A Xunta traballará coas confrarías para preparar os bancos marisqueiros antes de comezar a...
A dragaxe do Lérez encara por fin a fase final da súa tramitación. A intención da Xunta de Galicia é licitar este ano o proxecto para que os traballos poidan estar en marcha, como tarde, no 2027. Hoxe a conselleira do Mar mantivo un encontro en Pontevedra coas confrarías da ría pontevedresa para trasladarlles os detalles da actuación. As obras suporán un investimento de 11,9 millóns de euros.
A artista Maritza Berttolini reivindica o feito a man cun cartel bordado para o...
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra xa ten imaxe para este 2026. O cartel da edición deste ano, Que non pare a música!, foi presentado esta mañá no concello. En tempos da intelixencia artificial, a peza asinada pola artista Maritza Berttolini reivindica o traballo artesán: totalmente feito a man, aposta pola técnica do bordado.
O concello de Pontevedra pedirá permiso a ADIF para actuar e rematar coas inundacións...
Ampliar unha tubaxe podería ser a solución para evitar os asolagamentos na rúa do Santo, na parroquia pontevedresa de Lourizán. Este é un dos puntos que máis está a sufrir no concello coas intensas precipitacións das últimas semanas. Iso si, segundo explican dende o concello para poder levar adiante a obra é preciso contar coa autorización de ADIF.
Ana Pontón fala da creatividade e a innovación como as claves para as solucións...
Visita da voceira nacional do BNG a Pontevedra. Ana Pontón mantivo un encontro con representantes da formación na cidade e membros do goberno local para analizar a súa xestión marcada, dixo, pola creatividade e a innovación. Solucións, dixo, ‘made in Pontevedra’ que son ‘made in BNG’ e que fan da cidade unha referencia.
Un festival de cinema gastronómico e o Foro de Novos Talentos da Cociña Atlántica,...
O concello de Pontevedra ten lista a programación da nova tempada do Pontevedra Capital Gastro no Mercado de Abastos. Unha proposta variada, composta por diferentes microeventos que buscan converter o gastroespazo nun punto de encontro na cidade. Desenvolverase ata o mes de maio e inclúe novidades, como un festival de cinema gastronómico ou un foro de novos talentos da cociña atlántica.
A Ruta do Viño forma aos seus asociados nas aplicacións da intelixencia artificial no...
A Intelixencia Artificial é unha ferramenta que cada vez está máis presente nas nosas vidas. E o sector enoturístico das Rías Baixas non quere quedar á marxe. Tanto é así que dende a Ruta do Viño organizaron un curso dirixido aos seus asociados, para achegarlles as posibilidades que ofrece a IA á súa actividade. A primeira xornada estivo centrada no marketing.
‘Khora’, de Jose Luis Baños, gañadora do primeiro Premio Castelao de Textos Teatrais da...
Jose Luis Baños de Cos, coa súa obra 'Khora' é o gañador do primeiro Premio Castelao de Textos Teatrais que impulsa a Deputación de Pontevedra. O xurado, encabezado polo presidente provicial, escolleu por unanimidade esta obra entre as 43 candidatas, pola súa temática social e a axilidade na súa estrutura. Luis López aproveitou o anuncio para avanzar que haberá unha nova convocatoria para entregar neste ano 2026 o seu segundo Premio Castelao.
A Deputación entrega a Catoira e Pontecesures os estudos do seu potencial en enerxías...
A Deputación de Pontevedra dá por rematada a entrega dos informes da Oficina de Transformación Comunitaria aos concellos para implantar sistemas enerxéticos sustentables e eficientes. Hoxe reuníronse cos representantes dos once municipios que quedaban pendentes para explicarlles o potencial do programa +Renovables para a creación de comunidades enerxéticas. O goberno provincial está a mobilizar 750.000 euros nun proxecto que conta xa con sete comunidades enerxéticas constituídas en diferentes concellos.
O BNG volve contar co PSOE para aprobar uns orzamentos de 103 millóns para...
O BNG e o PSOE volverán ir da man en Pontevedra para aprobar os orzamentos municipais para o ano 2026. Son unhas contas récord, que superan os 103,7 millóns de euros e que hoxe foron presentadas polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o voceiro socialista, Iván Puentes. Ambos coincidiron á hora de destacar o bo entendemento entre as dúas formacións. A intención é aprobar as contas no pleno canto antes.
Estas son as incidencias que deixou a borrasca Joseph nas comarcas das Rías Baixas
A borrasca Joseph deixa a súa pegada nas Rías Baixas. O temporal das últimas horas foi especialmente virulento na comarca de Caldas. En Cuntis o río Gallo desbordou. Tamén rebordou o Umia ao seu paso por Caldas, inundando zonas como A Tafona. En Portas, os servizos de emerxencia tiveron que rescatar un condutor atrapado nunha pista anegada. No Salnés, co Umia tamén anegando zonas en Meis ou Ribadumia, a principal incidencia foron os cortes de luz en varios puntos, así como pequenos desprendementos. Mesma situación na comarca de Pontevedra, con danos de escasa consideración.

















