Unha trintena de actuacións de 4,1 millóns de euros selan o pacto de BNG...
Fumata branca en Pontevedra. O concello terá orzamentos para este ano 2025. Despois de dous meses de negociación, BNG e Partido Socialista conseguiron achegar posturas para dar forma a unhas contas que acadan os 98,6 millóns de euros. O acordo entre nacionalistas e socialistas ascende aos 4,1 millóns, repartidos nunha trintena de actuacións.
Barro presume de xestión coas subvencións que conseguiu para a reforma do pavillón de...
Barro goza xa do seu renovado pavillón. Na instalación deportiva acaban de mudar a cuberta. Un proxecto que contou cun orzamento duns 150.000 euros, dos que 38.000 foron unha achega da Deputación e 60.000 do Fondo de Cooperación Local. Nestes momentos nese pavillón están a instalar 135 paneis solares. Un sistema fotovoltaico que suporá un importante aforro enerxético para as arcas municipais.
Abraldes deixa a porta aberta a repetir como candidato do BNG á alcaldía de...
Xose Manuel Fernández Abraldes fai dez anos na alcaldía de Barro. O rexedor aproveitou este aniversario para facer balance da súa xestión á fronte do goberno local na última década. Di estar 'satisfeito' co logrado ata o momento, salientando todo o traballo feito para a inminente construción do novo centro de saúde e a nova depuradora. Deixa a porta aberta a repetir como candidato do BNG no 2027.
Os traballadores de ENCE denuncian deficiencias na fábrica e ameazan con ir á folga
Os traballadores da fábrica de ENCE en Pontevedra ameazan con ir á folga. O comité dá unha semana á dirección para abordar varias reclamacións: os problemas co estado das instalacións, as necesidades de máis persoal e a mellora das condicións de seguridade. Chegan a este punto porque, din, despois de sete reunións no 2024 a dirección segue sen tomar medidas.
A presión veciñal pon fin á ‘okupación’ dunha vivenda en Combarro
A presión veciñal remata coa okupación dunha vivenda en Combarro, no concello de Poio. O pasado venres, dúas persoas entraran pola forza na casa, actualmente deshabitada e propiedade do Sareb.
A Deputación de Pontevedra repartirá 11 millóns de euros entre os concellos da comarca...
A Deputación de Pontevedra repartirá 11 millóns de euros entre os concellos da comarca do Salnés e da súa contorna. Farao no marco dos plans +Provincia 2025 e do segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. O presidente Luis López xa se dirixiu por carta aos rexedores para informalos destas achegas.
Pontevedra habilitará o Auditorio do Pazo da Cultura para seguir en directo a gala...
Os veciños de Pontevedra poderán seguir a gala dos Premios Feroz dende o Auditorio do Pazo da Cultura, moi preto de onde se celebrará o evento. O concello habilitará o espazo para seguir a retransmisión en directo, con ao redor de 700 prazas. Xa adiantaron que, ademais, haberá varias sorpresas. Tamén se instalará unha carpa na parte superior do Recinto Feiral, na zona da alfombra vermella para que se poida achegar a veciñanza.
Boa Vida despide o Nadal restaurando 8.000 xoguetes doados pola cidadanía pontevedresa
Para a asociación Boa Vida, a campaña especial que desenvolveron no Nadal foi todo un éxito. O colectivo conseguiu recoller 11.500 xoguetes doados pola veciñanza de Pontevedra e da contorna. Deles, finalmente restauraron 8.000 que remataron ben nas vivendas das familias que lles trasladaron as súas necesidades, ou nas tendas que xestiona a asociación. Aquí están á venda a prezos reducidos co obxectivo de recadar fondos para manter as accións que impulsa Boa Vida.
O programa Xogade reúne este sábado en Poio a preto de 500 escolares no...
O programa Xogade reúne este sábado en Poio a preto de 500 escolares no Campionato Galego de Cros. Trátase dunha proba destinada ás categorías alevíns, infantís e cadetes. Vaise disputar na Seca entre as 10.00 e as 13.00 horas. Ata o concello achegaranse nenos e nenas de 52 clubs, 26 centros educativos e tres escolas deportivas municipais de toda Galicia.
O Colectivo Transfeminista Fulanas denuncia dúas agresións sexuais en Pontevedra e reclama máis recursos...
Dúas agresións sexuais rexistradas nos últimos días fan saltar as alarmas en Pontevedra. Segundo deu a coñecer o Colectivo Transfeminista Fulanas producíronse na zona da Parda e na contorna do Campiño de Santa María. Hoxe convocaron unha protesta diante da comisaría da Policía Nacional en Joaquín Costa para reclamar máis protección e máis recursos para evitar novos ataques.


















