A reforma do nó de Bombeiros xa está en marcha e estará rematada en...
Xa están en marcha as obras do nó de bombeiros, en Pontevedra. Despois de anos de agarda, hoxe por fin comezaron os traballos que contan cun investimento de 9,9 millóns de euros. A actuación vai dirixida á remodelación do enlace de Pontevedra norte coa AP9, para mellorar a mobilidade e o fluxo dos tráficos. Calcúlase que estará rematado en setembro de 2025.
O pontevedrés Francisco Gondar, entre os superviventes do naufraxio do Argos Georgia
Entre os sobrevivintes do naufraxio do Argos Georgia hai tamén un pontevedrés. Francisco Gondar, segundo oficial, foi rescatado tralo afundimento do palangreiro. Hoxe dende o concello de Pontevedra o alcalde trasladaba o seu pésame ás familias das vítimas e recordaba que a cidade aínda ten moi presente a traxedia do Villa de Pitanxo.
O home que disparou á súa exmuller no Grove recoñece os feitos e acepta...
Visto para sentenza o xuízo contra o home que en 2018 disparou a súa exparella na súa casa do Grove. Tras unha primeira sesión sen acordo, hoxe o acusado recoñeceu os feitos e conformouse cunha pena de prisión de 12 anos. Á saída da Audiencia Provincial de Pontevedra, a vítima da agresión, Eva Afonso, aseguraba que aínda que non está satisfeita co resultado, si supón un alivio que lle permitirá por fin refacer a súa vida.
‘Pontevedra é Feroz’: a campaña do concello para promocionar os premios na rúa
Pontevedra busca implicar a toda a cidadanía nos Premios Feroz. A cidade acollerá a gala de entrega destes importantes galardóns da industria audiovisual o vindeiro 25 de xaneiro de 2025. Tamén será a sede no 2026. Para dalo a coñecer, o concello puxo en marcha unha campaña de promoción da cita. Ademais, Pontevedra estará representada no Festival de Cine de San Sebastián para facer un chamamento de cara ao evento.
O BNG cualifica de ‘ano de retrocesos’ o primeiro de Ángel Moldes na...
> Para o BNG de Poio o primeiro ano de goberno do PP de Ángel Moldes foi un ano de retrocesos. Así resumiu a voceira nacionalista, Marga Caldas, a súa valoración. Segundo Caldas, o executivo de Moldes non avanzou en ningún proxecto importante para o municipio.
Un ano de retrocesos. Así resumiu a voceira do BNG de Poio o primeiro ano do PP de Ángel Moldes na alcaldía do municipio.
Caldas pon como principal exemplo desta parálise o freo ao proxecto do novo centro de saúde. A nacionalista asegura que o anterior equipo de goberno deixou os terreos da Canteira de Graña marcados para a súa construción. Un ano despois, asegura que están convertidos nun vertedoiro.
A mellora da seguridade viaria na PO-308 ou o polígono de Fragamoreira son, segundo Caldas, outros dos proxectos da Xunta de Galicia que continúan bloqueados. Tamén criticou o abandono dos espazos públicos.
No eido da xestión económica, a voceira do BNG asegura que Moldes mentiu á veciñanza. Di que o PP non cumpriu a promesa de baixar os impostos e que aprobou novas operacións de crédito, a pesares de asegurar que a débeda do concello era demasiado avultada.
Marga Caldas criticou outros aspectos deste ano de goberno, como os salarios dos concelleiros do PP, a contratación dun novo asesor ou a non renovación do contrato caducado da xestión do lixo coa empresa Valoriza, cos traballadores a piques de comezar unha folga.
O IV Premio Cámara de Comercio- Ence á Innovación Forestal volve recoñecer as iniciativas...
Onte entregouse en Pontevedra o cuarto Premio Cámara de Comercio- Ence á Innovación Forestal. Un galardón dirixido a recoñecer as iniciativas empresariais e os traballos de investigación máis destacados. Este ano, os premiados foron a compañía Wildfire Sentinel, que creou un nariz electrónico para detectar lumes forestais, e a investigadora da Universidade de Vigo Antía Iglesias.
O servizo de limpeza viaria de Poio comezará unha folga indefinida o 22...
O servizo de limpeza viaria de Poio convoca unha folga indefinida. O paro comezará o luns 22 de xullo. Foi o persoal da empresa Valoriza Medioambiental, concesionaria do servizo, quen decidiu en asemblea recorrer a esta medida. Denuncian falta de acordo na negociación do convenio colectivo, que non se revisar dende o ano 2019.
‘A era das fábulas’ xa pode visitarse no Museo de Pontevedra
Xa poden visitar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a exposición ‘A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía’. A mostra ofrece unha conversa sobre o estado do mundo, do clima e da situación social a través de pezas do Museo pontevedrés, da Fundación María José Jove e da Fundación Thyssen.
O PSOE reclama á Xunta que tome medidas para impedir a exposición de risco...
O Partido Socialista de Pontevedra reclama a toma de medidas para impedir a exposición de risco ao gas radón en colexios e institutos de Pontevedra. A formación levará a pleno unha proposición na que instan á Consellería a poñer en marcha accións contempladas no Plan Nacional contra o Radón. Non en van, Pontevedra é a segunda cidade galega máis exposta a este gas que, segundo a Organización Mundial da Saúde, é responsable do 7% dos cancros de pulmón.
Comeza en Valdecorvos a construción de 74 vivendas públicas co 50% reservado para menores...
Comeza en Pontevedra a construción de 74 vivendas de promoción pública no barrio de Valdecorvos. O proxecto supón un investimento de 14,2 millóns de euros da Xunta de Galicia, que pretende ter os traballos rematados a principios do 2026. Ademais, o 50% destas vivendas reservaranse para os menores de 36 anos.

















