A Deputación repartirá 8 millóns entre os concellos para a posta a punto de...

A Deputación de Pontevedra colaborará cos concellos para arranxar as estradas de titularidade municipal danadas polos temporais deste inverno. Esta mañá o presidente Luis López presentou un novo plan provincial. Chámase Plan Vía Depo, está dotado con 8 millóns de euros e diríxese aos concellos de menos de 50.000 habitantes. O obxectivo é axudar ás administracións locais a reparar fochancas, actuar en sistemas de drenaxe ou adecentar accesos a recursos naturais.

A Deputación busca o selo ‘Starlight’ para os castelos de Soutomaior e Sobroso, afianzando...

A Deputación de Pontevedra busca a certificación Starlight para os castelos de Soutomaior e Sobroso. Un distintivo que recoñece a calidade do ceo nocturno e a súa protección e co que a administración provincial busca consolidar unha oferta turística vinculada ao astroturismo. A primeira oportunidade para afianzarse neste eido será o vindeiro 12 de agosto, coas Rías Baixas como un dos mellores lugares do mundo para observar o eclipse solar total que se vai producir. Para artellar toda a proposta, a Deputación creou o produto ‘Baixo o ceo das Rías Baixas’, ao que quere tamén incorporar ao sector turístico.

A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon deste 2026 terá a súa ‘triempanada’...

Unha tri empanada para conmemorar a Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon que Pontevedra acollerá este ano. É o produto no que está a traballar unha das empresas colaboradoras na organización da cita, Panaderías Acuña. Será unha edición limitada, que só estará dispoñible durante a semana de probas deportivas. Hoxe o alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, visitou o obradoiro da panadería no polígono de Barro.

Pontevedra dá luz verde ás obras de emerxencia no Teatro, que poderían estar rematadas...

Pontevedra dá luz verde ás obras de emerxencia no Teatro Principal. A xunta de goberno local aprobou hoxe os expedientes para realizar estes traballos trala caída do falso teito do inmoble. O orzamento ascende a 252 mil euros, mentres que o prazo estimado de execución é de seis meses. De cumprirse o previsto, o Teatro podería reabrir as súas portas no mes de outubro.

Igualdade de oportunidades e visibilizar o antixitanismo: as principais reclamacións polo Día do Pobo...

Hoxe en Pontevedra conmemorouse o Día Internacional do Pobo Xitano que se celebra cada 8 de abril. Xunto coa Fundación Secretariado Xitano, o concello despregou a bandeira xitana no balcón da Casa da Luz. Tamén se deu lectura a un manifesto, no que os participantes esixiron igualdade de oportunidades e visibilizar o antixitanismo que, aseguran, aínda persiste en diversos eidos da sociedade.

As dependentas do téxtil e do calzado de Pontevedra, chamadas a mobilizarse contra o...

As traballadoras do comercio téxtil e de calzado está chamado a mobilizarse en Pontevedra. O sindicato CIG vén de convocar concentracións para este venres e unha folga o da vindeira semana para protestar contra o convenio que se está a negociar en Madrid para todo o Estado. Aseguran que o paso do convenio provincial actual ao estatal suporía unha perda de preto de 2.000 euros ao ano para as dependentas e o retroceso en dereitos relacionados coa conciliación e a saúde laboral.

A área sanitaria, AFAPO e UVigo poñen o foco en coidar os coidadores de...

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés presenta un programa integral para coidadores informais de persoas con demencia. Desenvolvido en colaboración con AFAPO e a Universidade de Vigo, son 24 sesións presenciais cun enfoque integral e multidisciplinar. O obxectivo: dotar a estas persoas coidadoras de coñecementos e habilidades necesarias para afrontar a atención destes doentes dun xeito eficaz, humanizado e sostible no tempo.

Arranca ‘Eu son, nós imos’, a campaña para fomentar a mobilidade e a autonomía...

Fomentar a mobilidade e a autonomía infantil na cidade. É o obxectivo de ‘Eu son, nós imos’, a nova compaña posta en marcha dende o concello de Pontevedra. O proxecto comezará mañá mesmo, traballando este curso co alumnado de cuarto de primaria dos colexios Vidal Portela, Froebel e Álvarez Limeses. Ademais de intervencións nas aulas, a programación contempla actividades fóra dos centros e mesmo coas familias.

A Xunta de Galicia anima ao comercio local a recorrer ao Bono Remuda para...

A Xunta de Galicia incide no seu apoio á continuidade do comercio local con programas como o bono remuda. Trátase dunha iniciativa dirixida a buscar o relevo xeracional neste tipo de establecementos. Hoxe o conselleiro de Emprego visitou a Ferretería Gallega, en Pontevedra, destacando tamén o seu modelo de atención personalizada.

Novo postos e un bar do Gastroespazo de Pontevedra buscan inquilinos para comezar a...

O Gastroespazo do Mercado de Abastos de Pontevedra busca novos inquilinos. O concello anunciou hoxe a saída a concurso de dez dos postos para reactivar a súa oferta. En concreto, son nove postos comerciais e un dos bares do primeiro andar deste equipamento pontevedrés. Ademais, o goberno local reservará a maiores dúas das casetas baleiras para poñelas a disposición de iniciativas da hostalería local.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete