O programa Xogade reúne este sábado en Poio a preto de 500 escolares no...

O programa Xogade reúne este sábado en Poio a preto de 500 escolares no Campionato Galego de Cros. Trátase dunha proba destinada ás categorías alevíns, infantís e cadetes. Vaise disputar na Seca entre as 10.00 e as 13.00 horas. Ata o concello achegaranse nenos e nenas de 52 clubs, 26 centros educativos e tres escolas deportivas municipais de toda Galicia.

Agís acusa ao alcalde de Poio de ‘abuso de autoridade’ ao expulsalo do pleno

Continúa a polémica pola expulsión do Pleno do voceiro do PSdeG de Poio. Gregorio Agís cre que houbo abuso de autoridade por parte do alcalde cando decidiu botalo da sesión. O socialista avanza que tomarán medidas para esixir que a súa labor de oposición se poida cumprir, como recorrer ao Defensor do Pobo. Pola súa banda, Ángel Moldes, advirte que non lle consentirá a Agís que de forma sistemática falte ao respecto aos concelleiros do goberno local.

Tres bandas participan en Poio Sesións, que inclúe a gravación de maquetas, audiovisuais e...

POIO>  Poio aposta polo talento musical emerxente. No municipio acaba de nacer Poio Sesións, unha iniciativa que busca acelerar proxectos e amplificar xéneros en...

Critican a ‘deriva autoritaria’ do alcalde de Poio ao expulsar do Pleno ao voceiro...

Os grupos da oposición cargan contra a 'deriva autoritaria' do alcalde de Poio, ao expulsar do Pleno ao voceiro dos socialistas. Ángel Moldes deulle a Gregorio Agís tres avisos en tan só cinco segundos, pedíndolle despois que abandonase a sesión. O resto de membros do grupo socialista tamén abandonaron o Pleno, así como os edís do BNG, en solidariedade con Agís.

Poio e Rianxo, entre os concellos que contarán cunha unidade de atención temperá este...

A Xunta porá en marcha novas unidades de atención temperá antes de que ramate o ano. A de Poio instalarase na Casa Rosada, que xa acolle outro tipo de servizos sociais. Tamén se abrirá a de Rianxo e outra na que se agrupan os concellos de Pontecesures, Valga, Padrón, Rois e Dodro.

A provincia de Pontevedra, a máis afectada por Kirk con 300 incidencias

A de Pontevedra foi a provincia onde máis incidencias se rexistraron, unhas 300 das máis de 550 que contabilizou o 112 Galicia relacionadas con esta borrasca. Ningún concello da nosa contorna se librou do paso de Kirk, deixando danos en tódolos municipios, aínda que por fortuna, de escasa consideración. En Barro o vento provocou a caída de varios paneis do pavillón de Curro, mentres que en Poio levou por diante un chiringuito da praia de Lourido. Ademais, houbo que suspender as clases en varios centros educativos.

Xunta e concello de Poio investirán 4 millóns de euros para mellorar o saneamento...

A Xunta de Galicia investirá 4 millóns de euros en actuacións para a mellora do saneamento da ría. Esta mañá, a Conselleira de Medio Ambiente asinou un convenio co concello de Poio, que achegará o 10% do orzamento. As obras realizaranse no seu termo municipal, incluíndo a construción dun tanque de tormentas na zona da Seca. A intención é licitar o proxecto este ano e comezar as obras no 2025.

Campelo celebra esta fin de semana dez anos de paixón pola cervexa co seu...

A Praza da Granxa acolle este venres e sábado a décima edición da Oktoberfest de Campelo. Cervexa, gastronomía e música compoñen a oferta desta actividade, que inclúe ademais ludotecas e actividades para os máis pequenos. Esta mañá salientaron que logo de dez anos a cita está totalmente consolidada.

A Xunta actuará nos xacementos de Tambo no 2025 para poñer en valor a...

A Xunta de Galicia actuará nos xacementos da Illa de Tambo, no concello de Poio. Foi o anuncio que realizou hoxe o Conselleiro de Cultura na súa primeira visita oficial á illa. A intención é que a intervención poida estar en marcha o ano que vén, continuando o labor que se iniciou coas tarefas de limpeza dos restos de Tambo. E que de feito revelaron achados que apuntan á posible existencia dun castro na parte alta da illa. Para a seguinte fase, a Xunta contempla un orzamento de 50.000 euros.

A Xunta prevé iniciar no 2025 a humanización da PO-308 á altura da Barca

A Xunta de Galicia humanizará a estrada PO-308 á altura da Barca, no concello de Poio. Trátase dunha actuación moi agardada e demandada pola cidadanía. A intención da Xunta é, segundo asegurou o presidente Alfonso Rueda, comezar os traballos o vindeiro ano.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete