O Mundial Multisport de Tríatlon será sostible ambiental, económica e socialmente

Os criterios ambientais, económicos e sociais están a marcar a organización do Mundial Multisport de tríatlon que Pontevedra acollerá no mes de xuño. Dende o concello fan fincapé na aposta pola sostenibilidade, con iniciativas como a instalación de fontes ou a redución dos plásticos. Os organizadores comprométense tamén coa saúde. Así, da man da Asociación Española contra o Cancro repartirase información sobre o coidado da pel e contra o tabaquismo.

Sesenta artistas reflexionarán sobre os conflitos da actualidade na Bienal de Arte de Pontevedra

Sesenta artistas de 28 nacionalidades exporán durante este verán en Pontevedra. Farano no marco da Bienal, que volve á cidade do 21 de xuño ao 30 de setembro despois de quince anos de parón. Co lema ‘Volver a ser humanos. A dor dos demais’, contará con figuras como Olafur Eliasson, Hans Haacke ou Emily Jacir. A través das súas obras, reflexionarán sobre os conflitos que marcan a actualidade.

O Carlos Oroza incorpora as últimas tecnoloxías para buscar a vocación do seu alumnado...

Novo proxecto de innovación posto en marcha polo Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra. Desta volta, a proposta pasa pola posta en marcha un Laboratorio de Servizos 5.0; unha iniciativa que ten como obxectivo transformar a formación nos servizos de restauración a través de metodoloxías activas e tecnoloxías avanzadas. Hoxe o centro celebrou unha xornada de portas abertas para dar a coñecer este proxecto.

O concello encarga o proxecto para mellorar a contorna da ponte de Santiago e...

En Pontevedra, hoxe adxudicouse a redacción do proxecto de integración urbana da ponte de Santiago e da contorna da rúa Serra. Dende o concello explican que a actuación mudará o aspecto da parcela existente entre a propia rúa e a avenida de Bos Aires. Trátase dunha zona verde que ata o ano pasado pertencía ao Instituto Galego de Vivenda e Solo e sobre a que os veciños levan anos reclamando que se actúe.

Mosquera reclama o relevo de Rafa Domínguez como responsable do Museo pola súa ‘incapacidade’

O BNG pide ao presidente da Deputación de Pontevedra que substitúa a Rafa Domínguez como encargado das obras do Museo pontevedrés. Segundo César Mosquera, dous anos despois do cambio no goberno provincial, Domínguez ten demostrado a súa incapacidade para avanzar nos proxectos dos edificios centrais e de Santa Clara. Asegurou o nacionalista que actualmente están peor que no 2023.

Avanzan en tempo e forma as obras do parque da Parda, que será unha...

O concello de Pontevedra mantén as súas previsións: o parque da Parda estará rematado no ano 2027. Hoxe o alcalde visitou os traballos que, asegurou, avanzan en tempo e forma. De feito, Miguel Anxo Fernández Lores confía en que se poidan acurtar os prazos e que as obras da que será a maior zona verde da cidade estean rematadas antes da data límite. A intervención conta cun orzamento de 5,3 millóns de euros.

A delincuencia baixou un 6% en Pontevedra respecto do ano 2024

A delincuencia baixou na cidade de Pontevedra no que levamos de 2025 respecto do mesmo período do ano pasado. Así o asegurou hoxe o subdelegado do goberno despois da celebración da xunta local de seguridade. Segundo Abel Losada, o índice de delincuencia se reduciu en algo máis dun 6%. Asegurou que Pontevedra é unha cidade segura e acusou ao Partido Popular de empregar argumentos que fomentan o odio ás persoas que viven na rúa.

Xunta e concello asinan a cesión de tres novas parcelas en Pontevedra para a...

A Xunta de Galicia e o concello de Pontevedra oficializaron esta tarde a cesión de novas parcelas para a construción de vivenda pública. Alfonso Rueda e Miguel Anxo Fernández Lores asinaron a acta pola que o goberno local transfire a titularidade ao Instituto Galego de Vivenda e Solo dos terreos na Parda, Tafisa e Valdecorvos. Segundo os cálculos iniciais, estas parcelas poderán acoller 118 novas vivendas de promoción pública na cidade.

A mobilización anual contra ENCE tamén marchará contra a instalación de Altri

A loita contra Altri irrompe na mobilización anual contra ENCE que a Asociación Pola Defensa da Ría organiza en Pontevedra. Este ano uniranse as Plataformas en Defensa da Ría de Arousa e Ulloa Viva. Os tres colectivos queren unir as súas voces na mobilización do vindeiro 1 de xuño. Será baixo o lema ‘nin ENCE na ría. Nin Altri na Ulloa. Celulosas fóra’.

O Carlos Oroza leva a comida tradicional e de proximidade á máquina de vending

O Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza presentou esta semana o resultado dun novo proxecto de innovación. Trátase dunha máquina de vending que achega ao cliente unha oferta ben diferente á que estamos afeitos. Os típicos doces ou snacks quedan substituídos por pratos completos elaborados con produtos quilómetro cero. Unha proposta pioneira en España que pode ter o seu oco en hoteis, empresas ou hospitais.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete