O concello busca a complicidade da hostalería en ‘Diversión Asegurada’, un protocolo contra as...
Pontevedra presenta un protocolo contra as agresións sexuais na hostalería nocturna da cidade. Bautizada como ‘Diversión Asegurada’, na iniciativa xa participan trece establecementos e tres festivais. O obxectivo é dotar aos profesionais da hostalería de ferramentas para actuar ante posibles agresións. Creando así espazos seguros para as mulleres.
A Deputación condena o boicot á etapa de La Vuelta polas Rías Baixas
Malestar na Deputación de Pontevedra polo boicot á etapa de La Vuelta que se celebrou onte nas Rías Baixas. A proba arrancou con normalidade en Combarro, no concello de Poio. Ao longo do traxecto producíronse manifestacións e protestas a favor do pobo palestino pero finalmente a concentración masiva que se celebrou en Mos, final da etapa, obrigou a adiantar a meta 8 quilómetros. O presidente provincial asegurou hoxe que respectan as protestas pacíficas pero condenan o boicot á proba deportiva.
Da uva á copa: cata de vendima en Pontevedra para coñecer de principio a...
A Ruta do Viño Rías Baixas prepara unha nova edición da súa Cata de Vendima. Trátase dunha proposta na que se explica todo o proceso do viño, dende a recollida da uva ata a súa elaboración. Os asistentes poderán aprender de forma práctica e visual os distintos factores que afectan ao crecemento da uva, así como as distintas variedades da Denominación de Orixe Rías Baixas. A cata vai ter lugar o vindeiro 19 de outubro no Pazo de Mugartegui en Pontevedra. As entradas xa están á venda.
Poio celebra ‘un día histórico’ coa saída de La Vuelta dende Combarro
Esta décimo sexta etapa de La Vuelta arrancou sen complicacións dende Combarro, no concello de Poio. A contorna do porto e da praza da Chousa concentraron os equipos e as presentacións dos ciclistas antes do inicio da proba. Pouco despois da 1 do mediodía realizouse o corte da cinta e a saída neutralizada do pelotón. Todo en medio dun amplo dispositivo de seguridade.
Multitudinarias protestas en apoio ao pobo palestino ao paso da Vuelta Ciclista polas Rías...
A etapa de hoxe da Vuelta acabou sendo cortada en Mos oito quilómetros antes da meta por mos das protestas. En Poio milleiros de persoas concentráronse na ponte da Barca, mentres que en Pontevedra a mobilización tivo lugar na zona da rúa Manuel del Palacio. Os manifestantes protestaron contra a participación de Israel, acusando á organización da Vuelta de branquear o xenodicio en Gaza. Ducias de axentes da Garda Civil blindaron o paso do pelotón por estas zonas para garantir a celebración da proba.
CIG-Ensino inicia o curso convocando unha manifestación o día 13 e unha folga o...
CIG Ensino comeza o curso como o rematou: con mobilizacións. O sindicato ten previstas dúas xornadas de protesta para este mes de setembro. Dunha banda, unha manifestación en Santiago para o sábado 13. Da outra, unha xornada de folga para o día 25. Con estas iniciativas, buscan denunciar os recortes na educación pública da Xunta de Galicia e a falta de docentes.
Pontevedra inicia a renovación dos contentores do lixo en todo o municipio
Pontevedra comeza a substituír os colectores de lixo de todo o municipio. O cambio comezará cos de cor azul, os destinados á recollida de papel e cartón. Son case 500 os que se repartirán polo concello, comezando esta mesma semana pola rúa San Mauro. En total, está prevista a instalación de 4.000 colectores novos.
O viveiro de empresas do polígono de Barro recibe sete novos emprendedores
Sete novos emprendedores recibiron hoxe as chaves dos seus novos espazos no viveiro de empresas do Polígono de Barro. Trátase de naves e oficinas que cede a Deputación de Pontevedra para que estes proxectos poidan desenvolverse. Os beneficiarios poderán madurar o seu negocio nestas instalacións como mínimo durante un ano, contando con asesoramento técnico.
Centos de persoas protestan en Vilagarcía e Pontevedra contra os incendios e a política...
Milleiros de persoas mobilizáronse onte en Galicia para protestar contra a vaga de lumes que está a arrasar principalmente a provincia de Ourense. Houbo concentracións en diferentes localidades do territorio. Entre elas, Vilagarcía e Pontevedra. Os centos de participantes criticaron tamén a política forestal da Xunta de Galicia ao berro de ‘Lumes forestais nunca máis’.
O comité cifra en máis de 21 millóns de euros a pegada económica do...
O Mundial Multisport deixou unha pegada económica de máis de 21 millóns de euros na cidade de Pontevedra. Son datos aportados polo comité organizador do evento, que no mes de xuño achegou ata a capital a máis de 3.000 deportistas e máis de 7.000 visitantes. Deste xeito, o concello pecha este capítulo e mira xa cara o vindeiro: a Gran Final das Series Mundiais do ano que vén.
















