Catro adegas participan na cuarta edición da Festa dos Viños da IXP Ribeiras do...

Marín celebrará os viños da Indicación Xoegráfica Protexida Ribeiras do Morrazo. A Alameda do concello acollerá a cuarta edición da festa na que estas elaboracións son as protagonistas. Será do 11 ao 13 de xullo grazas á participación de catro adegas pertencentes a este selo de calidade.

A Garda Nacional Republicana de Portugal volve colaborar co Plan Turismo Seguro para garantir...

Un amplo dispositivo policial despregarase na provincia de Pontevedra durante o verán para protexer os milleiros de turistas e peregrinos que escollen as Rías Baixas como destino. Trátase dun despregue realizado no marco do Plan Turismo Seguro 2024-2027. Dende a Subdelegación do Goberno aseguran que un dos principais atractivos da provincia pontevedresa é a súa tranquilidade e o baixo índice de delitos.

Poio xa presume de bandeiras azuis nas praias de Cabeceira e Xiorto

As praias de Cabeceira e Xiorto, no concello de Poio, xa presumen de bandeira azul. O concello izou os distintivos co inicio do mes de xullo, garantindo que estes areais contan con todos os servizos, unha calidade de auga excelente e que están vixiados por socorristas.

A Deputación calcula investir preto de 80 millóns de euros en Pontevedra ata final...

A Deputación de Pontevedra investirá preto de 80 millóns de euros ata final de mandato na capital de provincia. É a estimación que hoxe presentou o seu vicepresidente, Rafa Domínguez. Segundo Domínguez, a administración provincial ten por diante proxectos ambiciosos para a cidade, como a rehabilitación de Santa Clara e dos edificios centrais do Museo, a nova Bienal de Arte ou os futuros convenios anuais co concello de Pontevedra. Actuacións que se suman ás xa realizadas nos dous primeiros anos de mandato que, segundo o vicepresidente provincial, supuxeron un investimento de 28 millóns de euros.

Un milleiro de obras por 235 millóns de euros: López fai balance dos seus...

Dous anos despois da súa chegada ao goberno da Deputación de Pontevedra, o equipo do popular Luis López fixo balance do realizado. Partindo do seu lema ‘tendendo pontes’, o presidente provincial sacou peito do conseguido: neste tempo, o executivo provincial impulsou máis dun milleiro de obras por valor de 235 millóns de euros. Fíxoo partindo de seis eixos que marcan a súa actuación: investimentos nos concellos, o apoio ao movemento veciñal, a aposta polo deporte, o turismo e a cultura e a descentralización da actividade do goberno.

Pontevedra propón un verán con máis de 300 actividades, entre elas as Festas da...

Máis de 300 actividades encherán o verán pontevedrés de diferentes propostas para todos os públicos. O concello presentou hoxe a súa programación para esta época estival, que abrangue dende a Festa dos Libros esta mesma fin de semana ata a Feira Franca, que se celebrará os días 5 e 6 de setembro. Entre medias, concertos, cinema, monicreques, baile e, por suposto,as Festas da Peregrina, farán que o verán non teña parada en Pontevedra.

Pontevedra despídese da súa ‘semana fantástica’ como sede do Multisport de tríatlon

Aínda coa resaca da xornada de clausura, Pontevedra fixo balance esta mañá do Multisport de Tríatlon. Durante dez días a cidade converteuse na capital mundial deste deporte, atraendo a máis de 3.500 deportistas. Dende a organización explican que cita foi todo un éxito e, unha vez máis, consolida a imaxe de Pontevedra como a cidade perfecta para acoller grandes eventos internacionais.

A Fundación contra o Narcotráfico alerta do incremento do tráfico de drogas e do...

Tres persoas detidas e varios rexistros en Vilanova de Arousa é o balance que deixa o último operativo contra o tráfico de drogas desenvolvido na comarca do Salnés. No marco da operación, bautizada como Ninja 2, axentes da Udyco do Corpo Nacional de Policía desmantelaron unha organización que traficaba principalmente con marihuana, aínda que tamén se localizaron pequenas cantidades de haxix e cocaína. A operación continúa aberta. Este novo golpe contra o narcotráfico pode ter un especial simbolismo. Hoxe conmemórase o Día Internacional contra o Tráfico Ilícito e abuso de Drogas, xornada que tivo o seu acto central en Galicia na cidade de Pontevedra. Aquí a Fundación Galega contra o Narcotráfico en colaboración coa Deputación pontevedresa, leu un manifesto para alertar do incremento da presenza das drogas na sociedade e concienciar da importancia da loita contra o tráfico de estupefacientes.

As familias do Piñeiriño entregan 3.300 sinaturas na Xunta para reclamar o desdobre dunha...

Máis de 3.300 sinaturas demostran o apoio ás reclamacións das familias do colexio do Piñeiriño, en Vilagarcía. Demandan á Xunta de Galicia o desdobre dunha aula de infantil, a de cuarto. Explican que hai 19 alumnos, tres con necesidades especiais. Eles computarían o dobre polo que se superaría a ratio establecida de 20 pequenos por aula. Hoxe presentaron as sinaturas na delegación da Xunta en Pontevedra.

DepoVAN, a nova liña de axudas da Deputación de Pontevedra de compra de vehículos...

A Deputación de Pontevedra crea unha nova liña de axudas para facilitar a entidades deportivas da provincia a compra de vehículos. A administración provincial destinará a este fin 300.000 euros. Explican dende a Deputación que con estas axudas buscar colaborar cos clubes á hora de facerlle fronte a un dos seus principais gastos como é o transporte.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete