O PP fala en Pontevedra de vivenda pública na campaña das europeas

A Conselleira de Vivenda participou hoxe en Pontevedra nun acto de campaña do Partido Popular de cara as eleccións europeas deste domingo. Os populares fixeron fincapé na vivenda pública e na aposta que fará a Xunta nesta nova lexislatura. María Martínez recordou que só en Valdecorvos, na capital pontevedresa, está prevista a construción de 500 vivendas de promoción pública.

Unha quincena de alumnos con necesidades especiais examínanse da ABAU no centro da ONCE...

A ABAU deste ano contou con case 13.000 alumnos matriculados nos exames. Deles, 455 necesitaron algún tipo de adaptación para realizas as probas, un 36,6% máis que no ano pasado. Pero os casos que precisan recursos máis específicos realizan estes exames de acceso á universidade no Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra. Este ano son 15 os rapaces e rapazas que se examinan neste centro contando co apoio que precisan.

Douscentos ciclistas tirarán de épica para superar o reto da ‘Epic Race’

200 persoas porán a proba a súa capacidade de resistencia sobre a bicicleta os días 8 e 9 de xuño. A provincia de Pontevedra acolle unha nova edición da Epic Race, con circuítos de 100, 200 e 300 kilómetros. Os participantes percorrerán diferentes concellos da provincia, facendo parada en catro: Pontevedra, Poio, Vilagarcía e Caldas.

As imaxes de 73 fotoxornalistas galegos achégannos á ‘Galicia inédita’

A visión do mundo de máis de 70 fotoxornalistas de toda Galicia xa se pode visitar no vestíbulo do Pazo Provincial de Pontevedra. Hoxe inaugurouse a exposición fotográfica ‘A Galicia inédita. Un vistazo diferente do fotoxornalismo galego’, na que cada imaxe vai acompañada dun texto literario asinado por un xornalista que exerce tamén na terra. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 28 de xuño.

A Asociación Española contra o Cancro e o Sánchez Cantón alíanse na procura da...

Conseguir unha xeración libre de tabaco no ano 2030. É o ambicioso obxectivo que se marca a Asociación española contra o Cancro. Pero para acadalo, precisan do apoio de institucións e colectivos. Por iso están a impulsar a Alianza do Movemento sen Tabaco, alertando dos danos desta substancia sobre a saúde e tamén do perigo que supón o incremento do uso de vapeadores entre a mocidade. Hoxe sumouse a esta alianza o alumnado do Instituto Sánchez Cantón, que se encargou de poñer voz ao manifesto.

As obras da praza de Barcelos convértena nun espazo máis verde e máis peonil

Rematadas as obras dos viais perimetrais da praza de Barcelos, en Pontevedra. Esta mañá, o concello e a Deputación, socios para levar adiante esta intervención, escenificaron a recepción oficial dos traballos. Ademais da actuación na superficie, destaca o traballo realizado nos servizos soterrados que foron substituídos.

Oito asociacións veciñais consideran ‘vital’ a construción da Variante de Alba

Oito asociacións veciñais de Pontevedra piden ao alcalde que retome as conversas coa Xunta de Galicia para construír a Variante de Alba. Miguel Anxo Fernández Lores recolleu esta demanda e esta mañá xa anunciou que se remitiu o expediente completo do proxecto á actual conselleira de Infraestruturas, María Martínez. O rexedor insistiu na relevancia desta infraestrutura.

O BNG arroupa en Pontevedra a Ana Miranda como a ‘garantía’ de que a...

O BNG celebrará mañá en Pontevedra un mitin no marco da campaña electoral de cara ás eleccións europeas. Será ás 8 da tarde na praza do Teucro, e participarán a número 1 da lista ao Parlamento Europeo, a voceira nacional do BNG e o alcalde de Pontevedra. Hoxe Ana Miranda e Ana Pontón estiveron tamén na cidade, tomando parte nun reparto electoral.

Os organizadores da Gladiator Race traballan a contrarreloxo para substituír os obstáculos destruídos polo...

A organización da Gladiator Race non tira a toalla.Esta mañá presentaron no concello de Pontevedra a cita, que se celebrará esta fin de semana. Iso si, están a traballar arreo para que sexa posible. O pasado xoves 23 de xuño, perderon todo o material que se ía utilizar na proba nun incendio que, están convencidos, foi intencionado.

O concello non pon data á retirada dos pivotes da rúa Peregrina

Non hai data para a retirada dos bolardos instalados polo concello de Pontevedra na rúa Peregrina. Dende o goberno local apuntan ao éxito da medida, que supuxo, din, unha redución importante no tráfico das rúas da contorna. A pesares de que o balance é positivo, recoñecen que aínda hai condutores despistados que intentan pasar entre eles.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete