Pontevedra consolidará e porá en valor os restos arqueolóxicos da praza Valentín García Escudero

Pontevedra actuará nos restos arqueolóxicos da praza Valentín García Escudero. O concello proxecta a posta en valor e consolidación dos arcos medievais da ponte do Burgo que se atopan neste espazo. O obxectivo é retirar os puntais actuais, mellorar a visibilidade dos restos e realizar novas escavacións arqueolóxicas no punto. O investimento ascende a 236.000 euros.

Xunta e concello asinan un convenio de 3 millóns de euros e avanzan nas...

Boa sintonía entre a Xunta e o concello de Pontevedra. Alfonso Rueda e Miguel Anxo Fernández Lores asinaron un convenio por valor de 3 millóns de euros. Destinaranse á construción do novo pavillón de Monte Porreiro e a avanzar no saneamento. Ademais, houbo avances en temas pendentes, como a liberación da Xunqueira da Gándara ou a colaboración da Xunta no financiamento da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon que a cidade acolle este ano. Un exemplo de entendemento, dixo Rueda, entre dúas administracións de diferente cor política.

A plataforma LOITA volve reclamar prolongar a atención temperá máis aló dos 6 anos

Neste 8 de marzo a Plataforma Loita quixo tamén alzar a voz coas súas reivindicacións. Reclaman atención post-temperá, ou o que é o mesmo: que a cativada que o precise poida seguir recibindo terapias na sanidade pública despois de cumprir os 6 anos. Destacan que os coidados seguen a recaer na súa maior parte nas mulleres, polo que moitas nais de pequenos neste tipo de situacións teñen que deixar de traballar para poder atendelos.

López fai un chamamento ao ‘compromiso compartido’ para avanzar na carreira da igualdade

‘A nosa meta, a igualdade’ é o lema escollido pola Deputación de Pontevedra para este Día Internacional da Muller. Hoxe o acto central celebrouse no vestíbulo do Pazo Provincial. A encargada de ler o manifesto foi a directora deportiva do Traviesas Hockey Club, Marina Pérez. Puxo o foco na mocidade e no impacto limitante que están a ter as redes sociais nas aspiracións das nenas.

Abel Losada cualifica de ‘gamberrada’ o anuncio da Xunta de construír vivenda pública no...

O Goberno do Estado non cederá á Xunta de Galicia a súa parcela do Parque de Maquinaria da Avenida de Uruguay, en Pontevedra, para construír vivenda pública. A semana pasada a Conselleira de Vivenda anunciara este proxecto, explicando que os executivos central e autonómico son copropietarios destes terreos. Pero mentres Martínez Allegue aseguraba que a Xunta é titular do 75%, hoxe o subdelegado do Goberno dixo que o é dun 37%. Por iso, Abel Losada cualificou o anuncio de ‘okupación’.

O 8M arranca en Pontevedra unha Primavera Feminista

Facer fronte ao avance do discurso reaccionario. É o obxectivo que se marca o concello de Pontevedra coa súa nova campaña co gallo do 8M, Día Internacional da Muller. O lema non deixa lugar a dúbidas: ‘Non van conseguir que o medo nos volva encerrar nas casas’. Para elo, deseñaron unha ampla programación que se estenderá nos vindeiros meses, comezando cunha Primavera Feminista.

Pontevedra cifra en máis de 4 millóns de euros os estragos dos temporais deste...

O concello de Pontevedra cifra en máis de 4 millóns de euros os estragos producidos polos temporais. As contas recompilan 41 incidencias rexistradas dende novembro do ano pasado a finais de xaneiro deste 2026. Os estragos no Recinto Feiral e no colector do río dos Gafos son os de contía máis elevada. Agora o concello presentouse á liña extraordinaria de axudas convocada polo Goberno Central para atender estes danos.

Pontevedra reafirma o apoio municipal a Down Xuntos, que actualmente atende 120 usuarios

Tras 35 anos de traballo, a asociación Down Pontevedra Xuntos tense convertido en todo un referente no apoio ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias. Actualmente, dende as súas instalacións na rúa do Gorgullón, en Pontevedra, atenden a máis de 120 persoas. Nos últimos tempos desenvolven un programa pioneiro en Galicia para afrontar o envellecemento dos seus usuarios.

O futuro parque da Parda estará rematado a comezos do 2027

En Pontevedra, avanzan a bo ritmo as obras do futuro parque da Parda. Hoxe o alcalde visitou os traballos, que están a sufrir un pequeno retraso por mor dos temporais que se encadearon ao longo do inverno. Así as cousas, Miguel Anxo Fernández Lores asegurou que a intención é que esta nova zona verde, dotada de zona de xogos e aparcadoiros, estea rematada a principios do vindeiro ano.

O PSOE resume os dous anos de goberno de Rueda na Xunta: inmobilismo e...

Un goberno inmobilista pero con moita propaganda. É o resumo que fan dende o Partido Socialista dos dous anos de Alfonso Rueda á fronte da Xunta de Galicia. Para o PSOE, a xestión do presidente popular está marcada pola baixa execución e reclaman políticas públicas reais e planificación.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete