Ángel Moldes fai balance no ecuador do mandato: ‘Poio está no seu mellor momento’

Tempo de facer balance no concello de Poio. Cando se cumpren dous anos da chegada do Partido Popular de Ángel Moldes ao goberno, o alcalde teno claro: Poio está no seu mellor momento. O rexedor asegura que o municipio está a consolidar a súa transformación, contando con proxectos e subvencións en marcha doutras administracións por valor de 12 millóns de euros.

Pontevedra amosa o seu apoio a Palestina

O concello de Pontevedra loce no seu balcón unha pancarta de apoio a Palestina. BNG e PSOE participaron este mediodía no acto de despregamento, no que denunciaron o xenocidio que Israel está a cometer na Franxa de Gaza. As dúas formacións lamentaron a ausencia do Partido Popular á convocatoria.

Primeira xornada de folga das traballadoras da cociña do QuirónSalud para reclamar mellores condicións...

Primeira xornada de folga das traballadoras do servizo de cociña do hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra. O cadro de persoal concentrouse hoxe ás portas do centro ante o temor de que a empresa concesionaria realice recortes nun servizo que, aseguran, xa están a ofrecer con menos recursos dos que serían necesarios.

Cita para os ‘plantlovers’ en Pontevedra: a cultura verde encherá a Alameda no II...

Os plantlovers ou o que é o mesmo, os amantes das plantas, teñen este sábado unha cita ineludible en Pontevedra. A Alameda acollerá a segunda edición do PlantFest, un evento dedicado a todo o relacionado coa cultura verde. Haberá intercambio de escallos, obradoiros familiares e concertos. Todo totalmente gratuíto. A proposta completarase con diferentes stands de venda e zona gastronómica.

A Policía Local estreará o seu novo dron no dispositivo Multisport de Tríatlon

A Policía Local de Pontevedra estrea unha nova ferramenta. Trátase dun dron equipado con tres cámaras que se empregará fundamentalmente en accidentes, emerxencias e na vixilancia dos grandes eventos. De feito, a intención é estrear este novo equipamento no marco do dispositivo do Multisport de Tríatlon de finais deste mes.

Concello de Marín, Deputación e Xunta colaboran na reforma integral do pavillón do Sequelo

Concello de Marín, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia colaborarán na reforma integral do pavillón deportivo do colexio Sequelo, na vila mariñense. A actuación ten un orzamento de 725.000 euros, dos que a administración provincial achegará algo máis de 360.000, o 50% do custo total. Farao a través do plan +Provincia.

O PP pide a dimisión de Lores trala pelexa de onte e o PSOE...

A pelexa de onte tivo o seu eco na política local. O Partido Popular pediu este mediodía a dimisión do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. Acúsano de ser incapaz de xestionar os problemas de seguridade que, aseguran, sufre a cidade. En canto ao Partido Socialista, a formación fixo un chamamento ao sentido común e a buscar un acordo entre as administracións na procura dunha solución. Pola súa banda, os sindicatos policiais reclaman máis medios e efectivos para garantir a seguridade na cidade.

Barcelos xa estaba a ser vixiada pola Policía Local por ser punto de ‘menudeo’...

Continúa en estado grave un dos tres mozos que foron acoitelados onte na pelexa que se produciu na praza de Barcelos, en Pontevedra. Hai catro detidos por esta agresión, cunha quinta persoa identificada que os investigadores agardan arrestar proximamente. Dende o concello explican que esta zona estaba sometida a unha vixilancia especial por parte da Policía Local, por seren un punto de trapicheo de droga. Así as cousas, descartan que haxa bandas organizadas detrás da pelexa.

Unha misión inversa trae a Pontevedra un grupo de empresarios e produtos mexicanos para...

Estreitar os lazos e impulsar as relacións comerciais entre Galicia e México. É un dos obxectivos da misión comercial que estes días visita Pontevedra e a súa contorna. Un vínculo que naceu no 2017, grazas á visita comercial que organizou o concello pontevedrés ao país mexicano e que hoxe trae ata aquí unha delegación que inclúe empresariado con servizos de internacionalización, inversores mobiliarios e unha variada mostra de produtos gastronómicos.

Un novo acordo entre BNG e PSOE permite incorporar 28,5 millóns de euros ao...

En Pontevedra, novo acordo entre BNG e PSOE para sacar adiante unha nova modificación de crédito, a máis elevada da historia do concello. Deste xeito, incorporaranse ao orzamento máis de 28,5 millóns de euros, acadando a cifra de 127,15 millóns. Son cartos que se destinarán principalmente a investimentos. O acordo foi posible grazas á incorporación nas contas de diferentes proxectos propostos polos socialistas por valor de máis de 5 millóns de euros.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete