BNG e PSOE aproban o orzamento de 2026 despois de rexeitar a emenda á...
Pontevedra aproba os orzamentos municipais para este 2026. Seguindo o previsto, BNG e PSOE votaron a favor no pleno extraordinario celebrado esta mañá dunhas contas que acadan os 103 millóns de euros. Aseguran que nacen do diálogo e do acordo entre ambas formacións para atender as demandas da cidadanía. O PP, pola súa banda, presentou unha emenda á totalidade que foi rexeitada. Insiste en que son uns orzamentos malos para Pontevedra que non miran cara o futuro. Os seus concelleiros votaron en contra.
Poio e Baiona asinan o seu irmandamento ao redor da figura de Colón
Os concellos de Poio e Baiona selaron hoxe o seu irmandamento turístico. Na sede da Deputación de Pontevedra, os seus alcaldes asinaron este acordo para traballar conxuntamente na protección e divulgación do Día de Colón e da Festa da Arribada. Un acordo que, explicaron, suporá un impulso para o turismo e a cultura nas Rías Baixas.
Patrimonio dá luz verde ao estudo arqueolóxico de Santa Clara e pide aumentar a...
Luz verde de Patrimonio ao estudo arqueolóxico de Santa Clara. A Deputación recibiu o visto bo do departamento da Xunta para realizar a intervención que pide, ademais, que se amplíe ao bosque. Así, a escavación no convento pontevedrés converterase na actuación arqueolóxica máis importante de Galicia nos últimos quince anos.
Pontevedra demanda á Xunta que mida a contaminación acústica de ENCE tralas denuncias dos...
O concello de Pontevedra traslada á Consellería de Medio Ambiente un expediente con varias denuncias de veciños polos ruídos na fábrica de ENCE, na parroquia de Lourizán. Segundo os técnicos municipais, o concello non conta con mecanismos axeitados para medir a contaminación acústica dun complexo que, ademais, é de carácter supramunicipal. Os informes apuntan a que as molestias incrementaron tralas obras realizadas na fábrica en 2018. O concello reclama á Xunta que realice unha inspección ambiental.
Familias do colexio de Campolongo reclaman a Educación que reverta os recortes no profesorado...
As familias do colexio de Campolongo, en Pontevedra, denuncian recortes no profesorado de apoio ao alumnado con necesidades especiais. A redución de especialistas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe deixou baixo mínimos a atención que reciben os case medio cento de nenos que precisan deste apoio no centro. Hoxe as familias repartiron adhesivos en forma de corazón diante da delegación da Xunta en Pontevedra para reclamar unha reunión coa inspectora de educación. Encontro que agardan dende o pasado 1 de decembro.
O concello de Pontevedra inicia a licitación de dez postos baleiros do Gastroespazo
Novo avance do concello de Pontevedra de cara a revitalizar o primeiro andar do Mercado de Abastos. O goberno local inicia a licitación de dez postos do Gastroespazo, co obxectivo de consolidar a súa actividade de cara ao verán. Son nove postos de alimentación e un bar, con canons anuais de entre 300 e 360 euros. As autorizacións teñen vixencia dun ano, prorrogable por dous máis.
AFAPO e Boa Vida poñen en marcha obradoiros artísticos para previr as demencias
Previr as demencias no rural de Pontevedra. É o obxectivo que perseguen AFAPO e a asociación Boa Vida. Os dous colectivos veñen de formalizar un convenio polo cal a través do programa ‘Vida compartida’ realizaranse obradoiros de balde baseados na expresión artística e na interacción social nas parroquias de Cerponzóns e Santa María de Xeve.
A saúde como centro na planificación das cidades: a nova proposta do Eixo Atlántico
Un informe sobre a planificación do espazo público urbano que é todo un manifesto pola calidade de vida. É o documento que hoxe presentou en Pontevedra o Eixo Atlántico. O estudo é tamén unha análise técnica que sitúa a Pontevedra como exemplo a seguir, avogando por un cambio de mentalidade nos modelos urbanos e destacando o seu impacto na saúde.
O altar maior, o órgano e o coro de Santa Clara xa son propiedade...
En Pontevedra, novo desencontro entre o vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez e o voceiro nacionalistas César Mosquera pola xestión de Santa Clara. Hoxe Domínguez anunciou a adquisición dos bens mobles do convento, como o altar maior ou o órgano por un prezo de 400.000 euros despois, dixo, dun longo proceso administrativo. Pola súa banda, Mosquera asegurou que a súa compra xa estaba recollida na escritura de compravenda de Santa Clara. E que agora foron as monxas as que reclamaron á Deputación o pago acordado unha vez esgotados os prazos.
A Xunta firma co sector da construción o Pacto da Vivenda: 7.000 millóns e...
Un Pacto de Vivenda de Galicia para trazar o camiño a seguir na comunidade ata o ano 2030. É o documento que hoxe asinaron en Pontevedra a Xunta de Galicia e representantes do sector da construción e outros actores implicados, co obxectivo de fomentar a colaboración público privada para solucionar o problema da vivenda que afecta á cidadanía. O acordo plantexa a mobilización de 7 mil millóns de euros para construír 2.000 vivendas de promoción pública e acadar así os 10.000 inmobles no parque público galego.
















