AJE e ENCE volven buscar proxectos de emprendemento sostibles na sexta Aceleradora Rías Baixas
En marcha unha nova convocatoria da Aceleradora Ría de Pontevedra. A iniciativa, posta en marcha pola Asociación de Jóvenes Empresarios co apoio de ENCE, busca impulsar o emprendemento nos concellos de Pontevedra, Marín e Poio. Está dirixida a proxectos sostibles e innovadores cun máximo de tres anos de actividade. O prazo para inscribirse abre mañá martes 12 de maio.
A Deputación de Pontevedra ofrece a súa colaboración para reparar o céspede de Pasarón
A Deputación de Pontevedra renovou hoxe o seu acordo de patrocinio co Pontevedra Club de Fútbol. A administración provincial mantén a súa achega de 160.000 euros para a tempada 2025-2026. Esta mañá celebrouse a sinatura do convenio no Estadio de Pasarón. Precisamente o mal estado do céspede centrou a atención dos asistentes. A presidenta Lupe Murillo asegurou que están a traballar no proxecto de reforma integral da drenaxe e dende a Deputación ofrecéronse a colaborar co concello, titular do estadio, nesta intervención.
A Deputación de Pontevedra impulsa 26 proxectos con fondos europeos que mobilizan 43 millóns...
Mañá, 9 de maio, celébrase o Día de Europa e a Deputación de Pontevedra quixo adiantarse a esta efeméride facendo balance dos fondos comunitarios captados por esta administración. Segundo o presidente provincial, están a impulsarse 26 proxectos cofinanciados polas institucións europeas que acadan os 43 millóns de euros mobilizados.
Os veciños de Mollavao constitúen unha asociación para reclamar actuacións no barrio
En Pontevedra, os veciños de Mollavao dan un paso adiante. Fartos do abandono histórico que sofre o barrio decidiron constituírse como asociación veciñal, iniciando unha xeira de reunións coas diferentes administracións que teñen competencias. Defenden que se trata dun barrio seguro, pero que os problemas de salubridade e a falta de espazos de convivencia e esparexemento, degradan as súas rúas.
Miguel Anxo Fernández Lores volverá ser o candidato do BNG á alcaldía de Pontevedra
Miguel Anxo Fernández Lores volverá ser o candidato do BNG á alcaldía de Pontevedra nas eleccións municipais do 2027. O nacionalista, rexedor da cidade dende o ano 1999, foi escollido por unanimidade e aclamación da militancia. Concorre a estes comicios co lema ‘Pontevedra, a por todas!’ e fai fincapé en que o seu proxecto de cidade ten moito percorrido.
‘Cando paras, movémonos contra o cancro’: o lema da AECC para mobilizar á cidadanía...
A Asociación Española Contra o Cancro celebrou hoxe en Pontevedra o Día da Cuestación. Unha xornada dedicada a concienciar sobre a enfermidade, a mobilizar á cidadanía e a recadar fondos para contribuír a manter os servizos que a entidade ofrece a doentes e ás súas familias. Tamén para apoiar á investigación cun obxectivo claro: acadar o 70% de supervivencia nesta enfermidade no 2030
A Deputación de Pontevedra dá a coñecer as posibilidades que a Unión Europea ofrece...
A Deputación de Pontevedra celebrou hoxe a xornada ‘Recursos da Unión Europea para a Xuventude’. Unha iniciativa coa que buscan dar a coñecer as posibilidades de formación, emprego ou mobilidade que ofrece Europa para a mocidade. Á cita asistiron preto de setenta profesionais do ensino, técnicos municipais e membros do tecido asociativo xuvenil da provincia.
‘E ademais, debuxan’: a Guerra Civil a través da ollada da cativada refuxiada
O horror da guerra a través dos ollos da cativada. É a proposta de ‘E ademais, debuxan’, a mostra que dende hoxe xa se pode ver na Casa das Campás de Pontevedra. Nela reúnense 48 debuxos de nenos e nenas durante a Guerra Civil Española. Poderá visitarse ata o 5 de xuño.
A Deputación de Pontevedra volve colaborar con Mar para que alumnos do IGAFA realicen...
Deputación de Pontevedra e Consellería do Mar renovan o seu convenio de colaboración para que o alumnado do IGAFA poida desenvolver prácticas no estranxeiro. A iniciativa conta cun orzamento de 15.000 euros e na anterior convocatoria permitiu sufragar a formación noutros países de 12 alumnos deste centro da Illa de Arousa.
A Policía Nacional conclúe que a morte do rapaz de 18 anos rescatado do...
A morte do rapaz de 18 anos que foi rescatado o martes do río Gafos en Pontevedra foi accidental. Así o confirman as investigacións da Policía Nacional, despois de ter acceso ás cámaras de videovixilancia da contorna. En canto á causa do falecemento, a autopsia apuntou que foi por afogamento.
















