Os socialistas de Pontevedra reivindícanse como ‘oposición útil’, lonxe da ‘bronca permanente do PP’
Os socialistas de Pontevedra despediron hoxe o ano cun vermú no que aproveitaron para facer balance. Iván Puentes destacou que o PSOE está a facer na cidade unha oposición construtiva, lonxe das formas do PP e centrada en transformar o seu apoio en proxectos que solucionen os problemas da veciñanza.
2,7 millóns de euros dun quinto premio vendidos na administración da Michelena de Pontevedra
O municipio da nosa contorna onde de quedaron máis cartos foi en Pontevedra. En concreto, 2,7 millóns de euros grazas a un quinto premio vendido na administración de lotaría número 1 da cidade, situada na rúa Michelena. En concreto, vendéronse 45 series dese número. Boa parte deles foron parar para Moncho Logística de Refrigeración, empresa asentada no polígono de Barro.
Estes son os premios da Lotaría de Nadal que caeron nas Rías Baixas
A Illa de Arousa é un dos concellos máis afortunados na nosa contorna. Aquí caeu parte do terceiro premio e dous quintos. Un dos quintos tamén deixa cartos en Sanxenxo e Pontevedra.
Lores: ‘Estou vivindo un dos mellores mandatos da miña vida política’
O alcalde de Pontevedra destacou o traballo feito polo seu goberno dende as eleccións municipais de 2023, asegurando que daquela tomou nota do toque de atención que lle dera a veciñanza. O nacionalista defendeu o esforzo de xestión e priorización do traballo do seu equipo, como se demostran os "moitísimos" proxectos que están en marcha nestes momentos na cidade.
A nova tenda de Mango en Benito Corbal: 1.000 metros cadrados e máis de...
Hoxe en Pontevedra presentáronse os detalles do proxecto que a firma téxtil Mango ten para o centro da cidade. Será Mango Teen, dedicada á moda xuvenil, a liña da marca que desembarque na esquina de Benito Corbal con Daniel de la Sota. Unha macrotenda que se unirá á que Mango xa ten moi preto, localizada no edificio do Gran Garaxe, completando así un local de máis de mil metros cadrados. Os técnicos municipais estudan agora o proxecto. Segundo as estimacións da empresa, as obras prolongarase dous meses.
Nova aposta da Deputación pola cultura cunha Bienal de Artes Vivas que no 2026...
A Deputación de Pontevedra aposta por unha nova cita cultural para a provincia. Tralo éxito, din, da recuperada Bienal de Arte este 2025, a institución traballa na organización dunha nova proposta para este 2026: a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra. A programación desenvolverase en xullo de 2026, convertendo Santa Clara nun espazo de creación contemporánea.
Ramallo despide un 2025 ‘frutífero’ no que se acadou a ‘transformación urbana’ de Marín
Tamén fixo balance deste 2025 a alcaldesa de Marín. María Ramallo asegura que este foi un ano frutífero na xestión municipal. Do lado dos obxectivos cumpridos, destacou obras como as da avenida de Ourense, de Concepción Arenal ou da rúa da Ponte que, asegurou, avanzaron na transformación urbana da vila. De cara ao futuro, Ramallo destacou a súa preocupación pola falta de vivenda e apuntou á necesidade de intervir nas barriadas. Sobre a gran obra desenvolvida no concello, o auditorio, agarda que estea rematado a principios do 2026.
A Deputación colaborará co concello de Pontevedra na organización da gala dos Feroz 2026
A Deputación de Pontevedra colaborará co concello na organización da gala dos Premios Feroz que a cidade acollerá en xaneiro do 2026. O organismo provincial achegará 300.000 euros para contribuír á organización deste evento que, segundo apuntaron dende as dúas administracións, transcende á cidade. Ademais, tanto o presidente Luis López como o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores aseguraron que confían en seguir realizando acordos deste tipo de cara futuras citas.
O Plan Social de Ence apoiará 240 proxectos na súa edición de 2025
O Plan Social de Ence apoiará 240 proxectos na súa edición de 2025. Os proxectos beneficiados abarcan diversas áreas de actuación.
A promoción do deporte, tanto a nivel base como de elite, foi unha das categorías con maior número de solicitudes, sumando un total de 72 iniciativas seleccionadas.
Séguenlle os proxectos dedicados á recuperación e coidado da contorna natural, con 56 proxectos aprobados, e as iniciativas orientadas á educación e cultura, con 49 propostas beneficiarias.
Ademais, a inclusión social foi outro ámbito relevante, con 40 proxectos seleccionados, mentres que o emprendemento e innovación sumou 23 iniciativas apoiadas.
Entre as entidades beneficiarias está a TV da Mancomunidade do Salnés S.L. Cunha achega do seu Plan Social, Ence apoia a realización do proxecto Ponte-Verde. No seu marco, realizaranse diferentes reportaxes sobre as actividades e o labor que desempeñan outras das entidades beneficiadas por este Plan Social, de xeito que se poidan dar a coñecer ao público xeral.
A Comisión de Seguimento do Pacto Ambiental, conformada pola Xunta e a pasteira, foi a encargada de avaliar as candidaturas presentadas.
Dende a súa posta en marcha, o Plan Social de Ence beneficiou preto de 1700 proxectos.
O Premio Otero Pedrayo recoñece o papel da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra como...
A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra xa é a flamante gañadora do Premio Otero Pedrayo. A cerimonia celebrouse esta mañá no salón de plenos do Pazo Provincial. O galardón recoñece á entidade como un referente da cultura en Galicia, destacando a súa traxectoria intimamente relacionada co Museo de Pontevedra.
















