Os traballadores de Aludec trasladan as súas protestas ao centro de Pontevedra
Na súa terceira xornada de folga os traballadores de Aludec levaron as súas protestas ao centro de Pontevedra. O cadro de persoal percorreu o centro da cidade para chamar a atención sobre as súas reclamacións. Piden salarios xustos e condicións laborais dignas nos centros de traballo da empresa. Mañá están convocados a unha nova reunión coa dirección para intentar avanzar nas negociacións.
A princesa Leonor despediu a súa etapa na Escola Naval de Marín
A Princesa Leonor deu hoxe por finalizada a súa etapa en Marín. Once meses despois do seu ingreso na Escola Naval da vila, esta mañá a Princesa de Asturias recibiu a Gran Cruz ao Mérito Naval con distintivo branco. Fíxoo no marco do acto da xura de bandeira dos aspirantes do primeiro curso e de entrega dos Reais Despachos a 130 novos oficiais da Armada, que contou coa presenza do rei Felipe VI, da raíña Letizia e da infanta Sofía . Esta xornada marcou o remate da etapa formativa de Leonor de Borbón na Armada.
Os mutualistas de Muface xa poden solicitar a súa nova tarxeta para acceder á...
Dende hoxe, a receita electrónica concertada xa funciona tamén para os mutualistas de MUFACE. Son 17.000 as persoas na provincia de Pontevedra que xa poden solicitar a súa nova tarxeta. O sistema será semellante ao que xa se aplica no Servizo Galego de Saúde.
A princesa Leonor déixase querer en Marín no seu nomeamento como filla adoptiva
A Princesa Leonor xa é filla adoptiva do concello de Marín. A Súa Alteza Real visitou hoxe a localidade para recoller esta distinción. Fíxoo nun acto breve e sinxelo na Casa Consistorial. Ás portas, centos de veciños agardaron a súa chegada para saudala e arroupala nos seus últimos días na Escola Naval de Marín.
Pontevedra será máis Feroz: os premios amplían a súa programación previa, que comezará en...
A delegación pontevedresa rematou hoxe o seu periplo por Tenerife para presentar os Premios Feroz 2026. Antes de regresar, esta mañá mantivo unha reunión coa Asociación de Informadores Cinematográficos de España. No seu marco, acordaron que a programación previa á gala do 24 de xaneiro será máis ampla, comezando xa no mes de setembro. Tamén que a primeira actividade será un diálogo co segundo presentador ou presentadora que acompañará á artista Samantha Hudson na gala.
O San Bieito ‘máis milagreiro’ reúne a centos de fieis na súa romaría en...
Hoxe, 11 de xullo foi festivo local en Pontevedra. Día de San Bieito e, por suposto, de romaría. Centos de persoas acudiron fieis á súa cita co santo máis milagreiro, cumprindo coas misas e con todos os ritos para conseguir os seus favores ao longo do ano. Unha xornada que se completou coa proposta máis festiva na beira do Lérez, con música, xantar popular e mexilloada.
En marcha os traballos de demolición das partes afectadas polo lume no edificio da...
Xa están en marcha os traballos de demolición das partes máis afectadas polo lume do edificio que ardeu este martes na rúa Riestra de Pontevedra. O dispositivo comezou a primeira hora da mañá e foi, cando menos, chamativo: un guindastre de grandes dimensións tivo que suspender no aire un colector de obra para recoller os cascallos. A rúa permanece pechada neste punto e os traballos prolongaranse, cando menos, ata mañá.
Pontevedra repetirá como sede dos Feroz o 24 de xaneiro cunha gala presentada por...
O 24 de xaneiro de 2026 será a nova cita de Pontevedra co máis destacado do audiovisual español. A cidade volverá vestir de gala para acoller a súa segunda gala dos Premios Feroz. O evento foi presentado hoxe en Tenerife e, ademais de facer pública a data, tamén se desvelou quen será a súa primeira presentadora: a artista Samantha Hudson.
Un incendio arrasa un edificio no centro de Pontevedra e obriga a evacuar ata...
Un edificio do centro de Pontevedra quedou arrasado por un incendio que se declarou esta madrugada. Foi no número 4 da rúa Riestra e as tarefas de extinción foron ben complicadas. Aínda que o lume se deu por extinguido durante a noite, as lapas reaviváronse varias veces durante o día. Aínda que non se rexistraron danos persoais, os materiais son abondosos. Ademais dos 20 veciños do inmoble afectado foron desaloxados ata mañá os habitantes dos edificios lindeiros para garantir a súa seguridade.
Primeira xornada de folga en Aludec para reclamar melloras nas condicións laborais
Satisfacción no sindicato CIG polo seguimento acadado na primeira xornada de folga na empresa Aludec. A plataforma sindical asegura que preto dunhas 300 persoas participaron nos piquetes e nas concentracións diante dos distintos centros de traballo da compañía de automoción. Este xoves está convocada unha nova reunión da mesa de negociación para acadar melloras nas condicións laborais dos traballadores.
















