Poio e Rianxo, entre os concellos que contarán cunha unidade de atención temperá este...
A Xunta porá en marcha novas unidades de atención temperá antes de que ramate o ano. A de Poio instalarase na Casa Rosada, que xa acolle outro tipo de servizos sociais. Tamén se abrirá a de Rianxo e outra na que se agrupan os concellos de Pontecesures, Valga, Padrón, Rois e Dodro.
A Xunta concedeu preto de 2.400 axudas para corrixir impactos paisaxísticos
Nos últimos catro anos a Xunta concedeu preto de 2.400 axudas para corrixir impactos paisaxísticos, o que coñecemos popularmente como feismo. Son achegas tanto para concellos como para particulares, que conseguiron mobilizar un investimento global de arredor de 14 millóns de euros. Estas achegas teñen cada vez máis demanda. Dende 2021 xa chegaron a máis do 90% dos concellos galegos.
O Concello de Barro celebra a previsión da Xunta de iniciar a nova depuradora...
A EDAR figura nos orzamentos do executivo galego, cunha partida de máis de tres millóns de euros, a repartir entre o ano que vén e 2026. O goberno local destaca que este é o resultado do traballo feito dende o consistorio e que este é un gran paso para o futuro de Barro.
O primeiro exoesqueleto pediátrico do mundo xa está en Pontevedra
Trátase dunha tecnoloxía única en toda a provincia que permite camiñar a nenos con parálise cerebral ou outras patoloxías afíns. Vai comezar a empregarse no vindeiro mes de novembro no servizo de rehabilitación externa de Amencer-ASPACE.
O Banco de Alimentos busca 500 voluntarios que axuden na Gran Recollida do mes...
O Banco de Alimentos busca voluntarios para a súa Gran Recollida na provincia de Pontevedra. Segundo os seus cálculos, son necesarias ao redor de 500 persoas para levar adiante este campaña, que se desenvolverá o días 22 e 23 de novembro. Dende a Fundación Provincial alertan da necesidade de incrementar as súas reservas para poder seguir atendendo ás preto de 5.000 persoas usuarias. O obxectivo para este ano: recadar 325.000 quilos de comida.
A AECC busca afiliados en Pontevedra apelando ao ‘sentimento PTV’
Colaboración a tres bandas entre Rotary Pontevedra, concello e Asociación Española Contra o Cancro para captar novos asociados na loita contra o cancro. Unha vintena de carteis repártense pola cidade para apelar á xente a que se faga socia da asociación. Botan man de costumes e elementos típicos de Pontevedra, cunha linguaxe dirixida sobre todo á mocidade.
O alumnado da Escola de Hostalería de Leioa enche de gastronomía vasca o gastroespazo...
O Gastroespazo do Mercado de Pontevedra mergullouse este mediodía na gastronomía vasca. O alumnado da Escola de Hostalería de Leioa cociñou para un grupo de comensais pontevedreses, no marco dunha actividade organizada da man do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza. Un menú a base de pintxos no que tamén estivo representado o produto galego.
A veciñanza vixiará que a intervención no edificio en ruínas da rúa Serra garanta...
O estado de abandono dun edificio na rúa Serra de Pontevedra mantén en vilo aos veciños da zona. Despois de anos reclamando unha intervención, conseguiron que o concello comezara onte os traballos para asegurar a estrutura. Pero a veciñanza desconfía e teme que as medidas que se tomen non sexan suficientes e que a seguridade de transeúntes e das vivendas adxacentes non quede garantida.
O PSOE reclama á Xunta o traslado do servizo de Psiquiatría ao Novo Montecelo
O Partido Socialista de Pontevedra reclama á Xunta de Galicia que traslade a unidade de hospitalización psiquiátrica ao novo Montecelo, unha vez estean rematadas as obras. A formación alerta do posible incumprimento do compromiso inicial de Sanidade, que pasaba por trasladar ao novo edificio todos os servizos que actualmente acolle o Hospital Provincial. Segundo unhas declaracións realizadas polo xerente da área Pontevedra-Salnés, cinco servizos continuarán neste inmoble. Psiquiatría entre eles. Para os socialistas, estas instalacións non cobren as necesidades para prestar esta atención.
Pontevedra inaugurará a Casa Consistorial o 15 de novembro despois da súa rehabilitación
Pontevedra ten unha importante cita o vindeiro 15 de novembro. É a xornada marcada polo concello para inaugurar a Casa Consistorial, despois de dous anos pechada polas obras de rehabilitación. Será un gran acto social, ao que estarán convidadas todas as persoas que na democracia formaron parte da corporación municipal. Ademais, organizaranse visitas guiadas, vodas e os plenos municipais.

















