O dereito á vivenda bota a rúa ao estudantado galego
O folga do estudantado galego convocada pola organización Erguer tivo o seu eco na cidade de Pontevedra. Ao mediodía e baixo a chuvia, un grupo de mozos e mozas concentrábase para reclamar o seu dereito á vivenda. Aseguran que a situación é insostible. Segundo os convocantes, nos centros públicos pontevedreses o seguimento da folga roldou o 80%.
O PSdeG reclama á Xunta que inclúa a dragaxe do Lérez nos orzamentos para...
O PSdeG reclama en Pontevedra que a Xunta execute a comprometida dragaxe do río Lérez. Nunha visita á cidade, José Ramón Gómez Besteiro asegurou que vixiará dende o Parlamento o cumprimento do que cualificou como unha débeda histórica con Pontevedra. O secretario xeral dos socialistas galegos apuntou que a actuación desapareceu dos orzamentos autonómicos dende o 2022, e reclamou que se inclúa unha partida nas contas do 2025.
O ‘coche de punto’ arrancará o seu servizo en Pontevedra o vindeiro 7 de...
O coche de punto comezará a funcionar, por fin, en Pontevedra. A partires do vindeiro luns 7 de outubro a veciñanza das zonas rurais do municipio poderá empregar este servizo para desprazarse ata o casco urbano. Os interesados en empregalo, poderán inscribirse xa a partires deste venres, día 4.
Campelo celebra esta fin de semana dez anos de paixón pola cervexa co seu...
A Praza da Granxa acolle este venres e sábado a décima edición da Oktoberfest de Campelo. Cervexa, gastronomía e música compoñen a oferta desta actividade, que inclúe ademais ludotecas e actividades para os máis pequenos. Esta mañá salientaron que logo de dez anos a cita está totalmente consolidada.
Pontevedra preséntase en San Sebastián como a flamante sede dos Premios Feroz
Esta fin de semana Pontevedra presentouse como sede dos Premios Feroz 2025 e 2026 no día grande do Festival Internacional de Cine de San Sebastián. Unha delegación pontevedresa, encabezada polo alcalde, viaxou ata o País Vasco para a posta de longo deste novo idilio entre a cidade e os galardóns audiovisuais. No marco do acto tamén se deu a coñecer o nome do actor que se encargará de dirixir a primeira gala pontevedresa, La Dani.
Nova vida para o Club Naval de Pontevedra coa vista posta en ‘revitalizar o...
Nova vida para o Club Naval de Pontevedra. A partires desta fin de semana as súas instalacións acollerán unha nova discoteca na cidade: Sala Zennet. O proxecto nace da iniciativa de dous empresarios hostaleiros pontevedreses, Carlos Fontán e Javier Mori. Unha aposta que conta cun cadro de persoal de 40 traballadores.
A reforma do CEIP Daría González, exemplo de cooperación entre Goberno central, Xunta e...
Deputación, Xunta e Goberno de España visitaron hoxe o resultado das obras levadas a cabo no CEIP Daría González, na cidade infantil Príncipe Filipe de Pontevedra. O centro foi reformado no seu conxunto, grazas a unha achega do executivo central de 1,7 millóns de euros. As tres administracións aproveitaron o acto para salienta-la importancia da cooperación entre elas para facer realidade un proxecto como este.
As familias do colexio da Xunqueira piden que se cumpran as ratios
As familias do colexios A Xunqueira 1, en Pontevedra, pídenlle á Xunta que se cumpran as ratios. Concentráronse ás portas do centro demandando a Educación que reforce o profesorado.
Ence inviste 10 millóns de euros durante a súa parada técnica anual
A fábrica de Ence en Pontevedra está inmersa de cheo xa na súa parada técnica anual. Vaise prolongar ata o vindeiro 27 deste mes de setembro.
A Xunta actuará nos xacementos de Tambo no 2025 para poñer en valor a...
A Xunta de Galicia actuará nos xacementos da Illa de Tambo, no concello de Poio. Foi o anuncio que realizou hoxe o Conselleiro de Cultura na súa primeira visita oficial á illa. A intención é que a intervención poida estar en marcha o ano que vén, continuando o labor que se iniciou coas tarefas de limpeza dos restos de Tambo. E que de feito revelaron achados que apuntan á posible existencia dun castro na parte alta da illa. Para a seguinte fase, a Xunta contempla un orzamento de 50.000 euros.

















