A ciencia achégase ao público xeral: desembarca en Pontevedra o festival ‘Pint of Science’
O festival de ciencia Pint of Science desembarca mañá e pasado en Pontevedra. Farao, ademais, ao mesmo tempo que noutros 27 países de todo o mundo e co seu característico formato, celebrando os encontros entre divulgadores e público en bares da cidade. Nesta primeira edición pontevedresa será a taberna Nasa a que acolla as catro charlas científicas que contempla a programación. Todas as sesións son de acceso libre e gratuíto.
A cultura de Marín xa latexa no seu novo auditorio
O Auditorio de Marín xa é unha realidade. Logo de moitos anos de trámites, xestións e obras a nova infraestrutura cultural xa está aberta ao público. Trátase dun edificio de 2.000 metros cadrados, cun escenario que mira ao mar e que conecta a zona do porto coa vila. O auditorio supuxo un investimento de máis de seis millóns de euros, financiado pola Xunta, o Concello e con Fondos Feder. O acto de inauguración estivo encabezado polo presidente da Xunta e a a alcaldesa de Marín, xunto con outras autoridades.
O concello quere recuperar a unanimidade na corporación para non frear o PIA de...
O goberno local de Pontevedra quere recuperar a unanimidade da corporación ao redor do PIA de San Amaro. Hoxe o edil de urbanismo anunciou que o BNG presentará unha emenda á moción do PSOE, que pide que se reformule o proxecto e que conta co apoio do PP. Coa súa proposta, os nacionalistas queren evitar atrancos no desenvolvemento deste proxecto, que ven clave para a cidade. Nela tamén piden compensacións xustas para os veciños que se vexan afectados polas expropiacións.
O falso teito do Teatro Principal reconstruirase por completo con madeira en lugar de...
A intervención no Teatro Principal de Pontevedra será maior da inicialmente prevista. Tras examinar o estado da construción, o concello reconstruirá por completo todo o teito do patio de butacas, incluíndo estruturas ocultas, reflectores de son e iluminación. Ademais, empregarase madeira en lugar de escaiola. Esta actuación suporá un incremento no orzamento, aínda sen pechar. Polo de momento, mantense a previsión de reabrir o teatro en outubro.
A renaturalización do Gafos arranca o luns con traballos na zona de Alcalde Hevia
Luns 18 de maio. É a data na que comezarán as obras de renaturalización e destape do río dos Gafos. Resoltos os trámites administrativos que estaban pendentes, as empresas que se encargarán dos traballos xa aprobaron o calendario das obras. De cumprirse, a ambiciosa intervención no Gafos estará rematada en maio do ano que vén. Está previsto que as obras comecen por Alcalde Hevia, a zona máis próxima á escola infantil.
Unha vintena de novos vehículos incorpóranse ao servizo de recollida de residuos de Pontevedra
23 novos vehículos incorporaranse hoxe mesmo á flota do servizo de residuos do concello de Pontevedra. A nova maquinaria está conformada por vehículos propulsados a gas e enerxía eléctrica. Só faltan outros sete para que o equipamento do novo contrato estea ao 100%.
Pontevedra volve celebrar a cultura verde e amplía a programación do terceiro Plant Fest
Volve a Pontevedra o seu festival dedicado á cultura verde. O vindeiro 23 de maio na Alameda celebrarase o Plan Fest. Unha cita que nesta terceira edición medra. Comezará xa ás 12 do mediodía, con obradoiros, faladoiros e mercadiño. Tampouco faltará a actividade central, o intercambio de escallos, que o ano pasado reuniu a máis de 250 participantes. Polo festival pasaron ao redor de 3.000 persoas.
A APDR converte a marcha contra ENCE nunha manifestación para celebrar o arquivo de...
A protesta anual da Asociación pola Defensa da Ría contra ENCE muda este ano de formato. En lugar da tradicional marcha, a APDR convoca este ano unha manifestación polas rúas de Pontevedra. Será o 24 de maio ás 12 e media do mediodía con saída e chegada da Alameda. Con ela, o colectivo busca reclamar o enterro definitivo do proxecto de Altri en Palas de Rei.
Máis de vinte propostas culturais dan forma a ‘Maio, mes da Lingua’ en Pontevedra
Pontevedra prepara máis de 20 propostas culturais para celebrar ‘Maio, mes da lingua’. Son actividades para toda a familia facendo especial fincapé nas crianzas, para fomentar o uso do galego entre as novas xeracións. Para dar forma a toda a programación, o concello contou coa colaboración de diferentes colectivos da cidade.
Os Feroz non cambian: os premios ‘tripitirán’ no 2027 e volverán celebrarse en Pontevedra
Os Premios Feroz non cambian. Por terceiro ano consecutivo, Pontevedra volverá acoller a cerimonia de entrega destes galardóns do audiovisual estatal. Será o vindeiro 23 de xaneiro de 2027 pero tanto o concello como a Asociación de Informadores Cinematográficos de España anunciaron que haberá unha ampla programación previa, con proxeccións, charlas e coloquios que traerán ata a cidade a algúns dos persoeiros máis relevantes do sector.
















