O Teatro Principal de Pontevedra permanecerá pechado, como mínimo, ata despois do verán
Pontevedra estará sen Teatro Principal ata, como pronto, despois do verán. Tralo susto desta fin de semana provocado polo desprendemento do falso teito, que o goberno local atribúe a un defecto construtivo, o concello ten previsto retirar toda a escaiola para comprobar o seu estado e garantir a seguridade dos usuarios. Polo de momento, gran parte da actividade cultural que estaba programada trasladarase ao Pazo da Cultura.
A Deputación de Pontevedra reparte 100.000 euros entre 22 agrupacións de Protección Civil
A Deputación de Pontevedra entregou hoxe as primeiras axudas ás agrupacións de Protección Civil. En concreto, foron 22 as beneficiadas por esta nova liña de achegas posta en marcha polo goberno provincial. Dotada con 100.000 euros, repartiu subvencións comprendidas entre os 5.000 e os 2.000 euros para a compra de equipamento, ferramentas ou uniformes.
Os bombeiros volven reclamar no pleno de Pontevedra máis efectivos para o parque municipal
Os bombeiros de Pontevedra regresaron hoxe ao pleno municipal. Dende o salón da Casa Consistorial, os seus representantes volveron reclamar ao goberno local un incremento do cadro de persoal para evitar que as quendas queden por debaixo dos mínimos e non ter que facer horas extra de xeito obrigatorio. Foi o PP quen interpelou ao executivo local sobre as medidas a tomar para garantir a seguridade e a saúde dos bombeiros. Un dos momentos máis tensos da sesión plenaria.
Luis López nega motivos políticos trala denegación da axuda a Vilagarcía e defende o...
O presidente da Deputación de Pontevedra aconsella ao alcalde de Vilagarcía que asuma os seus fallos. É a resposta de Luis López á polémica aberta despois de que a institución provincial denegara á capital arousá unha achega no marco do Plan Extra. Alberto Varela considera que a decisión responde a interese electoral e anunciou que recorrerá ao Contencioso. López negou estas acusacións e defendeu o traballo dos técnicos da Deputación.
A Deputación organizada ata outubro sete citas con Mulleres de Palabra(s)
Dende marzo ata outubro a Deputación de Pontevedra desenvolverá a segunda entrega de Mulleres de Palabras. Unha programación que este ano contempla sete citas para conversar en distintos puntos da provincia sobre o peso das mulleres nas letras e na arte.
O BNG reclama á Xunta un ‘escudo social galego’ para mitigar o impacto da...
O BNG reclama á Xunta de Galicia que tome medidas para adiantarse ao impacto que a guerra en Oriente Medio pode ter na cidadanía galega. Dende Pontevedra, a voceira Ana Pontón esixiu a posta en marcha dun plan extraordinario de apoio económico e social, con iniciativas dirixidas tanto aos sectores produtivos como aos fogares. Axudas directas, un bono transporte, eliminar as peaxes ou liñas de crédito específicas son algunhas das propostas.
Mareantes organiza o San Patricio coa programación máis ambiciosa das súas catorce edicións
O Mareantes Rugby Club volve traer a Pontevedra o San Patricio. Dende a carpa instalada na praza do concello, a entidade aproveita o festivo do día 19 para desenvolver unha programación moi ambiciosa. A festa comezará o mércores 18 e prolongarase ata o domingo. Uns días nos que non faltarán a música, a maxia, a comida e, por suposto, a cervexa.
Os pacientes da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés agardan dous meses para...
Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés os doentes teñen que agardar 66 días de media para unha operación cirúrxica. É un dos datos que hoxe presentaron dende a xerencia sobre o balance da actividade asistencial. Durante o 2025, os casos graves chegaron a atenderse en menos de 20 días. Para as consultas con especialistas, a espera media foi de case 68 días. Todo, din, nun exercicio marcado polo impacto das folgas médicas.
Parar La Guerra convoca unha concentración en Pontevedra contra a guerra en Oriente Medio...
A Praza de España en Pontevedra acollerá este sábado 14 de marzo unha concentración contra a guerra en Oriente Medio. A convocatoria ten detrás á plataforma PararLaGuerra, que chama á cidadanía a mobilizarse para reclamar que cesen as hostilidades. Ademais, manteñen o foco na situación que se vive en Gaza, alertando da crise humanitaria que se vive no territorio. A concentración, que se replicará noutras cidades de España, será ás 12 do mediodía.
Pontevedra estrea na Xunqueira da Gándara unha iluminación LED máis respectuosa coa fauna
En Pontevedra, a Xunqueira da Gándara e a Illa do Covo estrean nova iluminación. A intervención aposta pola tecnoloxía LED que, ademais de conseguir aforro enerxético, mellora o respecto á fauna da contorna. Esta mellora está incluída nun contra máis amplo por un importe de case 200.000 euros.
















