A Deputación premia o talento da mocidade pontevedresa nos Premios Provinciais da Xuventude
A Deputación de Pontevedra recoñeceu onte o talento dunha corentena de mozos da provincia. Celebrou a gala de entrega dos Premios Provinciais da Xuventude, na que foi a súa novena edición. Os premiados foron escollidos entre máis dun cento de candidaturas, batendo novo récord de participación.
O PSOE esixirá á Deputación que complete todo o trazado da Vía Verde das...
O Partido Socialista esixe á Deputación de Pontevedra que complete todo o trazado da Vía Verde das Rías Baixas. Os socialistas advirten de que os plans do goberno provincial pasan por afrontar unicamente o treito entre Pontevedra e Arcade, deixando de lado os comprendidos entre Portas e Pontevedra e Arcade e Chapela. Actuacións que permitirían completar un percorrido de case 60 quilómetros entre O Salnés e Vigo. O PSOE pontevedrés levará esta cuestión ao vindeiro pleno municipal.
Máis gripe pero menos ingresos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Hai máis gripe pero menos ingresos. É o balance que fan dende a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés sobre a situación actual de reponte de infeccións respiratorias. Aínda que si que se detectou un pequeno incremento de pacientes tanto en urxencias como nas consultas, a área continúa no nivel 1 do Plan Inverno activado polo Sergas. Dende a Consellería de Sanidade fan un chamamento á cidadanía a vacinarse. De feito, o venres e o sábado realizarase unha convocatoria extraordinaria dirixida a nenos de 6 meses a 11 anos.
Cinco casos de éxito fan avanzar a Boa Vida no seu proxecto para afrontar...
Cinco experiencias de vivenda compartida e alugueiro ético funcionan con éxito en Pontevedra. Son as primeiras que se poñen en marcha baixo o paraugas da asociación Boa Vida. O obxectivo é afrontar dous problemas da sociedade actual: a soidade non desexada e a escaseza de vivenda. Este programa comezou polo rural pontevedrés. Agora o colectivo quere amplialo, levándoo tamén ao casco urbano.
Carla Simón recolle en Pontevedra o I Premio de Cinematografía do festival Novos Cinemas
A directora Carla Simón recolleu hoxe en Pontevedra o primeiro Premio de Cinematografía que concede o festival Novos Cinemas da cidade. Hai oito anos xa estivera nesta cita, presentando a súa opera prima, Estiu 1993. Deste xeito, a organización do festival recoñece o risco creativo e a coherencia ética e estética da realizadora catalá.
A carreira cara os Feroz comezou en Pontevedra con Manu Ríos e Milena Smit...
Os nomeados aos Premios Feroz 2026 anunciáronse esta mañá en Pontevedra. Os actores Manu Ríos e Milena Smit foron os encargados de ler as candidaturas de cada categoría dende o vestíbulo da Casa Consistorial. Los Domingos é o filme que acumula máis nomeamentos, ata 9. Sobre ás series, destacan os seis de Poquita fe e Superstar. A gala de entrega de premios celebrarase na cidade o vindeiro 24 de xaneiro.
Pontevedra prenderá o alumeado de Nadal o 5 de decembro como inicio dunha programación...
O Nadal arranca en Pontevedra o vindeiro 5 de decembro. É a data sinalada polo concello para o agardado prendido do alumeado. A partires dese momento, porase en marcha unha programación que o goberno local describe como elegante e divertida, con propostas descentralizadas e para todo tipo de públicos. Ademais, a maioría das actividades serán de balde.
Pontevedra suma ao seu recordo as catro pontevedresas vítimas da violencia machista deste 2025
O concello de Pontevedra conmemorou o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller ampliando a instalación artística que recorda ás vítimas. Hoxe instaláronse catro placas máis no conxunto situado no solo da rúa Rosalía de Castro, xusto diante da Audiencia Provincial de Pontevedra. Son pezas en memoria das catro vítimas que a violencia machista deixou na provincia neste 2025.
‘Os libros tamén arrolan’ os bebés ingresados en Neonatoloxía do Hospital Provincial
As nais e pais teñen un novo recurso á súa man para facer máis levadíos os ingresos dos seus bebés na área de Neonatoloxía do Hospital Provincial de Pontevedra. A área sanitaria e a Editorial Kalandraka veñen de poñer en marcha unha biblioteca de publicacións infantís. No marco da campaña ‘os libros tamén acunan’, as familias xa poden acceder a exemplares pensados para reforzar os vínculos e estimular aos seus bebés mentres están ingresados.
Unanimidade en Pontevedra para reclamar ao Goberno que abandone o proxecto da A57
Unanimidade no pleno de Pontevedra no rexeitamento da A57. Os tres partidos da corporación aprobaron de xeito conxunto unha moción do Partido Popular, emendada por PSOE e BNG, para instar ao Goberno do Estado a que non siga adiante coas dúas fases que aínda quedan do proxecto. Consideran que se trata dunha infraestrutura demasiado lesiva para o territorio que atravesa, como levan anos denunciando os veciños afectados.
















