A Deputación de Pontevedra escenifica o seu apoio aos colectivos veciñais na I Gala...

A Deputación de Pontevedra vestiuse onte de gala para poñer en valor o traballo dos colectivos veciñais da provincia. Máis de 700 persoas asistiron á cita, coa que o goberno queixo ilustrar o apoio a este tecido asociativo pontevedrés. A primeira Gala Provincia Comunitaria serviu tamén para facer balance dos resultados dos programas Máis Aqua, Máis Novaqua e Provincia Comunitaria.

A Xunta desbloquea a Variante de Alba, que non estará rematada polo menos ata...

A Xunta de Galicia desbloquea a Variante de Alba. A Conselleira de Infraestruturas presentou esta mañá en Pontevedra o novo proxecto para esta vía tan demandada, que unirá as estradas de Vilagarcía e de Santiago como alternativa á PO-225. Cun trazado moi semellante ao proposto no 2021, contará cun investimento duns 12 millóns de euros. Iso si, haberá que agardar alomenos ata o 2029 para que sexa unha realidade.

A Deputación capta 1,8 millóns de euros de Europa para impulsar cinco novos proxectos

A Deputación de Pontevedra consegue financiamento europeo para impulsar cinco novos proxectos na provincia. O organismo captou preto de 1,8 millóns de euros de Europa, que completará cunha achega de máis de 600.000 euros de fondos propios. Estas iniciativas, relacionadas coa eficiencia enerxética, o envellecemento activo, a protección dos castiñeiros e a promoción dos territorios transfronteirizos e do patrimonio marítimo, mobilizarán 10,6 millóns de euros.

A Deputación premia o talento da mocidade pontevedresa nos Premios Provinciais da Xuventude

A Deputación de Pontevedra recoñeceu onte o talento dunha corentena de mozos da provincia. Celebrou a gala de entrega dos Premios Provinciais da Xuventude, na que foi a súa novena edición. Os premiados foron escollidos entre máis dun cento de candidaturas, batendo novo récord de participación.

O PSOE esixirá á Deputación que complete todo o trazado da Vía Verde das...

O Partido Socialista esixe á Deputación de Pontevedra que complete todo o trazado da Vía Verde das Rías Baixas. Os socialistas advirten de que os plans do goberno provincial pasan por afrontar unicamente o treito entre Pontevedra e Arcade, deixando de lado os comprendidos entre Portas e Pontevedra e Arcade e Chapela. Actuacións que permitirían completar un percorrido de case 60 quilómetros entre O Salnés e Vigo. O PSOE pontevedrés levará esta cuestión ao vindeiro pleno municipal.

Máis gripe pero menos ingresos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Hai máis gripe pero menos ingresos. É o balance que fan dende a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés sobre a situación actual de reponte de infeccións respiratorias. Aínda que si que se detectou un pequeno incremento de pacientes tanto en urxencias como nas consultas, a área continúa no nivel 1 do Plan Inverno activado polo Sergas. Dende a Consellería de Sanidade fan un chamamento á cidadanía a vacinarse. De feito, o venres e o sábado realizarase unha convocatoria extraordinaria dirixida a nenos de 6 meses a 11 anos.

Cinco casos de éxito fan avanzar a Boa Vida no seu proxecto para afrontar...

Cinco experiencias de vivenda compartida e alugueiro ético funcionan con éxito en Pontevedra. Son as primeiras que se poñen en marcha baixo o paraugas da asociación Boa Vida. O obxectivo é afrontar dous problemas da sociedade actual: a soidade non desexada e a escaseza de vivenda. Este programa comezou polo rural pontevedrés. Agora o colectivo quere amplialo, levándoo tamén ao casco urbano.

Carla Simón recolle en Pontevedra o I Premio de Cinematografía do festival Novos Cinemas

A directora Carla Simón recolleu hoxe en Pontevedra o primeiro Premio de Cinematografía que concede o festival Novos Cinemas da cidade. Hai oito anos xa estivera nesta cita, presentando a súa opera prima, Estiu 1993. Deste xeito, a organización do festival recoñece o risco creativo e a coherencia ética e estética da realizadora catalá.

A carreira cara os Feroz comezou en Pontevedra con Manu Ríos e Milena Smit...

Os nomeados aos Premios Feroz 2026 anunciáronse esta mañá en Pontevedra. Os actores Manu Ríos e Milena Smit foron os encargados de ler as candidaturas de cada categoría dende o vestíbulo da Casa Consistorial. Los Domingos é o filme que acumula máis nomeamentos, ata 9. Sobre ás series, destacan os seis de Poquita fe e Superstar. A gala de entrega de premios celebrarase na cidade o vindeiro 24 de xaneiro.

Pontevedra prenderá o alumeado de Nadal o 5 de decembro como inicio dunha programación...

O Nadal arranca en Pontevedra o vindeiro 5 de decembro. É a data sinalada polo concello para o agardado prendido do alumeado. A partires dese momento, porase en marcha unha programación que o goberno local describe como elegante e divertida, con propostas descentralizadas e para todo tipo de públicos. Ademais, a maioría das actividades serán de balde.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete