Poio pon o broche ao II TapeaPoio presumindo de hostalería cunha gran gala

Poio puxo o broche de ouro á segunda edición do certame TapeaPoio 2025. Fíxoo cunha Gala de Hostalería, na que rendeu a súa particular homenaxe ao sector turístico e gastronómico da localidade. Batea Escabechada, do restaurante Evoca, e A Gula do Xabaril, de Casa Ces, foron os premiados polo xurado. O público coincidiu ao escoller na categoría de tapa creativa A Gula do Xabaril. Na tradicional a máis votada foi Filloa de Mar, tamén de Casa Ces.

Preacordo entre concello de Pontevedra e Xunta para liberar a Xunqueira da Gándara

A liberación da Xunqueira da Gándara, en Pontevedra, está máis preto. O concello e a Xunta de Galicia avanzaron nesta demanda municipal, cun principio de acordo sobre o traslado das naves que o goberno autonómico posúe na zona.

Pontevedra programa música e animación para converter a cidade nunha festa co gallo do...

O Multisport non só encherá Pontevedra do mellor tríatlon. O concello ten deseñada unha programación paralela chea de música e animación para facer a proposta aínda máis atractiva tanto para as 12.000 persoas que pasarán pola cidade entre o 20 e o 29 de xuño como para a veciñanza. Unha programación propia que se completa coa celebración do Orgullo e coa inauguración da Bienal de Arte.

A AECC alerta do auxe de dispositivos de nicotina entre a mocidade e advirte...

Mañá, 31 de maio, conmemórase o Día Mundial Sen Tabaco e dende a Asociación Española contra o Cancro queren concienciar sobre os riscos que supón o seu consumo. Esta mañá na sede pontevedresa acolleron unha conversa que permitiu ofrecer unha visión integral do problema. Especialmente centrouse no auxe dos novos dispositivos, como os vapeadores ou cigarros electrónicos, e o seu éxito entre a mocidade.

Pontevedra estrea este domingo un contrato de residuos ‘pioneiro’

Pontevedra estreará esta fin de semana o novo contrato de xestión e tratamento de residuos. Entrará en vigor o domingo 1 de xuño pero a concesionaria terá un prazo de seis meses para implantar as melloras acordadas. O servizo segue a cargo da empresa PreZero pero tanto o concello como a compañía aseguran que se trata dun cambio de paradigma.O contrato ten unha vixencia de 20 anos e o concello pagará case 240 millóns de euros.

AJE busca dez proxectos de emprendemento para a quinta edición da súa aceleradora

Xa está en marcha unha nova edición da Aceleradora Ría de Pontevedra, unha iniciativa da Asociación de Jóvenes Empresarios e ENCE. Trátase da quinta convocatoria coa que buscan, un ano máis, promover o emprendemento e consolidar proxectos innovadores. Participarán preto dunha ducia de iniciativas.

Rafa Domínguez confía en contar co apoio do PP para repetir como candidato en...

O Partido Popular posiciónase xa en Pontevedra de cara ás vindeiras eleccións municipais. O seu actual líder, Rafa Domínguez, asegurou que se atopa nun bo momento persoal e político, coa intención de repetir como candidato do PP. Nun almorzo informativo coa prensa, presentou as principais liñas que marcarán o seu plan para a cidade.

As traballadoras de cociña do Hospital Quirónsalud de Pontevedra convocan catro días de folga

As traballadoras da empresa Servicio, Personas y Salud, encargada do servizo de cociña do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez de Pontevedra irán á folga. Serán catro xornadas de paro para protestar polas súas condicións laborais. Non só iso. Denuncian que a empresa está a ofrecer un servizo deficiente aos pacientes, con comida conxelada e menús que en moitas ocasións non atenden ás dietas pautadas.

O PSOE de Poio, decepcionado con Moldes, di que o seu é un goberno...

Os socialistas de Poio cualifican de decepcionantes os dous primeiros anos do popular Ángel Moldes na alcaldía do municipio. Din que o seu é un goberno de falsidades, fotos e fume. Aseguran que as mentiras, as faltas de rigor e as altas expectativas xeradas fan que boa parte da veciñanza se sinta defraudada. Coa vista posta nas eleccións municipais de 2027, os socialistas preséntanse xa como alternativa fronte unha xestión, din, desastrosa.

O Constitucional admite a trámite o recurso contra a sentenza do Supremo que...

O Tribunal Constitucional acepta a trámite o recurso de amparo do concello de Pontevedra contra a prórroga concedida a ENCE ata o ano 2073. O goberno local recibiu hoxe mesmo a provindencia do alto tribunal, que se pronuncia case dous anos despois da presentación do recurso. Para o executivo pontevedrés, esta decisión do Tribunal Constitucional confirma a postura do concello: o procedemento contra ENCE segue aberto.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete