A Deputación de Pontevedra aposta polo turismo deportivo na súa campaña para 2026

Pontevedra como provincia do deporte é a imaxe que este ano protagonizará a campaña de promoción turística da Deputación. Hoxe a administración provincial presentou a proposta para este 2026 que será a que leve á Feira Internacional de Turismo de Madrid, ‘A túa meta, o teu destino’. Nela saca peito do potencial deportivo da provincia, tanto do seu sector como do seu territorio.

Pontevedra traballa para ter todo a punto para a gala dos Premios Feroz o...

Pontevedra traballa arreo para ter todo listo para a gala de entrega dos Premios Feroz. A cita celebrarase no Recinto Feiral o vindeiro 24 de xaneiro e asistirán máis dun milleiro de persoas. Aínda que as escenografía manterase en segredo ata o propio día, si sabemos que haberá cambios respecto da gala do ano pasado. Tamén que se aposta por unha cerimonia inmersiva e que contará coa actuación do coro da Xunqueira.

A Deputación estrea Impulsa Benestar, un programa de 1,1 millóns para as entidades de...

A Deputación de Pontevedra presentou hoxe un novo programa de apoio ás entidades de benestar social. Chámase Impulsa Benestar e conta cun orzamento de 1,1 millóns de euros. Son dúas liñas de apoio dirixidas a que estas asociacións adquiran vehículos ou fagan obras nos seus locais.

O PSOE aposta por implantar un grao en Lingua de Signos no campus de...

O PSOE de Pontevedra aposta por implantar un Grao Universitario en Lingua de Signos no campus pontevedrés da Universidade de Vigo. A formación explica que dende o 2014 esta titulación só se imparte nunha única universidade en toda España: a Rey Juan Carlos de Madrid. Para dar forza á súa reclamación, os socialistas levarana ao vindeiro pleno municipal en forma de moción.

Poio transforma o parque de Ánkar nunha área de xogos infantís inspirada en Cristóbal...

A rapazada de Poio xa conta cun novo espazo no municipio. Esta tarde inaugurouse o novo parque infantil de Ánkar, nun acto no que, ademais do alcalde Ángel Moldes, participou o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López. A área de xogos ten un deseño temático sobre Cristóbal Colón cunha réplica da embarcación Santa María.

Atención aos concellos, turismo internacional e reforzo da provincia do deporte, obxectivos da Deputación...

A atención aos concellos, o turismo internacional e o apoio á imaxe de Pontevedra como a provincia do deporte, son algúns dos obxectivos que se fixa a Deputación pontevedresa para o 2026. O presidente Luis López presentou esta mañá os obxectivos e retos do seu goberno cara este novo ano, entre os que figura superar as 1.400 actuacións na provincia. Avanzar na Vía Verde entre Soutomaior e Pontevedra e defender a transferencia e gratuidade da AP9, son outros dos retos de López para os vindeiros meses.

Carta da Plataforma do Centro de Saúde de Seixo e Marín: máis persoal e...

A Plataforma do Centro de Saúde de Seixo e Marín presentou hoxe a súa particular carta aos Reis Magos. Ante o Hospital Provincial, os veciños fixeron públicas as súas reclamacións á xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Entre outras cuestión, demandan a contratación de máis persoal médico para reducir as listaxes de agarda e melloras na sanidade pública.

2026: o escándalo das peaxes da AP-9 suma e segue

A Autoestrada do Atlántico volve encarecerse cunha suba nas súas tarifas de máis do 4,5%. Un dos treitos que sufriu un encarecemento maior é o que conecta O Salnés e Caldas con Pontevedra. Neste caso, entre a peaxe de Curro, en Barro, e a capital da provincia, aplicouse un aumento do 6,45 %, 10 céntimos máis, quedando nos 1,8 euros. Ademais, viaxar entre Pontevedra e Vigo custa agora 20 céntimos máis.

Pontevedra recibe o 2026 con actividades para a rapazada e a San Silvestre

Pontevedra conta as horas para darlle a benvida de forma oficial ao 2026. Con todo, a rapazada da cidade xa celebra o ano novo dende as 14:00 horas deste 31 de decembro grazas ás badaladas infantís que acolleu o Mercado de Abastos. A iniciativa, organizada polo Concello, forma parte da Festa de Fin de Ano Infantil que acolleu a Praza esta mañá.

Acordo entre ENCE e os sindicatos para despedir 35 traballadores de Pontevedra

A proposta inicial da empresa para a planta de Lourizán era o recorte de 39 postos de traballo. As extincións poderán executarse entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 31 de decembro de 2027. Segundo a dirección, prexubilacións e baixas incentivadas, sen descartar a posibilidade de algunha recolocación noutras factorías do grupo.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete