Pontevedra convídanos a un picnic para bordar en comunidade co gallo do Día Internacional...
Pontevedra conmemorará o vindeiro 30 de xullo o Día Internacional do Bordado. Será coa proposta ‘Vés bordar?’, un picnic e sesión conxunta de bordado impulsada pola artista mexicana Maritza Bertolini. A cita será a partires das 6 da tarde baixo o magnolio dos Xardíns da Deputación e estará aberta a todos os públicos.
‘Valor Extra’: o balance da Deputación de Pontevedra dos tres anos de goberno de...
Hoxe na Deputación de Pontevedra foi día de facer balance dos tres anos do goberno encabezado polo presidente Luis Lópéz. Como resumo, o popular destacou que neste tempo se realizaron máis de 2.000 obras, 600 millóns de euros mobilizados e iniciativas centradas no apoio a concellos e colectivos veciñais. Ao acto celebrado no Pazo Provincial baixo o lema ‘Valor extra’ estiveron convidados todos os deputados, alcaldes da provincia, institucións e representantes da sociedade civil.
O Gafos comeza a asomar en Campolongo co inicio das obras de renaturalización
Os traballos de destape do río dos Gafos, en Pontevedra, concéntranse no seu arranque na contorna dos centros educativos da zona. A intención do concello é liberar os accesos de cara ao mes de setembro, para que as obras afecten o menos posible ao funcionamento destes centros. Hoxe o alcalde visitou a intervención, que cualificou como exemplar para o futuro urbano.
O Bigsound traerá ata Pontevedra artistas como David Bisbal, Ana Mena ou Nathy Peluso
Os días 17 e 18 de xullo volverá a Pontevedra un dos grandes eventos musicais do verán. O Bigsound Festival ultima os preparativos para esta cita, que agarda reunir a máis de 35.000 persoas no recinto habilitado no parque de Tafisa. Recordemos que polo escenario pasarán artistas como María Becerra, David Bisbal, Nathy Peluso ou Ana Mena.
Tres adegas da IXP Ribeiras do Morrazo participarán na Festa dos Viños de Marín
Este venres 10 de xullo arranca en Marín a Festa dos Viños da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo. Tres adegas achegarán aos marinenses as súas elaboracións dende as casetas instaladas na Alameda. A quinta edición da cita volve coincidir co comezo das Festas da Virxe do Carme.
Pontevedra promete ‘Un verán redondo’ con máis de 300 actividades
‘Un verán redondo’ é o lema do concello de Pontevedra para o programa de actividades previstas para o período estival. Hoxe presentouse un programa de máis de 300 actividades coa eclipse como un dos elementos centrais. Fenómeno astronómico que ademais coincide coas Festas da Peregrina. Estas Festas de Verán prolongaranse ata finais de setembro, cando se celebre a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon.
Iván Puentes repetirá como candidato do PSdeG á alcaldía de Pontevedra
Iván Puentes volverá encabezar a candidatura do Partido Socialista á alcaldía de Pontevedra nas eleccións de 2027. O actual secretario xeral e portavoz local foi proclamado de xeito unánime, despois de que a súa fora a única candidatura rexistrada. Puentes asegura que se presenta coa ilusión de poder liderar o goberno pontevedrés, nunhas eleccións que, di, chegan nun escenario profundamente aberto.
Marín reabre o pavillón do Sequelo trala súa renovación integral
O pavillón do Sequelo, en Marín, xa luce nova imaxe. Esta mañá foron inauguradas as instalacións trala ampla reforma: mellora da eficiencia enerxética, da accesibilidade, reforzo da estrutura, renovación da cuberta e das fachadas e posta a punto da pista deportiva. A intervención contou cun orzamento de 725.000 euros.
Unha nova senda une a Xunqueira da Gándara co parque forestal da Tomba
Pontevedra estrea nova senda entre a Xunqueira da Gándara e o parque da Tomba. Hoxe foi inaugurado o trazado de 1,8 quilómetros que forma parte dun proxecto do concello para poñer en valor todo o territorio periurbano do municipio. A intervención contou cun investimento de 158.000 euros.
Marín garda un minuto de silencio sen noticias sobre os seus veciños desaparecidos en...
Marín continúa agardando algunha noticia dos seus veciños desaparecidos nos terremotos de Venezuela. Nada se sabe desta familia de orixe venezolana de catro membros que chegou a La Guaira o luns da semana pasada para pasar as vacacións. Hoxe o concello celebrou un emotivo minuto de silencio en sinal de solidariedade coas vítimas; acto que estivo marcado pola dor e pola esperanza de localizar a esta familia que reside dende hai 12 anos no municipio.
















