Vegalsa-Eroski busca 60 traballadores para o seu novo supermercado do polígono do Vao

Vegalsa-Eroski busca traballadores para o novo supermercado que abrirá en novembro no polígono do Vao, en Pontevedra. Neste proceso, a empresa contou hoxe coa colaboración da Xunta de Galicia. A través do programa Xunta Conecta, a administración galega puxo en contacto o equipo de recursos humanos con persoas interesadas en cubrir ata 60 postos dispoñibles. Esta mañá as oficinas do Servizo Público de Emprego da cidade serviron de punto de encontro entre as dúas partes.

O destape do Gafos mantén a súa previsión de remate en xuño de 2027

Máis avances nas obras de destape do río Gafos, en Pontevedra. Actualmente os traballos céntranse na renovación dos colectores e a retirada do formigón en Campolongo, coa demolición do canal. Unha tarefa complicada que, polo de momento, cumpre os prazos previstos. O proxecto mantén a previsión de remate no mes de xuño de 2027.

‘Coidar sen renunciar’: a reclamación de Amencer polo Día Mundial da Parálise Cerebral

Hoxe, 6 de outubro, conmemórase o Día Mundial da Parálise Cerebral. En Pontevedra, a Casa da Luz acolleu un acto reivindicativo organizado por Amencer-ASPACE. Foi baixo o lema ‘Coidar sen renunciar’, poñendo o foco na importancia dos coidados e nos que os prestan, principalmente as familias.

Un novo informe ratifica que os áridos do río Lérez poden depositarse en alta...

Un novo informe encargado pola Xunta de Galicia ratifica que os áridos afectados pola futura dragaxe do Lérez son de categoría A. Isto quere dicir, segundo a conselleira do Mar, que son da máxima calidade e que poden depositarse en alta mar. Marta Villaverde explica que este documento atende ao último requirimento realizado polo MITECO e reclama ao Ministerio lealdade institucional e a máxima celeridade para que a dragaxe poida levarse a cabo o vindeiro 2027.

Pontevedra, chamada a mobilizarse o vindeiro luns polo dereito á vivenda

Pontevedra súmase ás mobilizacións que atravesan España polo dereito á vivenda. A cita está impulsada por un novo colectivo cidadán e celebrarse o vindeiro luns ás 8 da tarde na Praza da Peregrina. O obxectivo: reivindicar a vivenda como un dereito fundamental e non un negocio. A concentración pretende ser o primeiro paso dun movemento cidadán organizado na cidade.

O PSOE acusa á Xunta de discriminar a Pontevedra pola falta de investimento en...

O PSOE de Pontevedra reclama á Deputación que asuma a parte da Xunta de Galicia na renovación do terreo de xogo do estadio de Pasarón. Os socialistas acusan á administración autonómica de discriminar á cidade ao negarse a participar deste investimento, cando si o fixo no estadio da Malata, en Ferrol. A actuación está orzamentada en 1,7 millóns de euros, e o pleno pontevedrés aprobara financialo a tres bandas: concello, Deputación e Xunta.

A área sanitaria responsabiliza á folga de médicos e ao absentismo nas citas do...

Empeoran as listas de espera na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. A 30 de xuño, o tempo medio de agarda por unha cirurxía era de 90,7 días, un mes máis que no balance anterior. No caso das consultas con especialistas, a espera media está en 70 días. Dende a xerencia apuntan que son cifras que recordan aos niveis postpandemia e responsabilizan á folga de médicos contra o estatuto marco e ao absentismo nas citas.

A Deputación lanza unha exposición virtual da ‘Derradeira leición do mestre’

Máis de 26.000 persoas pasaron durante o verán polo Museo de Pontevedra para ver en directo ‘A derradeira leición do mestre’. De feito, tense convertido na exposición temporal máis vista da historia do museo. A obra cumio de Castelao, que representa o fusilamento de Alexandre Bóveda, regresa agora a Bos Aires.

‘O Noso Reto Solidario’, unha iniciativa de emprendemento para impulsar a economía social en...

Xa está en marcha a segunda edición da iniciativa ‘O noso reto solidario’, un proxecto que busca impulsar a economía social en Galicia. Este luns presentaron en Pontevedra os detalles deste programa que pretende potenciar a innovación, o emprendemento social e a colaboración no sector da economía social. Detrás desta iniciativa está Amicos, en alianza coa Fundación Botín e a Fundación Roberto Rivas.

Pontevedra traballará para acoller unha Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon por terceira...

Pontevedra esperta do seu soño do tríatlon. A cidade clausurou onte a Gran Final das Series Mundiais, a segunda que organiza e coa que, segundo a Federación Española deste deporte, volveu facer historia. Dende o concello non agochan o seu orgullo polo acadado e xa adiantan: haberá máis tríatlon en Pontevedra nos vindeiros anos.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete