A mellora da rede de saneamento no río Lameira estará rematada a finais deste...
A Xunta avanza na mellora da rede de saneamento no río Lameira, en Marín. Trátase dunha actuación que conta cun investimento de máis de 3 millóns de euros e que beneficiará a unha poboación potencial de case 10.000 persoas. Está previsto que os traballos rematen a finais deste ano. Hoxe visitou a zona a conselleira do Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.
Poio inaugura a súa propia Unidade de Atención Temperá para apoiar ás familias que...
Poio xa ten en marcha a primeira Unidade de Atención Temperá de municipio. Trátase dun servizo gratuíto localizado na Casa Rosada e que busca previr e actuar ante problemas de desenvolvemento en menores de seis anos. Xestionado por Cogami, conta cunha psicóloga, unha logopeda e unha fisioterapeuta pediátrica. O xoves celebrarase unha xornada de portas abertas para informar á veciñanza deste novo equipamento.
O achado dun muro en Santa Clara confirma que os tres edificios do convento...
Santa Clara xa era no século XIV unha grande estrutura conventual. Así o confirma o último achado das catas arqueolóxicas que está a realizar a Deputación de Pontevedra no recinto. Atopáronse os cimentos dun muro que demostran que no momento da súa fundación o convento xa estaba formado por tres edificios. Algo que, segundo o goberno provincial, reescribe a historia de Santa Clara e da propia Pontevedra.
Zona Aberta propón reorganizar a feira en función dos produtos e manter os postos...
Zona Aberta aposta por reorganizar o mercado ambulante de Vilagarcía. En concreto, a asociación de comerciantes e hostaleiros propón que os postos se sitúen por sectores, agrupándoos en función dos produtos que vendan. Dende o colectivo defenden a importancia tanto do mercado ambulante como da praza de abastos xa que, aseguran, son complementarios á oferta dos comercios vilagarciáns.
Baixan os tempos de agarda para operarse pero non para unha consulta na área...
Balance positivo da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés respecto das listas de agarda nos tres hospitais. O xerente destacou hoxe que no 2024 se conseguiu unha redución nos tempos de espera en intervencións cirúrxicas, que se sitúan en 62 días. Tamén diminuíron nas probas diagnósticas. En canto ás consultas, mantivéronse estables, en algo máis de 58 días.
Directivos de QuirónSalud de Madrid viaxan ata Pontevedra para reunirse cos traballadores do Domínguez
Xornada clave no calendario de protestas iniciado polo cadro de persoal do Hospital Quirón Salud Domínguez de Pontevedra. Esta mañá, o comité de empresa estaba citado a unha reunión con representantes da dirección chegados dende Madrid. A súa intención era trasladarlles o descontento do persoal cos últimos despedimentos e co peche de servizos. Antes do encontro, concentráronse ás portas do hotel onde se ía celebrar para demostrar a unión dos traballadores.
O veciño de pontevedra afectado polas pedradas na AP9 plantéxase recorrer aos tribunais
Un veciño de Pontevedra, entre os afectados polo lanzamento de pedras aos vehículos que circulaban pola AP9 que se rexistrou a principios do mes de febreiro. Ademais de esnaquizarlle o cristal do parabrisas e provocarlle máis danos no vehículo, o suceso tivo un efecto colateral para David Valqui: perdeu o traballo que acababa de conseguir por non poder asumir a reparación do coche que precisaba para desprazarse. Case un mes despois dos feitos, non se coñece a identidade dos responsables.
Enfrontamento entre Deputación e concello pola licenza de obra de Santa Clara
Enfrontamento entre a Deputación e o concello de Pontevedra con motivo da rehabilitación de Santa Clara. Hoxe o vicepresidente provincial acusou ao alcalde de empregar o proxecto como arma política, atrancando no concello a concesión da licenza de obra. Dende o goberno local, pola súa banda, aseguran que non poden conceder esta licenza sen ter o informe sectorial de Patrimonio, que a Deputación aínda ten pendente. Din que completar o trámite sen ter esta documentación sería prevaricar.
Alumnado da Escola de Idiomas de Pontevedra denuncia que leva un mes sen clase...
O alumnado da Escola de Idiomas de Pontevedra reclama celeridade á hora de cubrir as ausencias do profesorado. Hoxe un grupo de estudantes de portugués concentrouse ás portas do centro para chamar a atención sobre a súa situación: hai un mes que non teñen clase pola baixa do profesor. Reclaman que se tomen medidas que solucionen esta problemática, que afecta, din, ao rendemento académico.
Deputación, Xunta e sindicatos pechan un acordo de melloras que remata co conflito dos...
Punto e final ao conflito dos bombeiros comarcais de Pontevedra. Deputación, Xunta e sindicatos foron quen de achegar posturas e pactar unha solución que remata con anos de conflito aberto. O acordo contempla a ampliación do cadro de persoal con 17 efectivos, melloras salariais e avances laborais.

















