A Policía Nacional investiga todas as hipóteses na morte do mozo rescatado onte no...
Mantéñense abertas todas as hipóteses en relación co tráxico suceso rexistrado onte en Pontevedra. Pouco antes das 9 da noite un mozo de 18 anos faleceu despois de ser rescatado do río Gafos, á altura da ponte da rúa Rosalía de Castro, con feridas de gravidade. Polo de momento, non hai ningunha persoa detida por estes feitos. A Policía Nacional mantén varias liñas de investigación.
300 persoas xa empregaron o autobús gratuíto do Conecta Rural nos seus primeiros quince...
300 persoas xa utilizaron o transporte gratuíto da Liña Conecta Rural nos seus primeiros quince días de funcionamento. Hoxe o propio presidente da Deputación de Pontevedra comprobou a aceptación desta liña, viaxando no autobús dende Portas ata a capital pontevedresa. Luis López destacou a importancia da iniciativa, que facilita aos veciños de Moraña, Portas e O Campo Lameiro o acceso a servizos como o Hospital Montecelo ou o campus universitario.
Poio prepara un Día de Colón con festa, ambientación e divulgación para defender a...
Poio ultima os preparativos para unha nova edición do Día de Colón. Será o 8 e o 9 de maio, cunha fin de semana dirixida a divulgar a tese do Colón galego, enchendo Combarro de ambientación e todo tipo de actividades. Tamén xa coñecemos quen será o pregoeiro este ano. A apertura da festa correrá a cargo de Mundo Nores, veciño de San Salvador, recoñecendo a súa implicación dende os inicios do evento.
Pontevedra impuxo 16 denuncias no 2026 por ‘casos flagrantes’ de non separación de...
Pontevedra impuxo 16 denuncias no que levamos de 2026 pola non separación de residuos. Son as primeiras que se rexistran na cidade por este incumprimento. Dende o goberno local explican que se dirixiron aos casos máis flagrantes. De feito, considéranse graves polo que a multa económica que levan aparellada oscila entre os 751 e os 1.500 euros. En canto aos sancionados, hai dende restaurantes e empresas de construción a centros médicos e veterinarios, e mesmo un particular.
Acuaes calcula que a estación de bombeo de Raxó podería entrar en funcionamento nuns...
Esta actuación para solucionar os problemas de saneamento destes concellos da beira norte da ría de Pontevedra incluíu tamén outras intervencións como a ampliación da depuradora de Paxariñas, en probas dende hai uns días, ou a construción da nova estación de bombeo en Raxó, no concello de Poio. Esta infraestrutura está pensada para conectar este núcleo e o de Samieira ao ampliado e renovado sistema de depuración. A obra está finalizada, pero aínda non entrou en servizo pendente de fixar o punto de subministro para a acometida eléctrica necesaria. Dende o concello de Poio advirten que ata que isto non se produza, o municipio seguirá vertendo directamente á ría polo que urxen a súa posta en marcha. Pola súa banda, dende Acuaes aseguran que xa están a traballar no proxecto para poder realizar esta conexión á rede eléctrica. E calculan que a estación de bombeiro podería entrar en funcionamento nuns cinco meses.
O Estado reclama á Xunta novos informes para avanzar no proxecto de dragaxe do...
Retrasos no calendario previsto para a dragaxe do río Lérez, en Pontevedra. A necesidade de incorporar novos estudos que foron solicitados polo Estado durante a fase de alegacións retrasará entre dous e tres meses a tramitación ambiental do proxecto. Así as cousas, a Conselleira do Mar reafirmou hoxe o compromiso da Xunta con este proxecto e acusou ao Goberno do Estado de poñer trabas a este proxecto. Marta Villaverde insistiu en que a dragaxe se executará no ano 2027.
O Tapea Poio segue medrando coa implicación de 23 establecementos do concello
O Tapea Poio acenderá os seus fogóns do 1 ao 17 de maio. A iniciativa segue medrando acadando nesta terceira edición os 28 petiscos e a participación de 23 establecementos de todo o concello. O certame inclúe dúas modalidades de tapas, as creativas e as tradicionais. Todas elas, a un prezo único de 4 euros. A proposta, ademais, repartirá 10.000 euros en premios.
Pontevedra estreará un novo parque canino de máis de 2.000 metros cadrados despois do...
Colaboración entre a Xunta de Galicia e o concello de Pontevedra para construír un novo parque canino na cidade. Estará situado nunha parcela de 2.500 metros cadrados cedida polo goberno local no barrio da Parda, na zona de Conde de Bugallal. Agora será o goberno autonómico quen se encargue da súa construción, cunha achega de 100.000 euros. A intención é que estea rematado despois do verán.
Lúa Mosquetera, The Rapants, 9Louro e Nadie González estarán en maio no Mercado de...
O primeiro andar do Mercado de Abastos de Pontevedra volverá ser o escenario dun ciclo de conversas ben interesante. Durante o mes de maio, a poeta Lúa Mosquetera, a banda The Rapants e os músicos 9Louro e Nadie González participarán desta iniciativa que procura achegar o proceso creativo ao público. Conversas no primeiro andar celebrarase os días 16, 21 e 23 de maio.
María Pellisé, experta en cancro de colon: ‘0 40% dos que se detectan nos...
‘A túa vida, os teus hábitos, a túa decisión: como previr o cancro de colon’ é o título da charla que hoxe impartiu a doutora María Pellisé en Pontevedra. Pellisé é experta internacional en cancro colorrectal, o tumor máis diagnosticado en España pero tamén un dos que ten mellor prognóstico detectado en estadios iniciais. Nunha cita aberta á cidadanía, dentro do ciclo ‘Pontevedra, quen pasa? 6 expertos en saúde, 6 meses’ organizado polo Complexo Hospitalario de Pontevedra, esta experta falou prevención e da importancia dos cribados para diagnosticar esta enfermidade canto antes.
















