O Diario de Pontevedra recoñece a traxectoria de seis veciños cos seus Premios Pontevedreses
A xogadora de fútbol praia Andrea Mirón, a empresa Edigal, a asociación Xoga, a investigadora Rosario García, o comisario de arte Antón Castro e a activista Amalia Bóveda, recolleron onte os seus Premios Pontevedreses, os galardóns que anualmente entrega do Diario de Pontevedra. Un xeito de recoñecer a súa actividade e traxectoria. Eles os protagonistas do acto que acolleu o auditorio de Afundación ao que asistiron ao redor de 500 persoas.
Tradición e moita troula van da man no San Xoán 2026 en Poio
As festas celebraranse do 22 ao 27 de xuño. Inclúen sardiñada, fogueiras, festa infantil e moita música. Os Satélites, Ritmo Xove, Charleston, Marbella, Panorama, Capitol e Kubo pasarán polo municipio, xunto con distintas agrupacións locais. Este ano o pregón corre a cargo de Juan Mariño, director da Escola de Música de Campelo.
‘A derradeira leición do mestre’ de Castelao xa viaxa dende Bos Aires cara o...
A Derradeira Leición do Mestre, de Castelao, viaxa xa cara Pontevedra. O cadro pintado polo galeguista en 1945 deixou onte o Centro Galicia de Bos Aires, na Arxentina. O seu destino será o Museo de Pontevedra, a onde está previsto que chegue o vindeiro 17 de xuño. Despois exhibirase na cidade dende o 25 de xuño ao 27 de setembro. Será a primeira vez que a obra se poida ver no Museo pontevedrés.
Seis proxectos optan a incorporarse ao primeiro andar do Mercado de Abastos de Pontevedra
Seis novos proxectos gastronómicos optan a incorporarse ao primeiro andar do Mercado de Abastos de Pontevedra. Segundo a concelleira responsable da área, Anabel Gulías, todas son propostas diversas e con forte conexión coa identidade da praza. Gulías anunciou tamén que o inicio das obras previstas na planta baixa é inminente.
Concentracións en Pontevedra e O Salnés alertando do aumento das listas de agarda
Xornada de mobilizacións en defensa da sanidade, alertando do incremento das listas de agarda. Na nosa contorna houbo protestas ás portas do Hospital Provincial, en Pontevedra, e no Hospital do Salnés. Advirten das demoras na atención primara e nas consultas especializadas e as consecuencias que isto está a ter no servizos de urxencias. Reclámanlle á Xunta un incremento do investimento na atención primaria ata acadar o 25% do orzamento do Sergas.
A Deputación aborda os desafíos e oportunidades da ciberseguridade e a intelixencia artificial para...
A ciberseguridade e a intelixencia artificial para as pemes centraron hoxe o encontro de traballo que acolleu a Deputación de Pontevedra. A xornada, dirixida a profesionais, autónomos e responsables da pequena e mediana empresa, serviu para poñer o foco nos desafíos e oportunidades que rodean estas novas tecnoloxías.
A AECC leva á rúa o debate sobre o tabaco e alerta do impacto...
O tabaco e os novos dispositivos, a debate hoxe en Pontevedra. A Asociación Española Contra o Cancro converteu a Praza da Peregrina nun espazo aberto de información, reflexión e diálogo co gallo do Día Mundial Sen Tabaco celebrado o pasado domingo 31 de maio. O obxectivo: concienciar á cidadanía sobre o seu consumo e o auxe dos novos dispositivos, especialmente entre a mocidade.
Uns 40 chefs Michelin participarán en ‘Estrelas no Camiño’, nunha edición que homenaxeará a...
Estrelas Solidarias non Camiño reunirá a case corenta chefs con setenta estrelas Michelin. Estamos a falar dun evento que acada a súa décimo terceira edición e que se vai celebrar na Finca Casa Barqueiro, en Negreira. Entre os convidadados atopamos cociñeiros da nosa contorna, como Javier Olleros, do Grove; Pepe Vieira, de Poio; ou o cambadés Yayo Daporta. Esta edición é dobremente especial: Casa Barqueiro fai 25 anos, e o evento rende homenaxe a Arzak, o seu padriño desde o principio. Os beneficios van destinados a Art for Dent.
Arranca unha nova campaña de escavacións en Santa Clara, o paso previo ás obras...
Xa está en marcha unha nova campaña de escavacións arqueolóxicas no convento de Santa Clara. Hoxe arrancaron os traballos que permitirán avanzar no proxecto de rehabilitación do recinto e a súa adhesión ao Museo de Pontevedra. Agárdase que estas novas catas permitan determinar o pasado de todo o conxunto relixioso e analizar a súa evolución nos seus 750 anos de historia.
A PAU adáptase ás necesidades específicas dunha ducia de alumnos de toda Galicia en...
Case 1.500 alumnos comezaron hoxe en Pontevedra as Probas de Acceso á Universidade. A gran maioría examináronse na Escola de Enxeñería Forestal, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e a Facultade de Comunicación. Pero unha ducia deles, chegados dende diferentes puntos de Galicia, realizaron as probas no Centro de Recursos Educativos da ONCE. Son alumnos con necesidades específicas de adaptación para garantir que tamén se poden enfrontar aos exames da PAU en igualdade de oportunidades.
















