Pontevedra reabre a súa casa consistorial reivindicando os servidores públicos

A reforma da casa do concello inaugurábase o pasado venres, nun acto no que ademais do actual alcalde asistiron os outros dous rexedores vivos da Democracia. Tamén un cento de concelleiros das distintas corporacións. Na reapertura do consistorio, Miguel Anxo Fernández Lores aproveitou para reivindicar a figura dos políticos como servidores públicos.

Rueda fixa como unha prioridade da Xunta a rehabilitación do Pazo de Lourizán

Xa se pode visitar en Pontevedra a exposición 'Lourizán, presente, pasado e futuro'. A exposición foi inaugurada este xoves polo presidente da Xunta.

Barro instalará 135 paneis solares na cuberta do pavillón de San Antoniño

Máis de 130 paneis solares formarán parte da instalación fotovoltaica que o Concello de Barro ten previsto instalar na renovada cuberta do pavillón municipal. Unha vez completada a reforma do tellado, nos vindeiros días comezarán a instalarse eses paneis. Ademais de abastecer o propio pavillón, a instalación fotovoltaica tamén abastecerá outros edificios públicos do núcleo de San Antoniño. E cando haxa excedente, verterase á rede eléctrica que lle permitirá ao concello seguir reducindo a súa factura.

O acusado de atacar un xornalista en Pontevedra armado cun coitelo: ‘Perdín a cabeza’

Visto para sentanza o xuízo contra Andrés de Vicente, coñecido como 'Capi' pola tentativa de asasinato dun xornalista da Voz en Pontevedra. A Audiencia Provicial acolleu hoxe o xuízo. Capi, de 26 anos, que se fixera moi coñecido cando no 2015 agredira ao expresidente do goberno Mariano Rajoy, alegou que cando irrompeu na redacción do xornal armado cun coitelo e un rolo non tiña máis intención que causar danos materiais. Pola contra, tanto a fiscalía como a vítima, aseguran que quixo matalo.

Diana Nogueira, madriña da Gran Recollida de Alimentos 2024

Diana Nogueira será a Madriña do Banco de Alimentos da provincia de Pontevedra para a Gran recollida deste 2024. A presentadora e actriz fixo un chamamento á poboación para que se anote como voluntariado.

Catro bombeiros de Pontevedra súmanse aos traballos na zona afectada pola DINA en Valencia

s Rías Baixas continúan co foco posto na Comunidade Valenciana. Catro bombeiros pontevedreses trasladaranse en breve a Valencia como colaboración do Concello  nas tarefas de rescate e recuperación dos danos causados pola DINA. Xunto con estes efectivos, aportarase un camión e material de rescate e achico. A previsión é que permanezan alí, polo menos, sete días.

A mellora da seguridade viaria na contorna do colexio de Campañó estará lista o...

Comezan as obras de mellora da seguridade viaria na estrada entre Pontevedra e Vilagarcía á altura de Campañó. A actuación céntrase nun treito de medio quilómetro, cun investimento de máis de 860.000 euros. A intervención busca mellorar a mobilidade na parroquia, cunha nova glorieta, sendas peonís ou zonas de estacionamento.

Agís acusa ao alcalde de Poio de ‘abuso de autoridade’ ao expulsalo do pleno

Continúa a polémica pola expulsión do Pleno do voceiro do PSdeG de Poio. Gregorio Agís cre que houbo abuso de autoridade por parte do alcalde cando decidiu botalo da sesión. O socialista avanza que tomarán medidas para esixir que a súa labor de oposición se poida cumprir, como recorrer ao Defensor do Pobo. Pola súa banda, Ángel Moldes, advirte que non lle consentirá a Agís que de forma sistemática falte ao respecto aos concelleiros do goberno local.

Tres bandas participan en Poio Sesións, que inclúe a gravación de maquetas, audiovisuais e...

POIO>  Poio aposta polo talento musical emerxente. No municipio acaba de nacer Poio Sesións, unha iniciativa que busca acelerar proxectos e amplificar xéneros en...

Critican a ‘deriva autoritaria’ do alcalde de Poio ao expulsar do Pleno ao voceiro...

Os grupos da oposición cargan contra a 'deriva autoritaria' do alcalde de Poio, ao expulsar do Pleno ao voceiro dos socialistas. Ángel Moldes deulle a Gregorio Agís tres avisos en tan só cinco segundos, pedíndolle despois que abandonase a sesión. O resto de membros do grupo socialista tamén abandonaron o Pleno, así como os edís do BNG, en solidariedade con Agís.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete