A ría de Arousa rexeita que os áridos da dragaxe do Lérez se depositen...

A Consellería do Mar continuou hoxe coa rolda de encontros informativos sobre o proxecto de dragaxe do río Lérez. Esta mañá as convocadas foron as confrarías da ría de Arousa. Os patróns ían con vontade de escoitar pero insistiron en que non ven acaído que os áridos que se retiren dos fondos do Lérez rematen na ría de Arousa. Dende Mar defenden que segundo as mostraxes son áridos de categoría A, polo que non terían ningún impacto ambiental.

Tres ilustradoras reinterpretan Pontevedra nos seus particulares rueiros da ‘Pontevedra debuxada’

Coñecer Pontevedra a través da obra de tres ilustradoras é a proposta que colleu forma na iniciativa ‘Pontevedra Debuxada’. Dan man do concello e de Taller Abierto, Paula Cheshire, Aida Alonso e Natalia Umpiérrez deron forma aos seus propios rueiros. E axudaron á cativada da cidade a facer o propio en tres obradoiros diferentes. O resultado deste traballo poderá verse nunha exposición a partires do 5 de marzo na Casa das Campás.

A parroquia de Lérez estrea iluminación despois dun investimento de 1,4 millóns de euros

A parroquia de Lérez, en Pontevedra, xa desfruta dun renovado e mellorado alumeado. A intervención, que acadou os 1,4 millóns de euros, desenvolveuse no marco do convenio anual entre a Deputación e o concello de Pontevedra. Supuxo a instalación de 1.400 novos puntos de luz e 30 cadros de mando para reducir o consumo e mellorar a visibilidade.

O concello renovará os lucernarios do Mercado para evitar a luz e a calor...

O concello de Pontevedra investirá medio millón de euros para arranxar unha das principais deficiencias que ten o Mercado: o illamento térmico e lumínico do edificio. A actuación centrarase na renovación dos lucernarios para evitar que a luz solar e a calor afecten aos produtos frescos da planta baixa. Para elo, instalaranse vidros tecnolóxicos de control solar. A intención é que a obra poida rematarse este mesmo ano.

King África animará a Noite Pirata dun Entroido pontevedrés que homenaxea a Castelao

O Entroido pontevedrés bailará ao ritmo de King África. O seu concerto no marco da Festa Pirata será unha das novidades da programación. Do 13 ao 21 de febreiro non faltarán as citas habituais como o desfile, o Ravachol ou as Murgas. Tampouco o pregón, que correrá a cargo do grupo ‘Os das Pistas’. Ademais, este ano a cita homenaxeará a Castelao, con reinterpretacións das súas obras. En canto á preocupación polo mal tempo, a intención do concello é manter a programación hasta o último minuto.

Máis coordinación e máis sinalización, primeiras medidas para paliar o caos no tráfico polos...

Na quinta xornada de cortes da PO-11, a avenida de Marín, por mor dos asolagamentos, a Subdelegación do Goberno en Pontevedra acolleu un encontro entre as partes afectadas. Os concellos de Pontevedra e Marín, o Porto de Marín e a propia Subdelegación sentaron para coordinar a resposta e mellorar a informacións aos veciños para paliar o caos no tráfico provocado por estes cortes. Acordaron que os técnicos estudarán as vías alternativas, sobre todo para os vehículos pesados que se dirixen ao porto.

O 2025 foi de récord para a Oficina de Transplantes do CHUP, con 11...

Once doantes e 28 persoas receptoras de órganos. É o balance que deixou o 2025 neste servizo da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. A maioría de doantes, en concreto oito, fixérono en asistolia controlada. Unha técnica que se empregou por primeira vez na área sanitaria hai un ano.

Pontevedra eleva unha queixa ao Ministerio de Transportes polos reiterados cortes na avenida de...

Estes cortes continuados nunha infraestrutura tan importante como esta esgotaron a paciencia do concello de Pontevedra. O goberno local elevou unha queixa formal ante o Ministerio de Transportes. Acúsano de pasividade ante os repetidos asolagamentos que impiden o uso da vía con normalidade. E reclaman ao Goberno Central que tome medidas para solucionar un problema que leva moitos anos sobre a mesa.

Rematada a reforma integral da residencia de Campolongo, que incrementa ata 130 as prazas

Xa está lista a reforma integral da residencia de maiores de Campolongo, en Pontevedra. Ademais de renovar as instalacións, a intervención permitiu ampliar a capacidade do centro ata as 130 prazas. A metade delas estarán destinadas a persoas en situación de dependencia. Hoxe o centro recibiu a visita do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

A Xunta traballará coas confrarías para preparar os bancos marisqueiros antes de comezar a...

A dragaxe do Lérez encara por fin a fase final da súa tramitación. A intención da Xunta de Galicia é licitar este ano o proxecto para que os traballos poidan estar en marcha, como tarde, no 2027. Hoxe a conselleira do Mar mantivo un encontro en Pontevedra coas confrarías da ría pontevedresa para trasladarlles os detalles da actuación. As obras suporán un investimento de 11,9 millóns de euros.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete