A FGCN reivindica os logros sociais na loita contra a droga na súa XXIII...
Vixésimo terceira edición da Gala Anual da Fundación Galega contra o Narcotráfico. Unha iniciativa que recoñece o labor de persoas e entidades contra esta lacra. A cita vai ser o vindeiro venres, nun acto no que tamén se entregarán os premios do segundo certame de relatos xuvenís Contos do Camiño. A parte musical virá da man de Cantos da Terra.
A rapazada do cole Sagrada Familia ponse mans á obra cunha recollida de microplásticos...
Xornada de limpeza da praia da Compostela, de Vilagarcía. A rapazada do colexio Sagrada Familia levou a cabo este mércores unha gran recollida de microplásticos. O alumnado está moi concienciado con esta problemática, que ten graves consecuencias para o medio mariño. Este centro, por certo, acaba de entrar nas Escolas Azuis da Unión Europea, en recoñecemento aos seus proxectos medioambientais.
Concentración da CIG en Vilagarcía para denunciar o incremento das listas de agarda
Xubilados e pensionistas da CIG concentráronse este mércores ante o centro de saúde de Vilagarcía en defensa da sanidade pública. Denuncian o incremento das listas de espera, en especial na atención primaria. Apuntan que un doente non pode agardar mais de 15 días para unha simple consulta. O colectivo mantén en marcha un calendario de mobilizacións e tamén unha recollida de sinaturas.
A Mancomunidade do Salnés quere impulsar o turismo de caravanas nos concellos do interior...
A Mancomunidade do Salnés quere darlle un impulso ao turismo de autocaravanas. O organismo comarcal acaba de presentar un plan para crear áreas nos concellos do interior. A idea é desconxestionar os municipios costeiros fomentando este tipo de turismo en concellos como Meis, Ribadumia ou Meaño. Segundo os cálculos da Mancomunidade precisaríanse unhas 300 prazas para dar resposta a toda a demanda.
Yolanda Díaz chama a Feijóo ‘vasalo de Vox’ na clausura do Congreso de UPTA...
A vicepresidenta segunda do goberno clausurou este mércores en Vilagarcía o Congreso Nacional de Relevo Xeracional organizado por UPTA. Yolanda Díaz reivindicou a necesidade deste foro na procura de solucións a un problema real. Entre as medidas que defenderon, a regularización das persoas migrantes que, entenden, permitirá garantir a continuidade de negocios e postos de traballo.
Batalla co seguro do Sergas por unha neglixencia médica que provocou un dano cerebral...
Daniel é un veciño de Vilagarcía que leva máis dun ano loitando para que o seu pai teña unhas condicións de vida dignas despois de sufrir unha neglixencia médica. Ingresou no Montecelo por unha pancreatite e alí administráronlle metamizol, un medicamento ao que é alérxico tal como figuraba no seu historial. Sufriu unha parada cardiorrespiratoria e quedou en coma. As consecuencias foron tremendas: dano cerebral con deterioro cognitivo e tetraparesia. Agora a súa familia enfróntase a unha batalla co seguro ao que reclaman 1,5 millóns de euros.
Vilagarcía, punto de encontro na procura de solucións ao reto da remuda xeracional dos...
Autónomos de toda España déronse cita este martes en Vilagarcía no II Congreso Nacional de Relevo Xeracional. Trátase dun foro impulsado por UPTA no que axentes sociais, representantes institucionais e expertos puxeron sobre a mesa solucións ante o reto da remuda de emprego autónomo e a continuidade dos negocios. No congreso abordáronse cuestións clave como a formación, a empregabilidade no rural ou políticas públicas para garantir a continuidade do traballo autónomo.
A rapazada da ría de Arousa dille ‘si’ ao deporte e ‘non’ ás drogas
Uns 250 mozos e mozas de Vilagarcía, Cambados, A Illa, Vilanova e Rianxo participaron este venres no Panos Brancos contra a droga. Trátase dunha iniciativa da Fundación Galega contra o Narcotráfico que busca atraer á rapazada cara a hábitos de vida saudable. Neste caso, fomentando deportes como o baloncesto, o atletismo ou o voleibol.
Unha asesoría externa realizará unha auditoría enerxética en Vilagarcía para promover o aforro
VILAGARCÍA> Vilagarcía quere seguir avanzando na eficiencia enerxética. O concello acaba de contratar unha asesoría externa para realizar unha auditoría que promova o aforro...
Concentración en Vilagarcía para reivindicar o dereito a unha vivenda digna
A convocatoria parte da Plataforma Galega Vivenda Xa, que reclama que concellos como o vilagarcián tomen medidas facilitar o acceso a un fogar. Demandan, por exemplo, unha suba do IBI ás vivendas baleiras, a solicitude á Xunta da declaración de zona tensionada, máis control sobre as vivendas de uso turístico ou aumentar a oferta de solo para a construción de vivenda pública.


















