O artista Miguelanxo Prado ilustra a nova vidreira do teito do Mercado de Abastos...

O teito do Mercado de Abastos de Pontevedra converterase nunha obra de arte. A segunda capa proxectada polo concello para mellorar o illamento do edificio será unha gran vidreira artística deseñada por Miguelanxo Prado. Estará composta por máis de 500 pezas cun tamaño de 10 por 20 metros, simulando o fondo do mar.

Vilagarcía faise coa Casa dos Duques de Terranova co obxectivo de crear unha residencia...

VILAGARCIA> Vilagarcía anuncia a compra da Casa dos Duques de Terranova para convertela nunha residencia ou centro de día. O alcalde confirma que hai...

O BNG da Barbanza leva ó Parlamento as deficiencias na nova concesión do transporte...

O BNG da Barbanza recolle o malestar xeneralizado da veciñanza da comarca trala entrada en vigor hai menos dunha semana da nova concesión do transporte público a Monbus. Os nacionalistas denuncian as graves deficiencias detectadas no servizo e xa anuncian que rexistrarán unha iniciativa no Parlamento Galego para esixir á Xunta a reposición inmediata das frecuencias que foron eliminadas.

Avanzan no proxecto do colector de José Malvar, a obra chamada a paliar as...

O concello de Pontevedra avanza no proxecto para instalar o novo colector de pluviais da rúa José Malvar. O goberno local ultima os trámites desta intervención que, aseguran, contribuirá a paliar as inundacións en Fernando Olmedo e na súa contorna. Supón un investimento aproximado de 2 millóns de euros.

A robótica colaborativa gaña peso nas empresas do Salnés

Unha vintena de alumnos aprende estes días en Ribadumia a manexar robots colaborativos, os coñecidos como cobots. Trátase dun curso formativo que está a impulsar a Mancomunidade do Salnés dentro do seu Programa Integrado de Emprego. O obradoiro permítelle ao alumnado adquirir destrezas para mellorar a súa competitividade, preparándose para a súa incorporación a un mercado laboral no que cada vez están máis presentes este tipo de tecnoloxías.

A protectora Moura denuncia un presunto caso de maltrato animal en Rianxo

A Protectora Moura denuncia un presunto caso de maltrato animal en Rianxo. A asociación critica ademais a falla de contundencia por parte do Concello tras detectar dous cans en pésimas condicións hixiénicas e de nutrición, e esixe a súa retirada cautelar.

O noiés Xoel Roo gaña o Circuíto Galego de Xadrez de Promoción

O noiés Xoel Roo converteuse en gañador do Circuíto Galego de Promoción de Xadrez. A falta da última proba, que se celebrará este sábado en Vilagarcía, o deportista é matematicamente o campión na categoría Sub 12.

Zona Franca busca en Vilagarcía un inmoble histórico e céntrico para crear un centro...

Zona Franca de Vigo desembarca en Vilagarcía. A institución busca no centro da cidade un inmoble de máis de 1.000 metros cadrados para convertelo nun centro de negocios. Este mércores, o alcalde da cidade e o presidente do Consorcio da Zona Franca asinaron un convenio para a posta en marcha deste servizo de apoio ás empresas e ao emprendemento.

O alcalde da Illa defende a suba do lixo ás VUT e di que...

Unha sentenza anula a taxa do lixo que A Illa de Arousa impuxo ás vivendas de uso turístico. A denuncia parte dun particular, propietario dun establecemento deste tipo. O concello entende que o auto só lle afecta a el, polo que se lle devolverán os cartos. O alcalde segue a defender a suba do lixo ás vivendas de uso turístico porque, insiste, non son vivendas convencionais senón negocios.

Fin o desbloqueo do PXOM de Rianxo co informe favorable de Costas

Rianxo dá un paso importante para desbloqueo do seu desenvolvemento urbanístico. O Concello vén de recibir o informe favorable da Dirección Xeral da Costa e o Mar para o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal. Trátase dun trámite clave e indispensable, que se achega á aprobación definitiva dun documento que leva anos agardando para saír adiante.

REDES SOCIAIS

40,927FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete