Máis dun cento de taxistas paran en Pontevedra para protestar pola suba ‘abusiva’ dos...
Mobilización do sector do taxi da provincia de Pontevedra contra a suba dos seguros. Máis dun cento de vehículos secundaron a convocatoria do paro realizada a nivel estatal. Na capital pontevedresa concentráronse na praza de España entre as 11 e a 1 da mañá para denunciar un incremento das pólizas que consideran abusivo e que pon en perigo, din, a viabilidade da súa actividade. Sobre todo para os que traballan en zonas rurais.
O PP reclama no Congreso e no Senado coñecer proxecto de rehabilitación da antiga...
O Partido Popular de Pontevedra mira cara o antigo edificio de Facenda. A formación reclama a rehabilitación urxente do inmoble, que leva baleiro dende hai case 15 anos. Tras coñecer din, a través da prensa, o proxecto de rehabilitación que manexa o Ministerio de Cultura, demandan ao Goberno a información oficial para afondar sobre os plans para este senlleiro edificio. Recordemos que a intención é que acolla o futuro Arquivo Provincial.
A cesión da avenida de Compostela desbloqueará solo que podería acoller un milleiro de...
A cesión ao concello de Pontevedra dun treito da estrada Nacional 550 e da avenida de Compostela anunciada onte polo Ministerio de Transportes permitirá á cidade medrar cara o seu acceso norte. Segundo explicou hoxe o concelleiro de Infraestruturas, a medida suporá o desbloqueo urbanístico de varias parcelas baleiras na contorna. Un espazo que, segundo César Mosquera, podería acoller ao redor dun milleiro de novas vivendas.
Mango avalía ampliar a súa tenda de Benito Corbal unindo outros cinco locais adxacentes
Mango proxecta a súa expansión na milla de ouro pontevedresa. A compañía téxtil presentou unha solicitude de consulta urbanística no concello para unir a tenda actual que xa ten en Benito Corbal con outros cinco locais. Son os que están situados no baixo do edificio que fai esquina coa rúa Daniel de La Sota. Dende o goberno local confirmaron que o proxecto sería viable dende o punto de vista urbanístico.
As obras de humanización da PO-308 arrancarán en Poio no mes de setembro
Acordo entre a Xunta de Galicia e o concello de Poio para levar adiante a humanización da PO308. O convenio asinado hoxe contempla unha primeira fase da actuación, que afectará ao treito comprendido entre a rotonda da ponte da Barca e o Casal de Ferreirós. A obra, que conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros, iniciarase no mes de setembro. O acordo contempla tamén o traspaso da estrada, que pasará a ser de titularidade municipal.
Pontevedra volcouse cos Premios Feroz cun cheo no Pazo da Cultura para seguir en...
Ademais dos convidados á gala, 1.100 persoas puideron seguir o evento en directo dende o propio Pazo da Cultura. Tanto o auditorio como o salón de actos foron habilitados con pantallas xigantes para que non se perderan nada. Antes de entrar, os pontevedreses amosaban o seu orgullo por converterse na sede dos Premios Feroz.
A gastronomía, a xente e mesmo o tempo: Pontevedra namora aos protagonistas dos Feroz
Foi o sábado cando a alfombra vermella despregouse no Recinto Feiral. A cidade vestiu de gala para recibir a todas as estrelas que acudiron á gala de entrega dos Premios Feroz. Antes de entrar, todos destacaron os encantos de Pontevedra e de Galicia. Tamén a súa satisfacción porque galardóns coma este non se celebren sempre en Madrid.
Os premios Feroz deixan en Pontevedra ao redor de 1.300 pernoctacións na fin de...
Pontevedra aínda está nunha nube despois do éxito arrasador da gala dos Premios Feroz do pasado sábado. A cidade deixou o listón ben alto despois da súa estrea como sede desta importante cita do audiovisual español. Evento que tamén deixou a súa pegada na capital pontevedresa. Por exemplo, a organización pechou ao redor de 1.300 pernoctacións na fin de semana na cidade.
As comarcas de Caldas e O Salnés, pendentes da situación do río Umia
Nas comarcas do Salnés, Caldas e Pontevedra Herminia tamén se deixou notar con forza, pero sen incidencias graves. Árbores caídas, colectores do lixo envorcados, bolsas de auga e pequenos desprendementos foron a tónica habitual nas últimas horas. O que máis preocupa é a evolución dos ríos e, en especial, a situación do Umia ao seu paso por Caldas.
A Deputación de Pontevedra convida a ‘volver’ ás Rías Baixas para descubrir o interior...
A Deputación de Pontevedra descubriu en Fitur unha campaña que cualificaron de 'rompedora'. Por primeira vez, o interior da provincia foi o protagonista, sen ningunha alusión á costa. Dende o organismo que preside Luis López cren que esta estratexia de Rías Baixas permite ao visitante descubrir unha parte descoñecida da provincia. Defenden que a acción turística ten que chegar aos 61 concellos.

















