A Deputación da Coruña entrega os Premios PEL 2026

A Deputación da Coruña entregou esta pasada fin de semana os Premios PEL 2026. Os galardóns, cos que a institución provincial premia cada ano o talento, a innovación e a capacidade de xerar emprego, foron para Nubeiro Labs, Que pasa na Costa, Enzicas Bio, Queizuar e Frouma Atlantic Wood, esta última de Ribeira.

Ribadumia, referente na defensa dos dereitos das persoas LGBTIQ+ coa Ruada das Gotas

Ribadumia volveu marchar de ruada para darlle visibilidade ao colectivo LGBTIQ+ tamén no rural. A asociación Gotas organizou un ano máis un completo programa de actividades para reivindicar a diversidade afectiva, sexual e de xénero. Durante toda a fin de semana o municipio acolleu a Ruada das Gotas.

‘Xoves abertos’ da man de Zona Aberta para gozar de solpores musicias en Vilagarcía

Os Xoves abertos encherán de música Vilagarcía. O colectivo de comerciantes e hostaleiros Zona Aberta impulsa este ciclo de actuacións en varios puntos da cidade. O obxectivo é dinamizar as rúas do municipio con actuacións ao solpor. Ademais, en cada un dos cinco xoves que vai durar o programa haberá un sorteo dun pack de experiencias entre todos os tickets de compra.

A Xunta reclama ao ministerio que o mildeu se inclúa nas enfermidades subvencionables polos...

A Consellería do Medio Rural solicita ao Ministerio de Agricultura que inclúa o mildeu nas enfermidades subvencionables polos seguros agrarios. Anunciouno a conselleira nun viñedo de Ribadumia, estragado hai uns meses por unha treboada. María José Gómez destacou a importancia de que os viticultores protexan as súas producións das inclemencias meteorolóxicas. O goberno galego acaba de ampliar as axudas a estes seguros, acadando os 11 millóns de euros, para fomentar a contratación de pólizas agrarias.

A Asociación de Xubilados de Boiro acusa ó alcalde de querer boicotear o seu...

A Asociación de Xubilados e Pensionistas de Boiro acusa ó alcalde, Xosé Ramón Romero, de querer boicotear o seu proxecto de construción da residencia. Unha actuación para eles prioritaria e que veñen demandando dende hai tempo. Dende o colectivo insístenlle ó rexedor que faga cumprir o acordo plenario de maio de 2020 no que se aprobou a posta a disposición da Xunta dos terreos necesarios para a construción desta infraestrutura, na zona da Cachada.

O exexecutivo di que defenderá os intereses do Concello nas reclamacións por SBC

A oposición ribeirense non obtivo o froito agardado e quedouse soa no pleno extraordinario celebrado esta mañá, no que pretendía pedir explicacións ó equipo de goberno pola situación administrativa e xudicial derivada da licenza outorgada no seu día á gasolineira de SBC, en Xarás, que acabou co derrube da mesma por mandato xudicial. O BNG, o PSOE e o grupo de Non Adscritos, que foron os grupos que forzaron a convocatoria deste pleno, acusaron ó executivo local de querer ocultar á veciñanza as consecuencias legais, e tamén económicas, que terá para o Concello, con reclamacións que roldarían os preto dos catro millóns de euros.

A Illa instala lectores de matrículas no Bao para que as autocaravanas cumpran co...

O concello da Illa toma medidas para que se cumpran as normas da área de autocaravanas do Bao. Na zona acaban de instalar lectores de matrículas para contolar que ningún destes vehículos supere o máximo de 24 horas de estacionamento. Este novo sistema permite axilizar o traballo que ata o de agora viña facendo a Policía Local que, día a día, revisaban de forma presencial que se estivesen cumprindo as normas.

Ofensiva institucional do BNG para que Sanxenxo e O Grove conten cunha ambulancia medicalizada...

Un verán máis a ambulancia medicalizada con base no hospital do Salnés trasladarase a Sanxenxo. O BNG volve cargar contra esta medida que, consideran, pon en risco a saúde da veciñanza de boa parte da comarca. Advirten que con este cambio de localización, os tempos de resposta multiplícanse, afectando en especial a municipios como Vilagarcía, Catoira, Cambados ou A Illa. Piden que o hospital manteña a ambulancia e que se dote a Sanxenxo e O Grove dunha segunda unidade medicalizada.

Sanxenxo celebra a súa Primeira Gala de Turismo

O pazo de Quintáns acolleu a primeira Gala de Turismo de Sanxenxo

Sanxenxo recoñece o compromiso do sector coa calidade e a sostibilidade na primeira Gala...

O pazo de Quintáns acolleu o acto na que 55 establecementos e entidades recolleron o seu distintivo Sicted. Na gala tamén se fixo entrega dos premios da décimo quinta edición do Degusta Tapas cos que, por vez primeira, se distinguiron os establecementos e petiscos gañadores.

REDES SOCIAIS

40,929FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete