preguntoiro. A actuación, cun orzamento de 50.000 euros, inclúe a posta a punto do paseo de titularidade de Portos, reparando danos na beirarrúa e repoñendo o mobiliaroi urbano.

Primeira xornada de folga no metal da provincia de Pontevedra cun seguimento masivo

A folga do metal paraliza o sector. Os sindicatos apuntan que o seguimento desta xornada de paro foi practicamente total en toda a provincia de Pontevedra. En Vilagarcía, a manifestación reclamando melloras no seu convenio atravesou a cidade. Houbo tamén outra marcha en Pontevedra e piquetes en empresas de varios municipios da zona.

O Ruedo, dez anos de boa gastronomía que conquistaron Vilagarcía

Sardiñas, música e un gran reencontro con clientes e amizades de toda a vida. Deste xeito celebrou o asador O Ruedo, en Vilagarcía, o seu décimo aniversario. Nesta década, este local soubo facerse cun nome propio na cidade, en especial, polo seu bo facer co polbo. Outro dos seus pratos fortes son as carnes de vacún, que dende hai dez anos atraen ao Ruedo aos padais máis esixentes de Vilagarcía e a contorna.

REDES SOCIAIS

40,800FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete