O PSOE propón crear en Pontevedra un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas para...
O PSOE propón crear en Pontevedra un servizo público de aluguer de bicicletas eléctricas. A formación levará unha moción ao vindeiro pleno instando ao concello a solicitar as axudas do Ministerio de Transporte para esta iniciativa, coa que buscan impulsar a mobilidade sostible e accesible. A intención é que este servizo se integre no sistema de billete único do transporte metropolitano, facéndoo compatible co billete de tren e autobús.
Traballadores do Quirónsalud de Pontevedra mobilízanse contra os despedimentos e o peche da UCI
Primeira protesta dos traballadores do hospital Quirónsalud Miguel Domínguez de Pontevedra contra os recortes. Hoxe concentráronse ás portas do centro para denunciar a decisión de pechar a Unidade de Coidados Intensivos e de despedir a oito membros do persoal doutros servizos. O calendario de mobilizacións continuará ata que os traballadores sexan recibidos polos responsables do Grupo QuirónSalud de Madrid.
Pontevedra opta a fondos europeos para transformar os barrios de Monte Porreiro, A Seca-Valdecorvos...
O concello de Pontevedra prepara unha batería de proxectos para optar aos fondos europeos do Plan de Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local, os EDIL. A intención do goberno é optar á contía máxima de subvención, que acada os 20 millóns de euros. Incluirá na súa proposta actuacións en tres barrios, dirixidas a transformalos aplicando os mesmos parámetros que no centro da cidade. Son proxectos para Monte Porreiro, para A Seca e Valdecorvos e para A Parda.
Deteñen un veciño de Poio que estaba a montar unha fábrica de tabaco clandestina...
Montar unha fábrica de tabaco clandestina nunha nave de Cerponzóns, en Pontevedra. Eran os plans dun veciño de Poio. Proxecto que frustrou unha operación conxunta da Axencia Tributaria e a Policía Nacional. No marco das investigacións, bautizadas como Tempus Sisha, incautáronse tamén 142 quilos de tabaco de contrabando e o material necesario para a súa fabricación. O principal sospeitoso tiña antecedentes por contrabando de tabaco.
Aprender a coidar a terra e facilitar a inserción laboral: obxectivos de ‘Vivir co...
Vivir co Rural é un dos proxectos que ten en marcha a asociación Boa Vida, en Pontevedra. Dende a Horta Comunitaria que ten en Salcedo, o colectivo leva adiante unha experiencia de aprendizaxe para que os seus participantes coñezan como coidar a terra, xestionar de xeito sostible os recursos e traballar en equipo. Como todas as iniciativas de Boa Vida, esta está dirixida a persoas en situación de vulnerabilidade.
O Tribunal Supremo absolve a Rafael Louzán do delito de prevaricación administrativa
Rafael Louzán, absolto do delito de prevaricación administrativa. O Tribunal Supremo decidiu finalmente estimar o recurso presentado polo expresidente da Deputación de Pontevedra. Así, botou abaixo a sentenza condenatoria da Audiencia Provincial pontevedresa de 7 anos de inhabilitación para emprego ou cargo público pola concesión dunha subvención para as obras de mellora no campo de fútbol de Moraña. Esta decisión permitiralle seguir no seu carg
O alumnado do Carlos Oroza volve tomar o Gastroespazo con cinco proxectos
O Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza volve ao Gastroespazo do Mercado de Pontevedra. Por segundo ano consecutivo, a escola contará cun espazo semanal para que o alumnado poña en práctica o aprendido. Neste caso participan cinco proxecto diferentes, que levarán as súas propostas a un escenario real con público. Unha colaboración única no Estado.
A Policía Local de Poio acusa ao goberno de acoso e trato discriminatorio e...
A Policía Local de Poio está en pé de guerra contra o goberno local. Denuncian que levan dende o mes de maio sen cobrar as horas extra e cren que se trata dunha medida de presión do alcalde, Ángel Moldes, despois de que se negaran a cubrir eventos nocturnos pola falta de axentes. Aseguran que polo tamaño do concello o cadro de persoal do corpo debería contar con 23 policías pero que a día de hoxe só son 7. Acusan ao goberno local de acoso e discriminación e non desbotan recorrer aos tribunais.
O Hospital Montecelo estréase na doazón en asistolia controlada coa que agarda aumentar o...
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés xestionou no 2024 a doazón de nove órganos e dúas córneas. Todos procedentes de tres doadores, dun total de cinco potenciais. Destacan dende a xerencia que tan só se deu unha negativa familiar. Ademais, o Hospital Montecelo ten en marcha un novo protocolo de doazón tras unha morte circulatoria, coñecida como doazón en asistolia controlada, que cren que incrementará o número de doadores. Esta mesma tarde, realizouse a primeira destas doazóns.
Rías Baixas recibiu 1,8 millóns de turistas en 2024, un ‘ano inmellorable’ para a...
O 2024 foi 'inmellorable' para o turismo en Rías Baixas. O ano pasado visitaron a provincia de Pontevedra 1,8 millóns de persoas. É un 5% máis respecto ao 2023. Segundo o presidente provincial, Luis López, trátase do mellor ano turístico da historia.


















