Unha Orbil Parade de temática musical recórdanos que o Salón do Libro arranca este...

Este venres arranca o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e pola cidade xa hai repartidas varias estatuas de Orbil, a mascota da cita, que nolo recordan. A Orbil Parade colle forma esta edición de xogo musical, animando á mocidade a localizar as distintas figuras a través dunhas viñetas do ilustrador Kiko da Silva que relacionan títulos de cancións con espazos da cidade. Un destes Orbils xa se pode ver na Praza do Teucro.

Pontevedra e RAG buscan a complicidade de colexios e familias para frear a ‘desgaleguización’...

A Real Academia Galega alerta da perda de galegofalantes en todo o territorio. Algo que é especialmente preocupante en Pontevedra. Para reverter esta tendencia, academia e concello veñen de asinar un acordo para abordar esta situación na infancia e na mocidade. Coa colaboración dos centros educativos elaborarán un mapa sociolingüístico para coñecer a situación real. Despois, poranse en marcha actividades para estimular á rapazada a usar o galego fóra das aulas.

A Ultreia, a camiñada que une Tui e Pontevedra polo Camiño, celebrarase o 12...

O vindeiro 12 de abril celebrarase unha nova edición da Ultreia, a proba que une Tui e Pontevedra a través do Camiño de Santiago. O trazado completo acada os 52 quilómetros pero a organización mantén as súas catro marchas dentro do percorrido. As inscricións para participar nesta oitava edición continuarán abertas ata o 1 de abril.

Pontevedra avanza na renovación de contedores do lixo, que estará rematada a finais de...

Pontevedra continúa co despregamento dos novos contedores do lixo. Cos verdes, amarelos e azuis xa repartidos polas rúas, nas próximas semanas instalaranse os marróns, destinados aos biorresiduos, e os grises para os restos, que veñen substituír os colectores que ata o de agora eran completamente de cor verde. A intención do concello é que a substitución de todos estea rematada na última semana de abril.

Máis de 300 actividades dan forma a un Salón do Libro con iniciativas solidarias...

Pontevedra conta os días para comezar cunha das actividades máis agardadas da súa programación anual. O Salón do Libro Infantil e Xuvenil arrancará o vindeiro 4 de marzo, dando o tiro de saída a unha proposta con máis de 300 actividades que encherán a cidade de cultura, música e, sobre todo, literatura. Este ano terá especial peso o país convidado, Palestina. O salón celebrará tres actividades solidarias para recadar fondos para apoiar aos palestinos fronte ao xenocidio de Israel.

Pontevedra prepara a nova cita co tríatlon: 18.000 persoas de 80 países e un...

Pontevedra repetirá este ano como sede da Gran Final dos Campionatos Mundiais de Tríatlon. As probas celebraranse do 23 ao 27 de setembro, reunindo na cidade ao redor de 5.000 deportistas entre os que estarán os grandes campións das diferentes disciplinas. O evento precisa dun orzamento para celebrarase de 3,5 millóns de euros pero calcúlase que o impacto económico na contorna poderá roldar os 50 millóns.

O concello asegura que a Deputación non responde aos seus requirimentos sobre Santa Clara...

O concello de Pontevedra insta á Deputación a aclarar o futuro de Santa Clara. O goberno local apunta que hai un ano que non teñen noticias sobre o proceso de rehabilitación do conxunto conventual. A última nova chegou da man de Patrimonio da Xunta o 13 de febreiro de 2026, autorizando unhas escavacións arqueolóxicas para as que, aseguran dende o concello, a Deputación non presentou aínda solicitude de licenza.

O PSOE reclama para Pontevedra un albergue municipal para afrontar o ‘senfogarismo’

O PSOE de Pontevedra quere poñer o foco na atención das persoas sen fogar que viven nas rúas da cidade. A formación levará ao vindeiro pleno unha moción cun dobre obxectivo: a creación dun albergue municipal e a activación do programa Housing First, que pon a disposición de persoas en situación de senfogarismo crónico vivendas normalizadas con acompañamento social intensivo. Segundo Cruz Vermella, no 2024 eran 253 as persoas sen fogar na capital pontevedresa.

A Xunta anuncia a construción de 63 vivendas públicas na parcela do seu parque...

A Xunta anuncia a construción de alomenos 63 novas vivendas de promoción pública en Pontevedra. Desta volta, a administración autonómica mira cara a avenida de Uruguai. Aquí, o goberno galego é cotitular xunto co Estado dunha parcela que actualmente acolle o Parque de Maquinaria da Axencia Galega de Infraestruturas. Segundo avanzou a conselleira María Martínez, xa se solicitou ao executivo central a cesión total da parcela para poder ampliar o número de vivendas proxectadas.

O doutor Enrique de Madaria analiza en Pontevedra os mitos, titulares e a realidade...

O de páncreas continúa a ser o cancro con maior índice de mortalidade no ser humano. A taxa de supervivencia é reducida: do 10% nos homes e do 12% nas mulleres. Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés diagnostícanse ao redor de 60 casos cada ano. Esta enfermidade e outras deste órgano, como a pancreatite aguda, centraron onte unha xornada que se celebrou en Pontevedra impulsada polo servizo de Aparello Dixestivo do CHOP. Para elo, contaron cun dos maiores expertos na materia, o doutor Enrique de Madaria.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete