A segunda feira máis grande de España de maquinaria vitivinícola vaise celebrar en Vilagarcía

O Salón Vintec terá lugar no mes de outubro en Fexdega, coa previsión de reunir máis de 300 expositores de España, Portugal, Italia e Francia. O evento complétase con charlas, xornadas técnicas e unha zona de catas.

A Deputación de Pontevedra cifra en máis de 87 millóns de euros o...

A Deputación de Pontevedra cifra en máis de 87 millóns de euros o seu investimento en servizos e infraestruturas do Salnés e Caldas. Dende o goberno provincial salientan o apoio a Vilagarcía, o municipio máis beneficiado dos 16 destas dúas comarcas. Para a capital do Salnés destináronse no que vai de mandato 9 millóns de euros. O presidente provincial destaca tamén o investimento de 14 millóns de euros na rede viaria provincial nestas dúas comarcas.

O futuro Centro Loxístico Multiservizos do Salnés estará operativo antes de que remate o...

A Mancomunidade do Salnés ten preparado xa o proxecto para a reforma do que será o futuro Centro Loxístico Multiservizos. Trátase dunha infraestrutura estratéxica para a comarca que aglutinará distintos servizos mancomunados, como o parque de maquinaria ou espazos formativos. A transformación desta nave, situada no polígono de Sete Pías, está orzamentada en 600.000 euros. O organismo comarcal acaba de conseguir unha axuda da Xunta pola metade dese importe.

As confrarías de Arousa piden a declaración da ría como zona catastrófica

As confrarías da ría de Arousa piden a declaración de zona catastrófica ante a elevada mortaldade que está a sufrir o marisco. Os pósitos alertan da situación extrema na que se atopa o sector. Mesmo que esta crise mesmo pode levar ao peche de algunhas das confrarías da ría, á perda dos permex ou ao abandono da actividade marisqueira. Piden medidas estruturais, como a regulación do baleirado dos encoros ou un plan para a rexeneración. Ademais, demandan axudas directas a confrarías e a mariscadores. Tenden a man á administración central e galega na procura de solucións que salven o sector.

O BNG reclama ‘medidas estruturais’ para frear a crise da mortaldade de marisco na...

O BNG levou xa ao Parlamento Galego as súas propostas para paliar a crise da mortaldade do marisco na ría de Arousa. Ademais de axudas inmediatas para o sector, os nacionalistas piden medidas estruturais. Entre elas, estudos que determinen as causas da perda da produtividade, como o cambio climático ou a contaminación; e unha norma que regule o baleirado dos encoros. Este luns, os nacionalistas mantiveron unha xuntanza con representantes da confraría de Carril.

‘Alimenta un Comelixo’ en Vilagarcía para fomentar a separación de residuos

Vilagarcía anima á veciñanza a alimentar un comelixo. O concello pon en marcha unha nova campaña para fomentar a separación de residuos. Salientan que na cidade cada vez se recicla máis e mellor, pero que cómpre seguir dando pasos. Destacan a importancia de separar o lixo para evitar que os custes suban, porque -lembran- as novas normas penalizan todo o lixo que chega mesturado a Sogama.

Rescatadas dúas persoas ao declararse un indencio nun piso do centro de Vilagarcía

Unha muller tivo que ser evacuada ao Hospital do Salnés logo de declararse un lume na súa vivenda. A vítima foi rescatada nun balcón polos efectivos de emerxencia. Tamén foi evacuada outra persoa doutro dos pisos do inmoble. Todo apunta que o incendio se declarou nun cadro eléctrico, provocando unha gran cantidade de fume.

As obras do centro de saúde de Vilagarcía recuperan o ritmo trala sucesión de...

Avanzan a bo ritmo as obras do novo centro de saúde de Vilagarcía. Esta mañá recibiron a visita do conselleiro de Sanidade, a súa homóloga de Infraestruturas, o alcalde da vila e varios concelleiros da corporación. Os traballos xa están a pleno rendemento, despois de que a sucesión de temporais afectara á súa planificación. Así as cousas, está previsto que a infraestrutura entre en funcionamento o vindeiro ano.

A Deputación saca peito dos seus ‘investimentos municipalistas’ en Vilagarcía

A Deputación destaca a súa aposta en investimentos en Vilagarcía con dous proxectos que obtiveron 120.000 € de recursos provinciais. Trátase da ampliación da rede de abastecemento e saneamento en Muíños de Cea, financida con fondos do +Provincia, e a instalación dunha nova pista desmontable en Fexdega, cunha achega do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Este xoves visitou esas dúas actuacións o deputado Javier Tourís xunto con membros do goberno local.

Cifran en case 60 millóns de euros as perdas económicas do marisqueo na ría...

Pois seguimos falando do futuro da ría de Arousa. A Plataforma en Defensa da Ría advirte que as perdas económicas do marisqueo nos últimos cinco anos acadan os 59 millóns de euros, sen ter en conta o IPC. Xunto con confrarías e agrupacións de mariscadoras e mexilloeiros, o colectivo lamenta a falta de políticas de saneamento e rexeneración por parte da Xunta. Cargan contra o goberno galego pola súa inacción e por impulsar 'proxectos nocivos' para a ría.

REDES SOCIAIS

40,800FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete