A Deputación de Pontevedra anima a falar en galego no acto do Día de...

Neste 21 de febreiro conmemoramos o Día da Lingua Materna e, ademais, estamos ás portas da celebración do Día de Rosalía. A Deputación de Pontevedra encheuse hoxe de rapazada nun acto no que o presidente provincial animounos a seguir falando en galego. Ao acto asistiu rapazada de terceiro de Primaria do CEIP Campolongo, de Pontevedra.

Unha familia de Barro leva un mes cun poste de Telefónica pegado á casa...

Unha familia da Portela, en Barro, leva un mes denunciando que teñen ao lado da casa un poste que está a piques de caer. Chamaron ao 112, á Garda Civil, ao Concello e á Deputación, pero ninguén lles axuda. Tamén intentaron unha e outra vez que Telefónica atenda esta incidencia. Polo de agora non tiveron sorte e din estar fartos de que cando chaman os atenda unha gravación. En protesta por esta pésima atención por parte da compañía espetaron un espantallo na beirarrúa simulando unha persoa da oficina virtual de Movistar.

Artesa, especializada no envasado e distribución de moluscos, faise co selo Galicia Calidade

A empresa Artesa, especializada en produtos do mar e situada no polígono de Barro, faise co selo de Galicia Calidade. A compañía dedícase sobre todo ao envasado e distribución de vieiras e ourizos. A dirección da empresa salienta que coa certificación do seu produto se lle está dando un valor engadido ao seu traballo. Reivindican a súa calidade e, sobre todo a orixe dos recursos cos que traballan, 100% galegos.

SOS Sanidade Pública recolle sinaturas para esixir que o aparcadoiro do Gran Montecelo sexa...

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública continúa coa súa recollida de sinaturas para evitar que o aparcadoiro do Gran Montecelo sexa de pago. Esta mañá instalaron a súa mesa informativa fronte ao Hospital Provincial, en Pontevedra. Dende o colectivo animaron á veciñanza a sumarse á campaña contra unha decisión que, aseguran, hipoteca o futuro da área sanitaria.

Case 300 proxectos beneficiaranse da quinta edición do Plan Social de ENCE

O Plan Social de ENCE beneficiará na súa quinta edición preto de 300 proxectos de Pontevedra e da súa contorna. Como en anos anteriores, nesta convocatoria do 2024 a empresa repartirá entre estas iniciativas un total de 3 millóns de euros. Son proxectos relacionados coa promoción do deporte base e de elite, coa educación e a cultura, coa inclusión social, coa recuperación e coidado da contorna e co emprendemento e a innovación.

Pontevedra, escenario da primeira asemblea do Viño de Galicia

Pontevedra acolleu a primeira Asemblea do Viño Galego. Trátase dunha proposta impulsada pola Asociación Galega de Sumilleres na que estivo presente todo o sector. Ao encontro asistiron enólogos, viticultores, sumilleres, distribución ou docentes. Sobre a mesa, distintas necesidades e problemáticas que afectan a toda a cadea. Entre elas, a necesidade de darlle visibilidade a todas as patas do sector e posicionar os viños galegos de forma máis coordinaada no resto de España e nos mercados internacionais.

A Sala Zennet non pecha: ‘Non somos unha discoteca, somos un café-espectáculo e por...

A sala Zennet, o local de hostalería situado no Club Naval de Pontevedra, non terá que pechar. Así o defenden os seus responsables. Carlos Fontán e Javier Mori saíron ao paso das informacións publicadas sobre unha resolución de Portos de Galicia na que ordena o cesamento da súa actividade como discoteca. Fontán e Mori defenden que a licenza do seu local é como café-espectáculo, polo que non consideran que a orde lles afecte.

A Xunta de Galicia aposta por comezar a rehabilitación do Pazo de Lourizán a...

A Xunta de Galicia intentará que as obras de rehabilitación do Pazo de Lourizán, en Pontevedra, dean comezo a finais deste ano ou a principios de 2026. Así o confirmou esta mañá o presidente autonómico nunha visita que realizou á finca co estudo de arquitectura gañador do concurso para a súa recuperación integral. O proxecto contempla a transformación do edificio central nun hotel de catro estrelas, así como o acondicionamento doutras construcións da finca. O orzamento rolda os 15 millóns de euros.

A ‘festa’ da camelia das Rías Baixas, no recinto feiral de Pontevedra os días...

O Recinto Feiral de Pontevedra acollerá os días 22 e 23 de febreiro a 60 Exposición Internacional da Camelia. Un evento organizado pola Deputación de Pontevedra que amosará ao mundo a riqueza e enormes posibilidades da que está considerada a flor das Rías Baixas. O programa deste ano inclúe premios para os produtores, obradoiros para a rapazada e degustación de té.

A reforma integral do edificio dos Churruchaos estará rematada en xullo

Avanza a reforma integral do edificio dos Churruchaos, en Pontevedra. A semana pasada, o concello aprobou unha prórroga de cinco meses para a finalización dos traballos, ata xullo deste ano. Trátase dun proxecto cofinanciado polas axudas á rehabilitación de edificios públicos do Ministerio de Vivenda, polo que a obra ten que estar rematada antes do 30 de setembro.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete