A Deputación reforza o transporte público dende Portas e Moraña ata Pontevedra cun servizo...

Xunta e Deputación de Pontevedra colaboran para implantar novos servizos de transporte público en Portas, Moraña e Campo Lameiro. Trátase dun proxecto piloto impulsado pola administración provincial que comezará en abril, e que busca refo rzar as conexións coa capital pontevedresa. Os servizos serán gratuítos para os usuarios e realizaranse de luns a venres.

A Xunta comezará a construción do novo barrio de Pontevedra en San Amaro comezará...

2028 é a data que se marca a Xunta para ter en marcha as obras das 2.000 novas vivendas contempladas no Proxecto de Interese Autonómico de San Amaro, en Pontevedra. Hoxe o Diario Oficial de Galicia publicou a súa aprobación inicial. Segundo explicou esta mañá a conselleira de Vivenda, está previsto que 1.600 destes fogares sexan de protección oficial. A Xunta destina ao proxecto 28 millóns de euros de fondos propios e prevé que o investimento inducido sexa de máis de 380 millóns de euros.

A Deputación lanza unha liña de axudas de 700.000 euros a cooperativas e confrarías

A Deputación de Pontevedra abre unha nova liña de daxudas ao sector primario. Son un total de 700.000 euros dirixidos a confrarías de pescadores e a cooperativas agrogandeiras. Uns fondos que os beneficiarios poderán destinar a diferentes investimentos. No caso das confrarías tamén para afrontar gastos correntes.

Areeiro explica a tala de árbores en Santa Clara polo seu mal estado sanitario...

A Deputación de Pontevedra plantará 500 especies de árbores e plantas nos xardíns de Santa Clara. O vicepresidente Rafa Domínguez explicou que a rehabilitación paisaxística do convento contempla esta intervención, que busca converter os xardíns nun elemento central do complexo. O obxectivo, dixo Domínguez, é transformalo nun espazo de maior calidade ambiental e estética.

33 colectivos presentan alegacións contra a proposta de dragado do río Lérez

Queren evitar que eses áridos acaben na boca da ria de Arousa. Advirten das consecuencias que esta operación pode ter, porque o punto previsto para o vertido é onde se produce o afloramento da ría, co impacto que iso pode ter na produción. Alertan tamén da presenza de mercurio neses lodos. Piden ademais que se compense economicamente aos sectores afectados no tempo que duren estes traballos.

Fígado graxo, a doenza que sofre unha de cada tres persoas

Unha de cada tres persoas poden ter fígado graxo. Unha doanza que cada vez está máis presente a idades máis temperás, en boa medida pola mala alimentación. Ademais, a evolución da súa incidencia está aumentando de forma paralela á diabetes e á obesidade. Javier Crespo, un dos maiores expertos de España sobre enfermidades hepáticas estivo estes días por Pontevedra. Mantivo un encontro no Montecelo con profesionais sanitarios e ofreceu tamén unha charla aberta á veciñanza, que suscitou moito interese.

O programa da Deputación +Música levará un cento de concertos a 58 concellos pontevedreses

Xa está en marcha a terceira edición do +Música, o programa da Deputación de Pontevedra de apoio á programación musical nos concellos de menos de 50.000 habitantes. No seu marco desenvolverase case 100 concertos que, ademais, buscan impulsar a música feita en Galicia. Son 700.000 euros dirixidos a apoiar a programación musical, promover o sector galego e descentralizar a actividade cultural.

O ente estatal CASA 47 promoverá vivenda pública en Pontevedra

O Goberno do Estado promoverá a construción de vivenda pública en Pontevedra. Farao a través da nova Entidade Estatal de Vivenda e Solo, coñecida como CASA47. Pedro Blanco, que polo de momento non ofreceu detalles, confirmou esta previsión na visita que realizou hoxe ao barrio de Valdecorvos. Aquí comprobou o avance das obras dunha das promocións de vivenda pública que impulsa a Xunta co apoio de fondos do Estado.

Kid Mount, Chicharrón ou Portosanto son algúns dos artistas que actuarán no regreso do...

Pontevedra recupera o Galegote. Tras un ano de ausencia, o festival de música en galego volve aos locais da cidade. Será os días 24 e 25 de abril. Dende a organización destacan que a música en galego está nun momento doce, que permite traer ata Pontevedra artistas consagrados e emerxentes. Así, o cartel inclúe nomes como Eladio y los Seres Queridos, Kid Mount, Chicharrón ou Portosanto.

‘O ladrón de receitas’, a experiencia gastronómica con xogo e narración que acollerá o...

O ladrón de receitas é a innovadora experiencia gastronómica que acollerá o Gastroespazo de Pontevedra o vindeiro 11 de abril. O restaurante Icewolf da cidade trasladará a súa cociña ata o mercado para dar forma a unha proposta completa que combina gastronomía, narración e xogo. As inscricións abriranse mañá dende a web do concello.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete