As familias do Villa de Pitanxo ‘máis fortes que nunca’ tras coñecer o informe...
Tras coñecer o informe da CIAIM, as familias dos mariñeiros falecidos aseguran estar satisfeitas. Hoxe compareceu ante os medios de comunicación a súa voceira, María José de Pazo, filla dun dos tripulantes desaparecidos no naufraxio. Cren que o documento é rotundo, cunhas conclusións que amplían o espectro de responsabilidades. Continúan a reclamar xustiza para os seus mortos.
O Botánico do Lago Castiñeiras: a nova aposta da Fundación Xoán XXIII polo emprego...
A Fundación Xoán XXIII presentou hoxe o ambicioso proxecto no que está a traballar. Trátase de Botánico do Lago Castiñeiras, co que busca xerar emprego inclusivo, normalizar o traballo das persoas con discapacidade intelectual e revitalizar a contorna deste espazo natural. A entidade agarda que esta iniciativa, que contempla a posta en marcha de diferentes espazos como unha cafetería ou un viveiro, poida estar funcionando na primavera do vindeiro ano.
Rematadas as obras no treito urbano da PO-11 en Marín, que pronto será de...
Xa están rematadas as obras no treito urbano da PO-11 en Marín. A avenida de Ourense loce xa a súa nova imaxe, cunha beirarrúa máis ampla na liña dos edificios, a renovación do pavimento, da iluminación e do mobiliario urbano, e unha nova rotonda que permite un tráfico máis fluído. Trala súa recepción por parte do Ministerio de Transportes, nos vindeiros días será transferida ao concello mariñense.
A princesa Leonor déixase querer en Marín no seu nomeamento como filla adoptiva
A Princesa Leonor xa é filla adoptiva do concello de Marín. A Súa Alteza Real visitou hoxe a localidade para recoller esta distinción. Fíxoo nun acto breve e sinxelo na Casa Consistorial. Ás portas, centos de veciños agardaron a súa chegada para saudala e arroupala nos seus últimos días na Escola Naval de Marín.
Catro adegas participan na cuarta edición da Festa dos Viños da IXP Ribeiras do...
Marín celebrará os viños da Indicación Xoegráfica Protexida Ribeiras do Morrazo. A Alameda do concello acollerá a cuarta edición da festa na que estas elaboracións son as protagonistas. Será do 11 ao 13 de xullo grazas á participación de catro adegas pertencentes a este selo de calidade.
ENCE abre o prazo para a presentación de novos proxectos para o seu sexto...
En marcha a sexta convocatoria do Plan Social de ENCE. Xa está aberto o prazo para presentar os proxectos candidatos. Poderán facelo ata o vindeiro 18 de xullo. Nesta edición, a pasteira destina tres millóns de euros ao programa, que busca impulsar proxectos que favorezan o desenvolvemento sostible e o benestar dos habitantes de Pontevedra, Marín e Poio. Ata o momento, o Plan Social xa apoiou máis de 1.400 iniciativas.
Concello de Marín, Deputación e Xunta colaboran na reforma integral do pavillón do Sequelo
Concello de Marín, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia colaborarán na reforma integral do pavillón deportivo do colexio Sequelo, na vila mariñense. A actuación ten un orzamento de 725.000 euros, dos que a administración provincial achegará algo máis de 360.000, o 50% do custo total. Farao a través do plan +Provincia.
Marín fusiona o seu Día das Letras Galegas co festival Vila do Libro
Marín converterase nunha Vila do Libro esta fin de semana. O concello súmase por primeira vez a esta rede, levando ata o municipio tres xornadas de actividades variadas ao redor da lectura. Haberá charlas, presentacións, encontros con autores e obradoiros para todos os públicos. Unha programación que se fusiona coa impulsada directamente polo concello para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Así se viviu o apagón nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas
Normalidade nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas logo do gran apagón deste luns que deixou ás escuras a Península Ibérica. Na maioría de municipios desta zona o subministro eléctrico volvía de madrugada.En zonas da cidade de Pontevedra sobre a 1, na Illa ou Vilagarcía sobre as 4, en Poio case ás 5 ou en Cambados case ás 6. Noutros concellos, como no de Sanxenxo ou O Grove, a luz non regresaba ata as 8 e media desta mañá. Durante a noite, nos municipios reforzouse a presenza policial e dos efectivos de emerxencia para garantir a seguridade da poboación.
A mellora da rede de saneamento no río Lameira estará rematada a finais deste...
A Xunta avanza na mellora da rede de saneamento no río Lameira, en Marín. Trátase dunha actuación que conta cun investimento de máis de 3 millóns de euros e que beneficiará a unha poboación potencial de case 10.000 persoas. Está previsto que os traballos rematen a finais deste ano. Hoxe visitou a zona a conselleira do Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.
















