Máis de 125.000 persoas pasaron polas actividades da Bienal de Arte de Pontevedra no...

A recuperación da Bienal de Arte de Pontevedra foi un éxito rotundo. Así a cualifican dende a Deputación pontevedresa. Esta mañá, o goberno provincial realizou balance do impacto do regreso desta cita cultural. 125.000 espectadores pasaron polas diferentes propostas dunha programación que se prolongou 102 días. Uns datos que reafirman á administración provincial na súa aposta por manter esta cita. Haberá Bienal 2027.

Impulso ao polígono de Fragamoreira, en Poio

O DOG publica hoxe a aprobación inicial do Plan estruturante de Fragamoreira, instrumento que posibilitará a urbanización da zona. O polígono terá unha superficie de 373.000 metros cadrados e contará cun investimento da Xunta de case 30 millóns de euros. Esta mañá a conselleira de Economía e Industria mantivo un encontro con empresariado da zona. Avanzou que a previsión é que as obras se poidan licitar na segunda metade de 2027.

Arrancan as conversas para expoñer en Pontevedra ‘A derradeira lección do mestre’ de Castelao

O Museo de Pontevedra quere expoñer ‘A derradeira lección do mestre’, obra cume de Castelao. O presidente e o vicepresidente da Deputación mantiveron un encontro co presidente do Centro de Galicia de Bos Aires para iniciar as conversas cara unha cesión temporal desta peza do rianxeiro. O obxectivo é poder expoñela no ano 2026.

O PSOE reclamará no pleno que a Xunta amplíe o número de prazas concertadas...

O Partido Socialista de Pontevedra reclama á Xunta de Galicia que amplíe o número de prazas concertadas na residencia que Amencer-Aspace ten na cidade. O compromiso anunciado o día da inauguración do centro falaba dun concerto de 21 prazas. Actualmente son 12, cuxos prezos, ademais, non están actualizados. Segundo os socialistas, cubrir este déficit de 300 euros por praza está a levar a Amencer a unha asfixia económica. Unha situación que o PSOE levará ao vindeiro pleno.

A rehabilitación do Pazo de Lourizán podería comezar a finais do 2026 e superará...

Avanzan os traballos previos á rehabilitación do Pazo de Lourizán, en Pontevedra. Dende o 25 de xuño, estanse a realizar actuacións de prospección, diagnose e recompilación de documentación para coñecer o estado do inmoble e poder elaborar os informes técnicos necesarios para o proxecto definitivo. De cumprirse os prazos previstos, as obras de rehabilitación deste edificio histórico poderían estar en marcha a finais de 2026.

A asociación Jenin pide dende Pontevedra o apoio cidadán para rematar co xenocidio de...

Visita institucional da Asociación Galaico-Árabe Jenin de Galiza a Pontevedra. O seu presidente foi recibido este mediodía polo alcalde da cidade. Sami Ashour trasladou a Miguel Anxo Fernández Lores o seu agradecemento polo apoio do concello a Palestina e a condena do xenocidio de Israel. Segundo Ashour, a situación do pobo palestino é extrema, polo que piden o apoio da cidadanía para poñer fin á masacre.

Poio despacha as 1.500 racións dunha completa Festa da Ameixa de Campelo

A 37 edición da Festa da Ameixa de Campelo encheu Poio de visitantes e esgotou as 1.500 racións dispoñibles. Este domingo foi a xornada na que máis racións se repartiron. Máis alá da parte gastronómica a festa ofreceu distintas propostas musicais para todos os gustos. Como xa é tradición, rendeuse homenaxe ás mariscadoras que se xubilaron no último ano.

A AECC celebra en Pontevedra o Día Mundial da Investigación en Cancro co foco...

Hoxe celébrase o Día Mundial da Investigación en Cancro. E para conmemorar esta efeméride a Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra organizou o encontro ‘Diálogos sobre Ciencia e Investigación’. A cita sentou un investigador con dous pacientes que conversaron sobre o escenario actual dando os seus puntos de vista. Un xeito de poñer en valor a investigación en cancro e a importancia de incluír a perspectiva dos doentes oncolóxicos.

Día histórico para Rías Baixas: primeira vendima de ratiño co selo da Denominación de...

Primeira vendima da variedade ratiño amparada polo selo da Denominación de Orixe Rías Baixas. Despois de anos de investigación e procesos administrativos para a súa legalización, esta será a primeira colleita na que se comercialice esta uva branca centenaria baixo o amparo da DO. Detrás deste traballo está Viña Moraima, unha adega de Barro que vive esta campaña con moita ilusión. Con 900 metros de viñas inscritas no consello regulador, agardan elaborar unhas mil botellas do que chamarán Moraima Ratiño.

Os plans da Deputacion de Pontevedra contarán en 2026 cunha dotación económica ‘sen precedentes’

O goberno provincial mobilizará 128 millóns de euros para os concellos de menos de 50.000 habitantes. Avanzouno hoxe o presidente nun acto cos alcaldes e alcaldesas da provincia. Salienta a cifra récord do Plan +Provincia, que acada os 50 millóns de euros. Ademais, como novidade, os concellos poderán ter acceso anticipado as 35 millóns de euros do +Provincia do ano 2027 para proxectos plurianuais. Haberá tamén unha nova edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas con 8 millóns de euros e o segundo Plan Extra estará dotado no 2026 con 35 millóns de euros.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete