O BNG lanza ‘Castelao nacionalista’ para reivindicar a súa figura: ‘Galicia precisa máis Castelao...
O BNG quere que Castelao sexa recoñecido de xeito oficial e legal como o primeiro presidente de Galicia. A formación levará ao Parlamento a proposta, recordando que dende o exilio o ilustre galeguista deseñou e presidiu o Consello de Galiza. Esta é unha das iniciativas que o BNG impulsará durante este Ano Castelao.Baixo o lema ‘Castelao nacionalista’ a formación reivindicará a súa figura cando se cumpren 75 anos da súa morte.
Aberto ao tráfico o treito da A-57 entre A Ermida e Vilaboa
Xa se poden percorrer os primeiros seis quilómetros da autovía A-57.Trátase do primeiro treito que entra en servizo, entre o lugar da Ermida, na parroquia pontevedresa de Marcón, e o concello de Vilaboa. O delegado do goberno en Galicia encabezou a comitiva que inaugurou esta mañá esa infraestrutura. Pedro Blanco indicou que ante o rexeitamento da veciñanza da zona, hai varias opcións enriba da mesa para a construción do segundo treito entre A Ermida e Pilarteiros.
Isabel Couselo deixa a Deputación de Pontevedra para ‘fichar’ pola Xunta
A deputada Isabel Couselo deixa a Deputación de Pontevedra para dar o salto á Xunta. A tamén concelleira e voceira do PP de Cuntis vai ser nomeada directora territorial en Pontevedra de Cultura, Lingua e Xuventude do goberno galego. A súa renuncia fíxose efectiva este venres no pleno ordinario celebrado no Pazo Provincial.
A campaña #PrimAcoso de Pontevedra inspirou a Cristina Fallarás na visibilización da violencia sexual
A campaña de 2016 en redes sociais do concello de Pontevedra #PrimAcoso foi a precursora do traballo que realiza a xornalista Cristina Fallarás. Así o asegurou ela mesma, na visita que hoxe realizou á cidade para manter unha conversa con Carme Fouces, exconcelleira de Igualdade. Fallarás recolle testemuñas de violencia machista que mulleres anónimas lle trasladan a través da súa conta de Instagram. Precisamente, unha destas mensaxes rematou coa dimisión do político de Sumar Íñigo Errejón. Xunto a Fouces, falaron sobre espazos seguros de denuncia de violencia sexual.
O concello de Marín calcula que o novo auditorio estará rematado no verán de...
A alcaldesa de Marín fai balance do que foi este 2024 para a xestión municipal. María Ramallo asegura que este foi un ano de poñer en marcha obras importantes para o municipio, como o arranxo das beirarrúas da avenida de Ourense ou a intervención en Concepción Arenal. Ramallo destacou tamén os avances na construción do auditorio. Segundo a rexedora, as novas instalacións poderían estar rematadas no verán de 2025.
Patrimonio reafírmase e autoriza ás monxas a levar o Retablo dos Desamparados de Santa...
As monxas poderán levar da igrexa de Santa Clara, en Pontevedra, o retablo dos Desamparados. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural deu luz verde ao traslado, despois de desbotar o recurso presentado pola Deputación de Pontevedra contra a reclamación da orde relixiosa.
O PSOE insta ao concello a ‘colaborar urxentemente’ con Augas de Galicia para executar...
O Partido Socialista, satisfeito co anuncio da colaboración entre o concello de Pontevedra e Augas de Galicia para paliar as inundacións na rúa Padre Fernando Olmedo. Unha oportunidade que o PSOE non quere que se perda, polo que levará ao vindeiro pleno unha moción para darlle pulo. E destacan que a solución que se está a valorar aseméllase á proposta polos socialistas no 2022.
A Denominación de Orixe Rías Baixas exportou menos pero a maior prezo que no...
Balance agridoce das exportacións da Denominación de Orixe Rías Baixas: vendeuse menos pero a máis prezo no último exercicio. O volume de vendas caeu en algo máis dun 3%, ata os 7,8 millóns de litros, pero o valor medrou por riba do 4%, ata acadar os 62 millóns de euros. Estados Unidos e Reino Unido repiten como os principais mercados no estranxeiro para os viños de Rías Baixas.
Música e poesía na Deputación para ‘romper o silencio’ e conmemorar o 25N
O Pazo Provincial acolleu hoxe o acto central para conmemorar o 25 N, Día Mundial para a Erradicación da Violencia sobre a Muller. A Deputación de Pontevedra fíxoo unindo as voces de persoas recoñecidas en diferentes eidos. Unha fórmula, dixeron, para romper o silencio e avanzar cara a eliminación desta lacra.
Impulso ao proxecto do viario de Mollavao e á reforma da rúa 12 de...
Concello e Deputación de Pontevedra asinan os convenios de colaboración para as reformas das rúas Rosalía de Castro e 12 de novembro. Son dúas actuacións que, segundo indicaron esta mañá, mellorarán o espazo público da cidade. O presidente provincial foi recibido polo alcalde no novo salón de plenos. Miguel Anxo Fernández Lores agradeceulle a Luis López que se manteñan os compromisos realizados no pasado mandato. Tamén destacou a importancia da colaboración institucional.

















