Pontevedra traballa para ter todo a punto para a gala dos Premios Feroz o...
Pontevedra traballa arreo para ter todo listo para a gala de entrega dos Premios Feroz. A cita celebrarase no Recinto Feiral o vindeiro 24 de xaneiro e asistirán máis dun milleiro de persoas. Aínda que as escenografía manterase en segredo ata o propio día, si sabemos que haberá cambios respecto da gala do ano pasado. Tamén que se aposta por unha cerimonia inmersiva e que contará coa actuación do coro da Xunqueira.
A Deputación estrea Impulsa Benestar, un programa de 1,1 millóns para as entidades de...
A Deputación de Pontevedra presentou hoxe un novo programa de apoio ás entidades de benestar social. Chámase Impulsa Benestar e conta cun orzamento de 1,1 millóns de euros. Son dúas liñas de apoio dirixidas a que estas asociacións adquiran vehículos ou fagan obras nos seus locais.
O PSOE aposta por implantar un grao en Lingua de Signos no campus de...
O PSOE de Pontevedra aposta por implantar un Grao Universitario en Lingua de Signos no campus pontevedrés da Universidade de Vigo. A formación explica que dende o 2014 esta titulación só se imparte nunha única universidade en toda España: a Rey Juan Carlos de Madrid. Para dar forza á súa reclamación, os socialistas levarana ao vindeiro pleno municipal en forma de moción.
Atención aos concellos, turismo internacional e reforzo da provincia do deporte, obxectivos da Deputación...
A atención aos concellos, o turismo internacional e o apoio á imaxe de Pontevedra como a provincia do deporte, son algúns dos obxectivos que se fixa a Deputación pontevedresa para o 2026. O presidente Luis López presentou esta mañá os obxectivos e retos do seu goberno cara este novo ano, entre os que figura superar as 1.400 actuacións na provincia. Avanzar na Vía Verde entre Soutomaior e Pontevedra e defender a transferencia e gratuidade da AP9, son outros dos retos de López para os vindeiros meses.
Carta da Plataforma do Centro de Saúde de Seixo e Marín: máis persoal e...
A Plataforma do Centro de Saúde de Seixo e Marín presentou hoxe a súa particular carta aos Reis Magos. Ante o Hospital Provincial, os veciños fixeron públicas as súas reclamacións á xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Entre outras cuestión, demandan a contratación de máis persoal médico para reducir as listaxes de agarda e melloras na sanidade pública.
2026: o escándalo das peaxes da AP-9 suma e segue
A Autoestrada do Atlántico volve encarecerse cunha suba nas súas tarifas de máis do 4,5%. Un dos treitos que sufriu un encarecemento maior é o que conecta O Salnés e Caldas con Pontevedra. Neste caso, entre a peaxe de Curro, en Barro, e a capital da provincia, aplicouse un aumento do 6,45 %, 10 céntimos máis, quedando nos 1,8 euros. Ademais, viaxar entre Pontevedra e Vigo custa agora 20 céntimos máis.
Pontevedra recibe o 2026 con actividades para a rapazada e a San Silvestre
Pontevedra conta as horas para darlle a benvida de forma oficial ao 2026. Con todo, a rapazada da cidade xa celebra o ano novo dende as 14:00 horas deste 31 de decembro grazas ás badaladas infantís que acolleu o Mercado de Abastos. A iniciativa, organizada polo Concello, forma parte da Festa de Fin de Ano Infantil que acolleu a Praza esta mañá.
Acordo entre ENCE e os sindicatos para despedir 35 traballadores de Pontevedra
A proposta inicial da empresa para a planta de Lourizán era o recorte de 39 postos de traballo. As extincións poderán executarse entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 31 de decembro de 2027. Segundo a dirección, prexubilacións e baixas incentivadas, sen descartar a posibilidade de algunha recolocación noutras factorías do grupo.
Os socialistas de Pontevedra reivindícanse como ‘oposición útil’, lonxe da ‘bronca permanente do PP’
Os socialistas de Pontevedra despediron hoxe o ano cun vermú no que aproveitaron para facer balance. Iván Puentes destacou que o PSOE está a facer na cidade unha oposición construtiva, lonxe das formas do PP e centrada en transformar o seu apoio en proxectos que solucionen os problemas da veciñanza.
2,7 millóns de euros dun quinto premio vendidos na administración da Michelena de Pontevedra
O municipio da nosa contorna onde de quedaron máis cartos foi en Pontevedra. En concreto, 2,7 millóns de euros grazas a un quinto premio vendido na administración de lotaría número 1 da cidade, situada na rúa Michelena. En concreto, vendéronse 45 series dese número. Boa parte deles foron parar para Moncho Logística de Refrigeración, empresa asentada no polígono de Barro.

















