A declaración de herdeiros de Castelao xa se conserva no Arquivo Histórico Provincial de...
O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra sumou hoxe un novo documento moi especial aos seus fondos. Trátase da declaración de herdeiros de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O expediente foi localizado de casualidade en agosto no Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra. Agora entrégase ao arquivo provincial, destacando o seu interese histórico, social e cultural. Un achado que se produce ademais neste Ano Castelao, cando se conmemoran os 75 anos do seu pasamento.
A Deputación financia ao 100% a mellora do acceso peonil a Combarro a través...
A Deputación de Pontevedra investirá máis de 700.000 euros na recuperación da zona de Casalvito e O Padrón, no concello de Poio. O organismo provincial financirá estre proxecto a través do Plan Extra e o +Provincia. Ademais da mellora da mobilidade e a creación dunha plataforma única, renovaranse todos os servizos e soterrarase todo o cableado.
Rematadas as obras no treito urbano da PO-11 en Marín, que pronto será de...
Xa están rematadas as obras no treito urbano da PO-11 en Marín. A avenida de Ourense loce xa a súa nova imaxe, cunha beirarrúa máis ampla na liña dos edificios, a renovación do pavimento, da iluminación e do mobiliario urbano, e unha nova rotonda que permite un tráfico máis fluído. Trala súa recepción por parte do Ministerio de Transportes, nos vindeiros días será transferida ao concello mariñense.
Pontevedra abre etapa con ‘Responsábeis’, a marca institucional que pon o foco no compromiso...
O concello de Pontevedra estrea marca institucional. Chámase ‘Responsábeis’ e pon o foco no compromiso e os pequenos esforzos de toda a veciñanza para construír a Pontevedra do futuro. A campaña supón un decálogo de obxectivos que van dende o coidado do planeta ata o amor pola cidade e a equidade social. Conciencia, compromiso e solidariedade son os sinais de identidade desta nova marca.
Traballadores de ENCE protestan pola externalización do servizo médico da fábrica e o despedimento...
Mobilización dos traballadores de ENCE para denunciar novos recortes de persoal na fábrica de Lourizán. Desta volta, despois de coñecer a decisión da empresa de suprimir o servizo médico da factoría que atende ao cadro de persoal. A pasteira aposta pola súa externalización, coa contratación de QuirónSalud. O comité asegura que, ademais de supoñer a eliminación de postos de traballo, implica un empeoramento na seguridade do resto de operarios da fábrica. Dende ENCE defenden que a decisión mellora esta atención.
As obras do antigo conservatorio e de Churruchaos estarán rematadas en marzo de 2026
As obras de rehabilitación do antigo conservatorio e do edificio de Churruchaos, en Pontevedra, estarán rematadas a tempo para cumprir os prazos establecidos polos fondos PIREP. Os traballos están a ser cofinanciados por estas axudas europeas, xestionadas polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, que fixan o mes de marzo de 2026 como data límite para rematar as obras. Os dous proxectos suman unha achega de 3 millóns de euros. Hoxe recibiron a visita do delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco.
O PSOE reclama ao concello de Pontevedra que acepte a colaboración de Zona Franca...
A necesidade de crear máis chan industrial en Pontevedra irá ao vindeiro pleno municipal da man do PSOE. A formación presentará unha moción para instar ao goberno local a que atenda o ofrecemento de Zona Franca e así estudar co ente estatal a creación de novas áreas industriais na cidade. Todo, din os socialistas, ante a inacción da Xunta de Galicia. Entre as posibles zonas, o PSOE aposta por analizar a creación dun porto seco en Leborei, na parroquia de Cerponzóns.
A tubaxe baixo José Malvar é viable pero sería insuficiente para rematar cos asolagamentos...
Viable pero insuficiente. É o resumo do estudo técnico que realizou o concello de Pontevedra sobre a posibilidade de instalar unha tubaxe na rúa José Malvar para evitar os asolagamentos en Padre Fernando Olmedo. Os expertos apuntan que a medida contribuiría a reducir o caudal do rego Valdecorvos, pero precisaría doutras actuacións para ser unha solución real ao problema das inundacións. Non substituiría cuestións que xa están sobre a mesa, como a construción das balsas inundables no barrio de Valdecorvos.
O presente e o futuro do comercio electrónico analizaranse no Ecommerce Days
O comercio electrónico analizarase os días 9 e 10 de outubro en Pontevedra. O Pazo da Cultura acolle a cuarta edición dos Ecommerce Days, unha cita dedicada a este modelo de negocio de compra e venda a través de internet. Este ano a proposta suma un día máis á súa programación e a día de hoxe supera xa os 250 inscritos. Está dirixido a profesionais do sector do comercio.
O Banco de Alimentos precisa 800 voluntarios na zona de Pontevedra para a súa...
Chamamento da Fundación Provincial Banco de Alimentos á cidadanía. Os días 7 e 8 de novembro a entidade celebrará a súa Gran Recollida. Pero para facela posible, precisa mobilizar máis de 800 voluntarios en Pontevedra e nas localidades do norte da provincia. O obxectivo: superar os 325.000 quilos de alimentos recadados no 2024.
















