As familias do Villa de Pitanxo ‘máis fortes que nunca’ tras coñecer o informe...
Tras coñecer o informe da CIAIM, as familias dos mariñeiros falecidos aseguran estar satisfeitas. Hoxe compareceu ante os medios de comunicación a súa voceira, María José de Pazo, filla dun dos tripulantes desaparecidos no naufraxio. Cren que o documento é rotundo, cunhas conclusións que amplían o espectro de responsabilidades. Continúan a reclamar xustiza para os seus mortos.
Pepe Solla, padriño da Gran Recollida de Alimentos, fai un chamamento contra os desperdicios
A campaña solidaria vaise celebrar na provincia de Pontevedra os días 7 e 8 de novembro co obxectivo de recoller 325.000 quilos de alimentos. Na súa presentación como padriño Solla fixo un chamamento á solidariedade, lembrando que o banco de alimentos aínda precisa máis de 500 voluntarios para a recollida. Fixo tamén un chamamento á responsabilidade, denunciando os millóns de toneladas de alimentos que acaban no lixo.
Cáritas abre unha campaña de micromecenado para as obras do seu centro de acollida...
O futuro centro de acollida para mulleres en risco de exclusión social que habilitará Cáritas en Pontevedra encara a súa fase final nas obras. Bautizado como Santa Ana, busca ofrecer un aloxamento digno, acompañamento social e espazos terapéuticos a mulleres vulnerables na comarca. Un centro pioneiro na contorna. Para completar o proxecto, que supón un investimento de 450.000 euros, Cáritas vén de poñer en marcha unha campaña de micromecenado.
Alzira inspírase en Pontevedra para avanzar na recuperación do espazo urbano para as persoas
O modelo de cidade de Pontevedra continúa chamando a atención doutros concellos que están a traballar na recuperación do espazo público para as persoas. Hoxe visitou a capital pontevedresa unha delegación de Alzira, un municipio valenciano de algo máis de 49.000 habitantes.
O Botánico do Lago Castiñeiras: a nova aposta da Fundación Xoán XXIII polo emprego...
A Fundación Xoán XXIII presentou hoxe o ambicioso proxecto no que está a traballar. Trátase de Botánico do Lago Castiñeiras, co que busca xerar emprego inclusivo, normalizar o traballo das persoas con discapacidade intelectual e revitalizar a contorna deste espazo natural. A entidade agarda que esta iniciativa, que contempla a posta en marcha de diferentes espazos como unha cafetería ou un viveiro, poida estar funcionando na primavera do vindeiro ano.
Prudencia en Amencer-Aspace ante a última promesa da Xunta de ampliar o concerto da...
Amencer Aspace recoñece as dificultades que para a asociación supón que a Xunta non amplíe o número de prazas concertadas na residencia que xestionan en Pontevedra. Aínda que conta con 32 prazas para atender a persoas con parálise cerebral, dende a súa posta en funcionamento só 12 contan con concerto autonómico.
Etiqueta Negra reunirá en Pontevedra un cento de expositores e presentará vinte novos produtos...
O gourmet galego prepárase para a súa cita ineludible en Pontevedra. Os días 8, 9 e 10 de novembro o Recinto Feiral acollerá unha nova edición, e xa van nove, de Etiqueta Negra. O salón xa está consolidado como o gran escaparate da innovación, a calidade e o talento dos produtores de toda Galicia. Este ano reunirá un cento de expositores e presentará vinte novidades.
Boa Vida alerta: ‘A pobreza non é só a escaseza de recursos, tamén o...
Hoxe conmemórase o Día para a Erradicación da Pobreza e a asociación Boa Vida saíu á rúa en Pontevedra para poñer o foco sobre os malos tratos sociais e institucionais que padecen as persoas en risco de exclusión. Cunha mesa informativa na Praza da Peregrina, interpelaron á veciñanza para recoller as súas opinións e reflexións. Dende o advirten de que a pobreza non é só a escaseza de recursos, tamén non poder acceder a eles. E sinalan a dificultade de acceso á vivenda como un dos principais problemas en Pontevedra.
A AECC lanza ‘Nos lo tomamos a pecho’, a nova campaña que rompe coa...
A Asociación Española contra o Cancro presentou hoxe en Pontevedra a súa nova campaña de concienciación sobre o cancro de mama. Baixo o lema ‘Nos lo tomamos a pecho’, a iniciativa pon o foco no que significa vivir con esta enfermidade máis aló do diagnóstico e do tratamento. E quen mellor para poñer voz a esta realidade que mulleres que a padecen. Elas cocrearon e protagonizan esta nova campaña.
As farmacias de Pontevedra súmanse á loita contra a violencia machista e instalan puntos...
As farmacias pontevedresas súmanse á loita activa contra a violencia machista. Hoxe comezou a posta en marcha do programa de intervención do farmacéutico en materia de violencia de xénero, unha iniciativa que supón a implantación do punto violeta entre as máis de 400 oficinas de farmacia que se queiran sumar. Unha medida que pode ser clave en moitos casos, sobre todo no rural.
















