Fernández Lores repetirá como alcaldable do BNG no 2027
Miguel Anxo Fernández Lores, non dubida. Está disposto a volver presentarse como candidato á alcaldía de Pontevedra polo BNG no 2027. Cando o mandato acada o seu ecuador, o rexedor asegura que se atopa no seu mellor momento. Tamén está convencido de que o actual será o seu mandato máis frutífero á fronte da capital pontevedresa.
O PSOE reclama que a Xunta estenda a dragaxe do Lérez ata a Ponte...
O Partido Socialista reclama á Xunta que estenda a dragaxe do Lérez ata a Ponte dos Tirantes. É unha das emendas que o PSOE presenta á moción que levará o Partido Popular ao vindeiro pleno de Pontevedra sobre esta actuación no río. Pretenden transformar o texto dos populares, que consideran partidista e propagandístico.
O PP demanda novas comisarías para as policías Local e Nacional en Pontevedra
As demandas das Policías Nacional e Local volverán estar presentes no vindeiro pleno de Pontevedra. Será a través dunha moción do Partido Popular. Desta volta, a formación céntrase en dar pulo a dúas vellas reclamacións dos dous corpos: a renovación das comisarías, para contar con instalacións dignas e modernas.
Marín fusiona o seu Día das Letras Galegas co festival Vila do Libro
Marín converterase nunha Vila do Libro esta fin de semana. O concello súmase por primeira vez a esta rede, levando ata o municipio tres xornadas de actividades variadas ao redor da lectura. Haberá charlas, presentacións, encontros con autores e obradoiros para todos os públicos. Unha programación que se fusiona coa impulsada directamente polo concello para conmemorar o Día das Letras Galegas.
Unha perruqueira de Pontevedra pon extensións e perrucas de xeito gratuíto ás mulleres con...
Axudar ás mulleres con cancro a recuperar a súa autoestima. É un dos obxectivos polo que hai xa once anos traballa Jossy Peralta. Dende o seu negocio en Pontevedra, Extensiones Jossy, elabora e coloca extensións de cabelo natural ás clientas que perderon o seu pelo polo impacto dos tratamentos de quimioterapia. Un labor que fai, ademais, de xeito gratuíto. Ata ela xa se achegaron mulleres de toda Galicia e mesmo doutros puntos de España.
Poio rende homenaxe a Cristóbal Colón
O municipio viviu dous días de intensa festa, arredor da teoría da procedencia galega do navegante. A chegada da Nao Santamaría a Combarro marcou o inicio destes festexos, cunha programación variada para toda a familia. O Día de Colón supón tamén un importante retorno económico, con moitos restaurantes de Combarro e do resto do concello colgando durante esta fin de semana o cartel de 'completo'.
Desartellada unha banda que empregaba motores subacuáticos para recuperar droga apegada a buques
Sete dos oito detidos esta semana no marco da última operación contra o tráfico de drogas realizada no Salnés pasaron hoxe a disposición xudicial. Tras prestar declaración ante o xulgado de instrución número 2 de Vilagarcía que dirixe a investigación todos quedaron en liberdade. Tres deles, iso si, terán que comparecer no xulgado de xeito mensual. Segundo fontes oficiais, ninguén solicitou outro tipo de medidas para os detidos. A causa séguese por tráfico de drogas e por pertenza a organización xudicial, aínda que este último delito só para algún dos investigados. Mentres se producía o paso a disposición xudicial dos detidos, a Policía Nacional daba detalles da investigación. A pesquisas vincúlaos co alixo de 120 quilos de cocaína que foi intervido no porto de Marín. Ademais da droga, os axentes incautaron equipos profesionais de mergullo coñecidos como seascooter. Empregaban estes dispositivos para propulsarse rapidamente baixo a auga e poder acceder aos fardos ocultos nos buques.
Pontevedra xa ten máis de 300 voluntarios para a organización do Mundial de Tríatlon...
Continúa en marcha a campaña para captar voluntarios de cara á celebración do Mundial Multisport en Pontevedra. Será do 21 ao 29 de xuño. Actualmente, a oficina que dirixe o voluntariado xa conta con máis de 300 inscritos. O obxectivo é acadar os 350 para poder cubrir correctamente as 1.700 quendas previstas.
Máis de 200 voluntarios da AECC buscan a colaboración da veciñanza para apoiar o...
A Asociación Española Contra o Cancro celebrou hoxe unha das súas xornadas máis importantes. Un exército de voluntarios saíu ás rúas para participar na cuestación anual da entidade, e recollendo as doazóns da veciñanza. Todo o recadado contribuirá ás actividades da asociación, como é a investigación, o apoio aos enfermos de cancro e ás súas familias e á prevención.
A Deputación financiará o 100% dun proxecto de mellora da imaxe e da mobilidade...
O concello de Poio recibirá máis de 720.000 euros da Deputación de Pontevedra para mellorar a imaxe e a mobilidade na parroquia de Combarro. A achega permitirá financiar o 100% do proxecto, que se desenvolverá entre os núcleos de Casalvito e O Padrón. Da contía total, 180.000 euros proceden do +Provincia. Os fondos restantes, case 550.000 proveñen dunha achega enmarcada no Plan Extra asinada esta mañá.


















