As obras para solucionar as inundacións na rúa do Santo comezarán a vindeira semana
As obras para solucionar os asolagamentos na rúa do Santo, en Lourizán, comezarán de xeito inmediato. O concello de Pontevedra adxudicou os traballos pola vía de emerxencia, que suporán a renovación e ampliación da canalización do río dos Praceres nesta zona. A intervención, que conta con todas as autorizacións favorables, conta cun orzamento de máis de 491.000 euros e estará rematada nuns tres meses.
O Museo de Pontevedra xa expón ‘A Derradeira Leición do Mestre’, de Castelao
A Derradeira Leición do Mestre xa se expón no Museo de Pontevedra. A obra de Castelao, propiedade do Centro Galicia de Bos Aires, poderá visitarse ata o vindeiro 27 de setembro. Para a ocasión a entidade deseñou unha mostra na que a peza dialoga con fondos da colección permanente do Museo. Onte celebrouse a inauguración institucional.
Ence abre o prazo para solicitar as axudas do Plan Social, para o que...
Arranca a sétima edición do Plan Social de Ence. Dende este xoves xa se poden presentar solicitudes para optar ás axudas que se contemplan dentro desta convocatoria. Nesta convocatoria vanse mobilizar tres millóns de euros que se repartirán entre colectivos e iniciativas con base en Pontevedra, Poio e Marín. Dende a posta en marcha do Plan Social de Ence 1.700 proxectos recibiron xa o seu apoio.
Boa Vida constrúe cos veciños de Pontevedra un mapa con cabida para todos
En Pontevedra, a asociación Boa Vida saíu á rúa co gallo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas. Conmemórase o 20 de xuño pero xa hoxe o colectivo convidou á cidadanía a completar entre todos un novo mapa. Con países, din, nos que todos teñamos a mesma cabida.
Concello e Deputación asinan o convenio que impulsa o inicio das obras de Rosalía...
Concello de Pontevedra e Deputación asinan o convenio que impulsa a reforma integral de Rosalía de Castro. O acordo permite adxudicar definitivamente o proxecto, co obxectivo de iniciar as obras este mesmo verán. A intervención, chamada a transformar a mobilidade peonil e a seguridade viaria no barrio de Mollavo, está orzamentada en 2,4 millóns de euros. Deles, a administración provincial achegará case 600.000 euros.
O Museo recibe ‘A derradeira leición do mestre’ e prepara a apertura da exposición...
‘A derradeira leición do mestre’, de Castelao, xa está no Museo de Pontevedra. A obra cumio do artista e galeguista foi recibida hoxe no Edificio Castelao. Aquí estará exposta dende o vindeiro 25 de xuño ata setembro, cedida polo Centro Galicia de Bos Aires, na Arxentina. Ao seu redor articularase unha ampla programación relacionada coa peza e co legado de Castelao.
Pontevedra porá banda sonora á Gran Final de Tríatlon con catorce actuacións diversas, emerxentes...
A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon volverá a Pontevedra con moito deporte e, tamén, con moita música. A cidade prepara unha programación diversa, emerxente e galega para animar as xornadas que dure a proba, que comezará o 18 de setembro. A proposta ‘Somos música’ englobará catorce concertos en diferentes puntos da cidade que culminarán coa actuación de Panorama City no Recinto Feiral.
Pontevedra inicia os traballos de renovación de 40 quilómetros de vías urbanas, rurais e...
O concello de Pontevedra inicia os traballos para renovar 40 quilómetros de vías urbanas, rurais e industriais. Xa está en marcha o maior plan de reposición de firmes da historia do municipio, que conta cun orzamento de máis de 4,4 millóns de euros. As obras, que permitirán incorporar novas medidas de seguridade viaria, comezaron esta mañá na rúa Doce de Novembro.
Subdelegación e entidades sociais valoran o proceso extraordinario de regularización de persoas migrantes
Encontro entre o subdelegado do Goberno en Pontevedra e as entidades sociais da provincia que colaboran no proceso extraordinario de regularización de persoas migrantes. Abel Losada recibiu esta mañá a representantes Cruz Vermella, Asovedra e Boa Vida. A todos eles, Losada recoñeceulle o seu labor de asesoramento e acompañamento ás persoas solicitantes.
O alcalde de Poio fai balance dos seus tres anos de mandato e sitúa...
Hoxe en Poio foi xornada de balance. O alcalde Ángel Moldes repasou a súa xestión á fronte do concello nos últimos tres anos. Un tempo no que, segundo o rexedor, levou adiante máis do 90% do seu programa electoral. En canto aos investimentos, Moldes asegurou que o municipio ten executadas ou en marcha actuacións cun valor próximo aos 70 millóns de euros en actuacións como a transformación da PO-308 ou os investimentos asociados ao novo contrato da auga.
















