O Carlos Oroza serve no Gastroespazo unha degustación cos produtos locais da primavera
O Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza está decidido a devolver a vida ao Gastroespazo da Praza de abastos de Pontevedra. Hoxe celebraron unha das actividades enmarcadas no acordo co concello pontevedrés: unha degustación de receitas preparadas cos produtos que se poden atopar no mercado na primavera. Ofreceron 30 prazas e colgaron o cartel de completo.
Valdecorvos e Tafisa, as parcelas escollidas para acoller a nova promoción de vivenda pública...
O Instituto Galego de Vivenda e Solo ve con bos ollos as sete parcelas propostas polo concello de Pontevedra para construír máis de 150 vivendas de promoción pública na cidade. Entre as opcións postas sobre a mesa, son os terreos de Tafisa e de Valdecorvos os máis valorados. Así as cousas, o departamento autonómico non desbotou ningunha das posibilidades, que agora estudará máis a fondo.
O alcalde de Pontevedra, convencido de que este pode ser un dos seus mellores...
O alcalde de Pontevedra, convencido de que este pode ser un dos seus mellores mandatos. A piques de cumprirse un ano da toma de posesión, Miguel Anxo Fernández Lores está satisfeito co balance destes 365 días. Un tempo, dixo, no que se realizaron cambios importantes na estrutura do goberno para desatrancar a administración e priorizar proxectos como o parque da Parda ou a reforma da Santiña.
O PSOE aposta por estudar a ‘remunicipalización’ do servizo de xestión de residuos de...
O Partido Socialista de Pontevedra toma a iniciativa na busca de alternativas para a xestión dos residuos na cidade. Este venres os seus edís viaxarán a León. Xa hai dez anos que o goberno local leonés optou por remunicipalizar o servizo.Alí manterán un encontro co concelleiro da área para coñecer a súa experiencia.
Mercadona interésase por tres parcelas da Avenida de Lugo, entre elas a de Correos
Mercadona amosa o seu interese por dúas parcelas da avenida de Lugo, en Pontevedra. A cadea de supermercados rexistrou no concello unha solicitude de información urbanística. A petición súmase a outra que xa presentara en marzo do ano pasado, daquela sobre o predio que ocupa actualmente a nave de Correos. Mercadona estaría interesado en desenvolver un supermercado con aparcadoiro.
A Deputación aproba case 700.000 euros para Sanxenxo e Ribadumia no marco do Plan...
A Deputación de Pontevedra destinará 2,7 millóns de euros a trece concellos da provincia no marco do Plan +Provincia. Dous dos beneficiarios son Ribadumia e Sanxenxo. O primeiro, mellorará dous parques infantís. O segundo recibirá 500.000 euros para afrontar dúas humanizacións. Esta contía súmase aos máis de 100.000 euros de achega provincial para acondicionar o campo de fútbol de Noalla.
‘Festa, circo e propaganda’: así resume o PSOE de Poio o primeiro ano de...
O Partido Socialista de Poio é contundente ao facer balance do primeiro ano do Partido Popular no goberno con Ángel Moldes como alcalde. A formación considera que foi un tempo perdido para o municipio, e asegura que se limitou a circo, festa e propaganda. Tamén denuncian que o actual executivo é moito máis caro que o anterior, do que eles formaban parte. Hoxe, Gregorio Agís asegurou que, despois deste primeiro ano de marxe ao novo goberno, os socialistas farán unha oposición construtiva pero rigorosa.
O artista pontevedrés Adrián Torres presenta o seu disco debut “‘Elarte’ en la calle”
“Elarte en la calle” é o primeiro disco do pontevedrés Adrián Torres. Despois de anos tocando versións, pouco antes da pandemia empezou a dar forma ao que é o seu álbum debut. Unha obra na que pon voz e música ás súas vivencias persoais e que presentará o vindeiro 25 de maio no bar OSPA, en Vilalonga, Sanxenxo.
Pontevedra repite como sede do Congreso Flúor, atraendo a medio milleiro de profesionais do...
O mundo da publicidade e do marketing en Galicia volverá mirar cara Pontevedra. Os días 30 e 31 de maio a cidade repite como sede do Congreso Flúor. Celebrarase na sede de Afundación, con conferencias e mesas redondas polas que pasarán unha vintena de relatores. Entre eles, nomes como Luis Bassat, Andy Stalman ou Inés Fonseca.
Costas retoma o paseo a Marín: propón ‘desprazar’ a autovía cara o interior para...
Costas dá os primeiros pasos para reactivar a seguinte fase do paseo a Marín. O ente estatal pon sobre a mesa dúas opcións para continuar a infraestrutura. A primeira, a súa favorita, pasaría por desprazar a actual autovía cara o interior e aproveitar o espazo próximo á auga para habilitar o paseo. A segunda, optaría por reducir a estrada e pivotar na ría só unha parte do trazado.

















