Estes son os premios da Lotaría de Nadal que caeron nas Rías Baixas

A Illa de Arousa é un dos concellos máis afortunados na nosa contorna. Aquí caeu parte do terceiro premio e dous quintos. Un dos quintos tamén deixa cartos en Sanxenxo e Pontevedra.

Lores: ‘Estou vivindo un dos mellores mandatos da miña vida política’

O alcalde de Pontevedra destacou o traballo feito polo seu goberno dende as eleccións municipais de 2023, asegurando que daquela tomou nota do toque de atención que lle dera a veciñanza. O nacionalista defendeu o esforzo de xestión e priorización do traballo do seu equipo, como se demostran os "moitísimos" proxectos que están en marcha nestes momentos na cidade.

A nova tenda de Mango en Benito Corbal: 1.000 metros cadrados e máis de...

Hoxe en Pontevedra presentáronse os detalles do proxecto que a firma téxtil Mango ten para o centro da cidade. Será Mango Teen, dedicada á moda xuvenil, a liña da marca que desembarque na esquina de Benito Corbal con Daniel de la Sota. Unha macrotenda que se unirá á que Mango xa ten moi preto, localizada no edificio do Gran Garaxe, completando así un local de máis de mil metros cadrados. Os técnicos municipais estudan agora o proxecto. Segundo as estimacións da empresa, as obras prolongarase dous meses.

Nova aposta da Deputación pola cultura cunha Bienal de Artes Vivas que no 2026...

A Deputación de Pontevedra aposta por unha nova cita cultural para a provincia. Tralo éxito, din, da recuperada Bienal de Arte este 2025, a institución traballa na organización dunha nova proposta para este 2026: a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra. A programación desenvolverase en xullo de 2026, convertendo Santa Clara nun espazo de creación contemporánea.

A Deputación colaborará co concello de Pontevedra na organización da gala dos Feroz 2026

A Deputación de Pontevedra colaborará co concello na organización da gala dos Premios Feroz que a cidade acollerá en xaneiro do 2026. O organismo provincial achegará 300.000 euros para contribuír á organización deste evento que, segundo apuntaron dende as dúas administracións, transcende á cidade. Ademais, tanto o presidente Luis López como o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores aseguraron que confían en seguir realizando acordos deste tipo de cara futuras citas.

O Plan Social de Ence apoiará 240 proxectos na súa edición de 2025

O Plan Social de Ence apoiará 240 proxectos na súa edición de 2025. Os proxectos beneficiados abarcan diversas áreas de actuación. A promoción do deporte, tanto a nivel base como de elite, foi unha das categorías con maior número de solicitudes, sumando un total de 72 iniciativas seleccionadas. Séguenlle os proxectos dedicados á recuperación e coidado da contorna natural, con 56 proxectos aprobados, e as iniciativas orientadas á educación e cultura, con 49 propostas beneficiarias. Ademais, a inclusión social foi outro ámbito relevante, con 40 proxectos seleccionados, mentres que o emprendemento e innovación sumou 23 iniciativas apoiadas. Entre as entidades beneficiarias está a TV da Mancomunidade do Salnés S.L. Cunha achega do seu Plan Social, Ence apoia a realización do proxecto Ponte-Verde. No seu marco, realizaranse diferentes reportaxes sobre as actividades e o labor que desempeñan outras das entidades beneficiadas por este Plan Social, de xeito que se poidan dar a coñecer ao público xeral. A Comisión de Seguimento do Pacto Ambiental, conformada pola Xunta e a pasteira, foi a encargada de avaliar as candidaturas presentadas. Dende a súa posta en marcha, o Plan Social de Ence beneficiou preto de 1700 proxectos.

O Premio Otero Pedrayo recoñece o papel da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra como...

A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra xa é a flamante gañadora do Premio Otero Pedrayo. A cerimonia celebrouse esta mañá no salón de plenos do Pazo Provincial. O galardón recoñece á entidade como un referente da cultura en Galicia, destacando a súa traxectoria intimamente relacionada co Museo de Pontevedra.

A Deputación de Pontevedra escenifica o seu apoio aos colectivos veciñais na I Gala...

A Deputación de Pontevedra vestiuse onte de gala para poñer en valor o traballo dos colectivos veciñais da provincia. Máis de 700 persoas asistiron á cita, coa que o goberno queixo ilustrar o apoio a este tecido asociativo pontevedrés. A primeira Gala Provincia Comunitaria serviu tamén para facer balance dos resultados dos programas Máis Aqua, Máis Novaqua e Provincia Comunitaria.

A Xunta desbloquea a Variante de Alba, que non estará rematada polo menos ata...

A Xunta de Galicia desbloquea a Variante de Alba. A Conselleira de Infraestruturas presentou esta mañá en Pontevedra o novo proxecto para esta vía tan demandada, que unirá as estradas de Vilagarcía e de Santiago como alternativa á PO-225. Cun trazado moi semellante ao proposto no 2021, contará cun investimento duns 12 millóns de euros. Iso si, haberá que agardar alomenos ata o 2029 para que sexa unha realidade.

A Deputación capta 1,8 millóns de euros de Europa para impulsar cinco novos proxectos

A Deputación de Pontevedra consegue financiamento europeo para impulsar cinco novos proxectos na provincia. O organismo captou preto de 1,8 millóns de euros de Europa, que completará cunha achega de máis de 600.000 euros de fondos propios. Estas iniciativas, relacionadas coa eficiencia enerxética, o envellecemento activo, a protección dos castiñeiros e a promoción dos territorios transfronteirizos e do patrimonio marítimo, mobilizarán 10,6 millóns de euros.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete